Inmigrantes documentados
Chineses, marroqu¨ªs ou caboverdianos protagonizan alg¨²ns dos ¨²ltimos documentais feitos por novos realizadores galegos
"Meu av¨® ti?a case 90 anos e era a primeira vez que v¨ªa un chin¨¦s, isto provocou o punto de partida para reflexionar sobre os chineses en Galicia". As¨ª explica a xove directora de As Pontes Sabela Pernas como se lle ocurriu a idea da curta documental Mundo bazar, un traballo que indaga na integraci¨®n desta comunidade asi¨¢tica en Galicia, a trav¨¦s do punto de vista de Meng Yong Zhou, de nome comercial Chino Antonio, un simp¨¢tico empresario que pos¨²e en Lugo un xigantesco bazar de productos made in China.
Mundo bazar ¨¦ un dos ¨²ltimos documentais feitos en Galicia que afondan na integraci¨®n e convivencia dos inmigrantes, e que van desde a comunidade caboverdiana de Burela, vista polo m¨²sico Manolo Maseda, ata o conflicto que xurdiu na localidade pontevedresa de Vilaboa, trala solicitude da comunidade marroqu¨ª para construir unha mesquita.
Estes tres documentais est¨¢n centrados en inmigrantes de pa¨ªses que te?en unha longa relaci¨®n migratoria con Galicia. Segundo explica Sabela Pernas desde Roma, onde estudia comunicaci¨®n audiovisual, "Antonio ¨¦ dos primeiros chineses que chegaron aqu¨ª, hai uns 20 anos, e adem¨¢is co?ece moi ben Galicia porque antes era ambulante". Meng Yong, o Chino Antonio, naceu na provincia de Hangzhou, "unha rexi¨®n como a provincia de Lugo, de onde proceden un 80% dos chineses que chegan a Galicia", segundo el mesmo explica no documental. A trav¨¦s das opini¨®ns deste comerciante, que xa ¨¦ case un galego m¨¢is, vanse debullando as diferencias entre os espa?ois e os chineses: "Comparado con China, aqu¨ª trab¨¢llase pouco, pero onde mais noto a diferencia ¨¦ na lingua".
Caboverdianos
Menos problemas coa lingua te?en os caboverdianos que levan d¨¦cadas en Burela. No documental Cabo Verde, Sabi ( "espectacular" en lingua crioula), o que fora cantante dos Diplom¨¢ticos, Manolo Maseda, emprendeu coas caboverdianas do grupo Batuko Tabanka unha emotiva viaxe de regreso ¨® seu pa¨ªs, ¨® que moitas non volveran desde hai 30 anos, cando as s¨²as casas non ti?an nin auga corrente nin luz nin moito menos tel¨¦fono. "Crieime na Calle do Can, en Burela, o barrio onde viv¨ªan t¨®dolos caboverdianos, e iso marcoume", explica Maseda. "Levalas tocar a Cabo Verde era un so?o, e vela cara destas mulleres foi emocionante", relata o director. Xunto co autor do documental, a Cabo Verde tam¨¦n viaxou a cantante Ux¨ªa Senlle, e al¨ª gravaron varias actuaci¨®ns, que se publicar¨¢n cara o ver¨¢n nun disco titulado Djunta mao, no que tam¨¦n colaborar¨¢ Xos¨¦ Manuel Budi?o.
Este documental p¨²idose ver hai uns d¨ªas na TVG, onde tam¨¦n se emitir¨¢ Vilaboa, mirando ¨¢ Meca, unha pequena e pol¨¦mica peza documental que pretende "provocar unha reflexi¨®n sobre un problema de racismo moi grave", segundo explica o productor Santiago Pe¨®n. Este documental, dirixido por ?lvaro Gago, aborda o conflicto que xurdiu en Vilaboa, cando a comunidade marroqu¨ª solicitou ¨® concello permiso para construir unha mesquita.
Este concello pontevedr¨¦s de 5.000 habitantes acolle unha das comunidades marroqu¨ªs mais numerosas de Galicia, con arredor dunhas 200 persoas. A¨ªnda que o presidente desta comunidade, Mustaph¨¢ El-Aboubi, m¨®strase no documental bastante comedido e fala nun ton conciliador, a maior¨ªa das opini¨®ns dos veci?os son contundentes ¨® respecto: "Se non te?en papeis, que pintan por a¨ª? A que andan?", exclama indignado un veci?o, mentres outro a¨ªnda vai mais al¨¢ e afirma: "Non se van dar botado os mouros fora de Espa?a e vai ter que haber outra guerra". Semellan opini¨®ns doutra ¨¦poca, e con raz¨®n os autores deixan claro que non se responsabilizan das opini¨®ns verquidas: "Hab¨ªa cousas tan duras, que non as metemos porque nos ca¨ªa a cara de vergo?a", explica Pe¨®n.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.