de historia da literatura
"Na literatura galega existen escritores comprometidi?os"
O profesor Xes¨²s Alonso Montero v¨¦n de publicar Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia. Case a o mesmo tempo, sae do prelo outro volume da s¨²a man, Os escritores galegos ante a Guerra Civil Espa?ola. Con 78 anos de idade, a actividade intelectual de Alonso Montero non se resinte. Tampouco a pol¨ªtica. "O texto do mundo gobernado polo capitalismo ¨¦ un texto inicuo", sinala o vello comunista. De ret¨®rica cl¨¢sica, Xes¨²s Alonso Montero non evita ning¨²n asunto: "Quen prop¨®n escritores galegos ao premio N¨®bel, con boa vontade, pensa que un N¨®bel galego arranxar¨ªa o problema non da literatura, sen¨®n da lingua".
Pregunta. Segue a ser comunista?
Resposta. Milito no Partido Comunista. Reingresei o 1 de xaneiro do ano pasado con todas as formalidades. Pero nunca deixara de colaborar co PC ou con Esquerda Unida. Agora supo?o que calquera d¨ªa pode suceder a morte e non me gustar¨ªa morrer sen a formalidade de ter o carn¨¦ do PC. Cada vez creo m¨¢is no comunismo, porque estou convencido de que o capitalismo vai destru¨ªr o mundo. Hoxe estou m¨¢is convencido da necesidade do comunismo que cando ingresei nese partido nun tempo no que eu arriscaba, o Primeiro de maio de 1962. O d¨ªa en que me incineren haber¨¢ unha bandeira, a do PC, nin de Espa?a nin de Galicia, interpretarase A Internacional e lerase un texto en castel¨¢n de Cernuda, 1936, e un texto en galego, de Curros Enr¨ªquez, A Rosal¨ªa. Ser¨¢n as mi?as honras f¨²nebres. Pero cando sexa maior gustar¨ªame ser mellor profesor, mellor escritor, mellor erudito, mellor persoa, no fondo, mellor comunista.
"Hai que rescatar a aqueles escritores menores que fixeron algo por que te?amos seguridade social"
"Non me gustar¨ªa morrer sen a formalidade de ter o carn¨¦ do Partido Comunista"
"Se non muda o discurso intelectual, cultural e social, a lingua galega non sobrevivir¨¢"
"Po?er v¨ªtimas e verdugos ao mesmo nivel, que ¨¦? Facerlle unha estatua a quen matou a B¨®veda?"
P. Onde est¨¢ a memoria dos comunistas galegos?
R. Nalg¨²ns libros, desde nas memorias de Santiago ?lvarez at¨¦ nas memorias que te?en publicado ultimamente varios camaradas, entre eles Paco Val¨®n, Barros, Paco Filgueiras, a quen prologuei... O comunismo agarda algo de min, porque tampouco hai tantos profesores ou eruditos comunistas, e ten alg¨²n significado o feito de que eu prologue case todos os libros de memorias de comunistas que se publicaron nos ¨²ltimos anos. Tam¨¦n ten alg¨²n significado que cando morre alg¨²n comunista galego faga eu a necrol¨®xica.
P. Para que serve a memoria hist¨®rica?
R. Non me gusta a expresi¨®n memoria hist¨®rica. Porque toda memoria ¨¦ hist¨®rica. N¨®s non estamos aqu¨ª para falar dos celtas, que ser¨ªa memoria hist¨®rica, nin para falar do Irmandi?os, aos que te?o unha gran simpat¨ªa, nin para falar do Padre Sarmiento, que tam¨¦n. N¨®s vimos aqu¨ª falar do 36, da represi¨®n franquista e do exilio. A memoria hist¨®rica d¨¦bese ¨¢ verdade e ¨¢ dignidade. A verdade ¨¦ 'queremos saber cantos foron os represaliados, por que, onde, en que circunstancias' e, segundo, queremos devolverlles, xa que non a vida, a dignidade. Porque esa cousa que di N¨²?ez Feij¨®o, 'memoria hist¨®rica si, pero igual os dun bando ca os de outro' ¨¦ po?er ao mesmo nivel a v¨ªtima e o verdugo. ?moslle facer unha estatua a quen mandou fusilar a Alexandre B¨®veda?
P. A¨ªnda ¨¦ v¨¢lido o concepto de "compromiso" na literatura?
R. Algunha vez foi inv¨¢lido? A condici¨®n m¨¢is excelsa do ser humano ¨¦ a s¨²a condici¨®n civil, de cidad¨¢n. Ese cidad¨¢n ¨¦ un tipo l¨²cido e non debe tolerar que a cidade estea contaminada. Polo tanto, todo o que faga ese cidad¨¢n, dende xogar ¨¢ billarda ou ao f¨²tbol, ou escribir poemas, ten que ser desde as premisas dese cidad¨¢n. Quere isto dicir que ten que facer literatura panfletaria?, quere isto dicir que ten que ser un botafumeiro da esquerda? Non. Quere dicir que hai que pronunciarse, como o defensa do Barcelona, Oleguer. E son 'anacionalista', non como el. Pero, se Oleguer pensa que debe dicir esas cousas, por que non as vai dicir? A metade dos xogadores do Barcelona, cando entran no campo, pers¨ªgnanse. Est¨¢n facendo propaganda de Rajoy e de Rouco Varela. Se ningu¨¦n proh¨ªbe que se persignen, por que proh¨ªben falar a Oleguer?
P. Existen escritores comprometidos na literatura arestora?
R. O que existen son escritores comprometidi?os. E, tal e como est¨¢n as cousas, os escritores deber¨ªan comprometerse, con mai¨²sculas, contra o capitalismo. Iso ten que se notar na s¨²a actividade literaria e cidad¨¢. Despr¨¦ndese dalgunhas manifestaci¨®ns ou creaci¨®ns que eles te?en un determinado compromiso, nacionalista ou lixeiramente esquerdista. Porque se alg¨²n deses escritores di que est¨¢ nas coordinadas do PSOE ou nas do Bloque, esas coordinadas non implican necesariamente ser de esquerdas.
P. Hai quen di que a literatura galega atravesa unha Idade de Ouro...
R. Hai m¨¢is escritores ca nunca e publ¨ªcanse m¨¢is libros ca nunca. No 47 publicouse un libro de poemas, de Iglesias Alvari?o. No 55 public¨¢ronse outros dous libros aqu¨ª e catro en Buenos Aires, as¨ª que parece un milagre. Pero este milagre ¨¦ a democracia, a autonom¨ªa e o galego na escola. Este S¨¦culo de Ouro, se quitamos as subvenci¨®ns, o galego na escola, todo o que imos chamar, un pouco festivamente, industria t¨¦xtil, dicionarios, antolox¨ªas, gram¨¢ticas, libros de texto ou edici¨®ns anotadas dos autores do bacharelato, onde queda o S¨¦culo de Ouro?
P. Rescata figuras literarias que, ¨¢s veces, te?en un valor menor desde o punto de vista est¨¦tico. A que se debe este labor?
R. D¨¦bese a que non sei facer outra cousa. Non son enxe?eiro, nin f¨ªsico at¨®mico. Aparte dunha persoa ¨¢ que lle gustar¨ªa ser comunista, son un profesor de historia da literatura. Dunha literatura que case non ti?a escritores. Ti?a alg¨²ns cantos notorios, Rosal¨ªa, Curros, Castelao, Otero Pedrayo, outros menos notorios e a partir de a¨ª, poucos. E coido, e nisto son un pouco marxista, que os soldados da historia importan. ? dicir, aparece o gran capit¨¢n, pero hab¨ªa que investigar en que humus emerxe o gran capit¨¢n, Rosal¨ªa. Hai soldados da historia e como erudito non debo de desde?ar a ning¨²n. E os meus lectores ver¨¢n que, sexa cal sexa a entidade literaria deses autores que eu trato de resucitar, son autores que te?en unha dimensi¨®n c¨ªvica, social, ideol¨®xica ou moral. Porque creo m¨¢is na seguridade social ca no mito dos celtas ou no de Pardo de Cela. Aqueles que fixeron algo pola seguridade social e porque te?amos bos hospitais e boas escolas, eses son os importantes. Hai que rescatalos do silencio da historia.
P. Sobrevivir¨¢ o galego?
R. Se non se producen situaci¨®ns sociol¨®xicas distintas das que hoxe gobernan o discurso intelectual, cultural e social, non sobrevivir¨¢. Tampouco hai valent¨ªa para examinar onde est¨¢ o problema. No ano 68, M¨¦ndez Ferr¨ªn, nun discurso dos Xogos Florais de Buenos Aires, dixo que se non cambiaban radicalmente determinadas circunstancias o galego ti?a 25 anos de vida. E aquel era un galego sen escola, sen universidade, sen parlamento, sen televisi¨®n, sen radio, co que iso comporta de negativo para unha lingua que naquel momento non falaban as persoas de estatus urbano e universitario. Que pasa? Cal ¨¦ o idioma habitual da clase social que viste mellor, que ten mellores coches, que ten maior renda per c¨¢pita, que manda os fillos de vacaci¨®ns a Oxford? O castel¨¢n. ? certo que por primeira vez en Galicia hai un arquitecto e a s¨²a muller que agora est¨¢n falando en galego cos seus fillos mentres ven a televisi¨®n. Iso non se daba hai 40 anos. Pero son 200 familias en Galicia, grosso modo.
P. Rematou a Transici¨®n?
R. Empezou?
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.