N¨®s, os europe¨ªstas
Unha mostra lembra a vocaci¨®n continental da xeraci¨®n dourada da cultura galega
Estes da Xeraci¨®n N¨®s ¨¦ranche uns tipos ben espilidos. ?Como se puideron decatar da importancia que Europa ¨ªa ter para a vertebraci¨®n da nosa conciencia comunitaria nun ma?¨¢ que daquela lles ti?a que parecer moi distante? Intu¨ªr que as identidades colectivas precisan, para definirse, de marcar un territorio e unhas fronteiras non necesariamente xeogr¨¢ficas, e que na tensi¨®n entre o local e o global se ¨ªa dilucidar a galeguidade do s¨¦culo XXI, requer¨ªa dunha visi¨®n de futuro que ningunha xeraci¨®n intelectual ou pol¨ªtica volveu ter en Galicia. ?Quen era o que dic¨ªa que vivimos de rendas do labor de N¨®s? Non ¨ªa desencami?ado.
A definici¨®n espacial da galeguidade ten cada vez menos raz¨®n de ser nun presente no que todos estamos dispostos a aceptar a virtualidade como paradoxal modus vivendi, e no que Galicia est¨¢, cada vez m¨¢is, no mundo. Hai un ansia de descubrir a alteridade que medra paseni?o nas sociedades desenvoltas, quizais como estratexia de resistencia fronte ¨¢ esterilizante uniformizaci¨®n que o capitalismo nos imp¨®n. Esa vontade de descubr¨ªrmonos nunha diferenza que s¨® a existencia do outro garante pode servirlle de aliado inesperado ao proxecto europe¨ªsta, e viceversa: chantemos no mapa do continente o norai do galeguismo. Vela¨ª a encrucillada turca: Europa s¨® ser¨¢ plural, ou non ser¨¢.
Hai unha nova Galicia da di¨¢spora, artellada en redes de complicidades xuven¨ªs
Hai unha nova Galicia da di¨¢spora, artellada en redes de complicidades xuven¨ªs, en proxectos estudiant¨ªs, en amores pluriling¨¹es, en interminables peregrinaci¨®ns estivais no Interra¨ªl. Os programas universitarios de intercambio de estudantes Erasmus te?en estimulado m¨¢is o sentimento europe¨ªsta das novas xeraci¨®ns que refer¨¦ndums e discursos. E non falemos do labor que realizan os lectorados e centros de estudos galegos espallados polo continente adiante, de Polonia a Finlandia, de Italia a Escocia. Galicia est¨¢ xa no mapa da Universidade europea. ?Imaxinar¨ªao o vello don Ram¨®n nalg¨²n ser¨¢n invernizo, cando o vento ouvease na carballeira de Trasalba? ?Adivi?ar¨ªao Castelao cando lle puxo ao ramo ao Sempre en Galiza apostando por uns Estados Unidos de Europa como paso previo ¨¢ constituci¨®n da Uni¨®n Mundial? Dalg¨²n xeito, facendo realidade o so?o que eles so?aron para n¨®s, estamos a realizar unha acto de reparaci¨®n hist¨®rica. A s¨²a aposta x¨®gase de novo no taboleiro da Historia, e para record¨¢rnolo inagurouse este m¨¦rcores pasado, D¨ªa de Europa, a exposici¨®n Galicia, c¨¦lula de universalidade. Europa e a Xeraci¨®n N¨®s no Museo do Pobo Galego.
Sem¨¦llame que este ano 2007, cando se cumpren 50 da sinatura do Tratado de Roma, ¨¦ un intre ben oportuno para repensar Europa dende Galicia, pero tam¨¦n o contrario. Non esquezamos que todos os cami?os son de ida e volta, e que o que conduce a Santiago ¨¦ tam¨¦n o que nos comunica cunha Europa coa que mantemos unha relaci¨®n contradictoria. As enquisas revelan datos preocupantes e alentadores a un tempo. Dous de cada tres cidad¨¢ns pensan que estar na Uni¨®n Europea ¨¦ bo, pero son os menores de 18 e os maiores de 55 os m¨¢is esc¨¦pticos. O mesmo sucede cando se mide a disposici¨®n a reco?ec¨¦rense como cidad¨¢ns europeos: son os m¨¢is novos e os de m¨¢is idade os menos proclives a definirse como tales. E isto af¨ªrmase ao tempo que se reco?ece un maior apego aos espazos referenciais m¨¢is pr¨®ximos; ou sexa, a mocidade confesa sentirse identificada sobre todo coa s¨²a vila ou cidade, logo coa s¨²a comunidade aut¨®noma, despois co seu pa¨ªs e, finalmente, cunha Europa que semella estar moi afastada e ¨¢ que, de xeito aparentemente contradictorio, queremos pertencer reaf¨ªrm¨¢ndonos no que somos.
Esta dial¨¦ctica non debe ser vista como un atranco, sen¨®n como unha oportunidade de medr¨ªo. Europa xa xogou a carta da vertebraci¨®n piramidal, e perdeu a baza. Non lle queda outra que xogar a da estrutura en rede, e ver que pasa. Toca po?er en valor a alteridade e non faltan cami?os para que circule. De a¨ª o aca¨ªdo da exposici¨®n: no rexeitamento oteriano ao que don Ram¨®n percib¨ªa como un cosmopolitismo abstracto e uniformizador podemos hoxe atopar inspiraci¨®n para resistirnos ¨¢ voraz expansi¨®n dunha globalizaci¨®n falaz. Porque universalidade ¨¦ sin¨®nimo de pluralidade.
Cada vez m¨¢is distantes duns Estados-naci¨®n afortalados por valores capitalistas e militaristas e que os cidad¨¢ns percibimos como artificiais, as galegas e galegos podemos respostar dende unha paix¨®n identitaria que se lexitima na xenerosidade para con todas as demais. Quen fala de identidades exclu¨ªntes faino desde o narcisismo, sen reparar en canto de humildade hai na reivindicaci¨®n do propio. O verdadeiro desaf¨ªo desta democracia ¨¦ a vertebraci¨®n da pluralidade, tarefa nada doada cando boa parte da sociedade herdou da longa noite de pedra a convicci¨®n t¨¢cita de que a xerarqu¨ªa ¨¦ a estrutura natural de organizaci¨®n social.
Unha cruzada da imaxinaci¨®n
Al¨¢ por 1950 Ram¨®n Pi?eiro alentaba a Cunqueiro a emprender unha gran cruzada da imaxinaci¨®n que ser¨ªa "de moito proveito para a sa¨²de espiritual de Europa!". Imaxinaci¨®n ?Non ser¨¢ iso o que lle falta ¨¢ clase pol¨ªtica para pensar Europa? ?Ter¨¢ logo que po?ela a cidadan¨ªa? Hoxe venres 11 de maio cel¨¦brase en Trasalba, na casa de Otero, un acto de afirmaci¨®n e compromiso europe¨ªsta, ao que asistir¨¢ o presidente da Xunta de Galicia.
Benvida sexa a proxecci¨®n institucional que lexitima ese compromiso. Mais a mocidade galega agradecer¨¢ tam¨¦n que os poderes politicos despexen de atrancos os cami?os que levan a Europa para que poidamos percorrelos coa convicci¨®n de que o galeguismo do s¨¦culo XXI pode ser (tal e como Carballo Calero dixo do de Otero) un reintegracionismo en Europa.
As posibilidades son infinitas. ?Queren un exemplo? As axudas ofertadas este ano dende a Conseller¨ªa de Educaci¨®n para posibilitar que a pr¨¢ctica estival de idiomas no estranxeiro deixe de ser, dunha vez por todas, cousa de elites. Xa lles digo, s¨® ¨¦ cuesti¨®n de botarlle un chisco de imaxinaci¨®n (ben, e de presuposto).
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.