Como os arxentinos comezan a aprender o brasileiro
Viaxei por primeira vez ¨¢ Arxentina hai cousa de dez anos, co gallo dun encontro acad¨¦mico en que intervi?an socioling¨¹istas de diversas procedencias, pero fundamentalmente latinoamericanos, e alg¨²ns deles brasileiros. Un dos asuntos que suscitaba maior interese naquel congreso, e que pairaba nos relatorios, nos debates e nas conversas, era o do impacto que ir¨ªa ter Mercosur (un proxecto que suscitaba grandes expectativas entre os presentes) no ¨¢mbito ling¨¹¨ªstico. A maior¨ªa dos profesores americanos que asist¨ªan a aquel congreso agardaban que a comunidade econ¨®mica impulsada por Brasil, Uruguai e Arxentina servise como catalizador dun proceso de integraci¨®n similar ao da Uni¨®n Europea. Mercosur, instaurando unha din¨¢mica de colaboraci¨®n entre os estados e as sociedades de Suram¨¦rica, aparec¨ªa como marco ideal e instrumento eficaz para a tan arelada Uni¨®n Latinoamericana, que puxese fin ¨¢ dependencia de poderes externos, ¨¢ explotaci¨®n neocolonial e ao subdesenvolvemento.
Quo vadis Am¨¦rica? As linguas de Mercosur
Pero, vindo ao rego dos asuntos que nos ocupan nestas p¨¢xinas, os interrogantes verbo de Mercosur que se suscitaban naquel congreso de 1998 eran dun teor moi concreto: que efectos ter¨ªa este proxecto sobre os co?ecementos, usos e actitudes ling¨¹¨ªsticos dos cidad¨¢ns e cidad¨¢s dos pa¨ªses involucrados? Ou a¨ªnda: que orientaci¨®ns de pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica por parte dos gobernos envolvidos resultaban coherentes con tal proxecto? O consenso xeral era que o ingl¨¦s de ning¨²n xeito pod¨ªa constitu¨ªrse en lingua de comunicaci¨®n nos organismos de Mercosur (como, por certo, est¨¢ a acontecer na Uni¨®n Europea) nin nas relaci¨®ns entre os gobernos, empresas e cidad¨¢ns dos distintos pa¨ªses que o integraban. Parec¨ªa l¨®xico que as d¨²as linguas principais que hab¨ªa que promover no espazo Mercosur eran o casteyano (como sempre lle chaman os porte?os, que evitan coidadosamente o apelativo espa?ol) e o brasilero, denominaci¨®n preferida a portugu¨¦s, e pronunciada as¨ª polos propios brasileiros, e con eles tam¨¦n a maior¨ªa dos suramericanos. Tam¨¦n se falou do papel das linguas ind¨ªxenas, nomeadamente do guaran¨ª, cooficial en Paraguay pero tam¨¦n falada en Brasil e Arxentina, e m¨¢is doutras, as¨ª mesmo faladas por comunidades transfonteirizas (como ¨¦ o caso co?ecido do quechua e do aymara).
A cuesti¨®n dos idiomas amerindios ten un grande interese, pero o que nos atinxe arestora ten que ver co espa?ol-casteyano e o portugu¨¦s-brasileiro, chamados por raz¨®ns evidentes a ser os principais protagonistas do Mercosur. Acabamos de referirnos ¨¢ necesidade de promover estas linguas, isto ¨¦ fomentar o co?ecemento e uso de cada unha delas entre os falantes da outra. Isto implica, como comprobamos no propio congreso, tam¨¦n modificar actitudes fortemente arraizadas. Na realidade, a¨ªnda que cada un deses idiomas ¨¦ moi asequible para os falantes nativos do outro -comezando pola mutua comprensi¨®n, falada e escrita, e acabando no dominio produtivo- a maior parte dos castel¨¢n-falantes desco?ece o portugu¨¦s/ brasileiro, a maior¨ªa dos luso-parlantes ignora o castel¨¢n, e a xeneralidade duns e outros evita o menor esforzo por superar esa barreira. Fiando un pouco m¨¢is fino, na verdade a relaci¨®n ¨¦ disim¨¦trica, pois a indiferenza dos castel¨¢n-falantes cara ao portugu¨¦s ¨¦ moito m¨¢is acusada c¨¢ dos lus¨®fonos cara ao castel¨¢n. Por suposto, o que acabo de dicir ¨¦nos moi co?ecido aos peninsulares, pois o deleixo dos porte?os cara ao brasileiro ten o seu reflexo exacto no desinterese dos castel¨¢n-falantes cara ao portugu¨¦s, e a inversa ¨¦ m¨¢is ou menos equivalente
O galego como ponte
Tendo en conta o devandito, no congreso de Buenos Aires do 1998 produciuse unha situaci¨®n ben curiosa: practicamente o ¨²nico participante biling¨¹e, que debat¨ªa e conversaba nas d¨²as linguas en funci¨®n do idioma do interpelante ou do interlocutor, era quen escribe estas li?as. O que para un galego (especialmente un con certo co?ecemento do portugu¨¦s) resultaba unha actitude absolutamente normal, naquel contexto causou aut¨¦ntica sensaci¨®n. Os organizadores do evento, un grupo de profesores arxentinos que estaban sinceramente convencidos da necesidade de promover o biling¨¹ismo castel¨¢n/brasileiro no espazo de Mercosur, pero que nunca o practicaran (e coido que tampouco nunca tentaran), quedaban pampos ao comprobar, como se dixesemos, ao vivo e en directo, en que consist¨ªa a cousa. Para min, a experiencia tam¨¦n resultaba en certo senso in¨¦dita (a¨ªnda que despois tam¨¦n a viv¨ªn en encontros acad¨¦micos en Espa?a e Portugal), e unha demostraci¨®n apalpable daquela vella idea do galeguismo sobre o papel de Galicia como ponte de uni¨®n entre os ¨¢mbitos hispan¨®fono e lus¨®fono. O que resultaba un tanto estra?o (pero hab¨ªa un certo ar de xustiza po¨¦tica no feito) era experimentar isto en Buenos Aires.
O portugu¨¦s en Arxentina
Desde aquela mi?a primeira viaxe a Arxentina, tiven a oportunidade de regresar ao pa¨ªs en varias ocasi¨®ns, e na mi?a estad¨ªa m¨¢is recente (en curso cando escribo estas li?as), atopeime cunha novidade que non podo menos de cualificar como sorprendente. Xa no primeiro d¨ªa, ao revisar a carta do restaurante en que dispu?a a xantar, a mi?a vista caeu na frase "Lombo de peixe ao ferro": automaticamente, lin a frase en galego, e ¨ªa comentar o meu asombro aos comensais, cando me decatei de que o men¨² estaba todo el redactado en versi¨®n biling¨¹e, isto ¨¦, castel¨¢n e portugu¨¦s brasileiro (a dicir verdade, era triling¨¹e, pois estaba tam¨¦n en ingl¨¦s). Comentei o asunto cos meus acompa?antes, arxentinos de xinea galega, que me aseguraron que dun tempo para ac¨® estaba a rotularse e etiquetarse en portugu¨¦s unha manchea de cousas, desde produtos comerciais (que se sup¨®n que circulan no Mercosur) ata os folletos para os turistas. Nos d¨ªas seguintes, tanto nas tendas e restaurantes canto no hotel, comprobei que isto ¨¦ certo: no aseo do meu cuarto hai unha bolsi?a que reza: "Gorro de ba?o / Shower Cap / Touca para Banho".
Secomas¨ª, o que me causou aut¨¦ntica estupefacci¨®n foi escoitar os recepcionistas do hotel atender os clientes brasileiros nun rudimentar portugu¨¦s, pero bastante flu¨ªdo. Madia leva! Comentei todo isto cos meus colegas ling¨¹istas da Universidade de Buenos Aires e, efectivamente, confirm¨¢ronme que os fluxos de intercambio que facilitaba o Mercosur (econ¨®micos, pero tam¨¦n humanos), e especialmente o incremento do turismo brasileiro a Arxentina, estaban a operar o aparente miragre que ti?a diante dos meus ollos e o¨ªdos. Xa me fixen pasar por brasileiro nalg¨²ns locais (o que descubr¨ªn que era m¨¢is doado do que agardaba), e o experimento funcionou: en varias ocasi¨®ns respond¨¦ronme en brasileiro... Deime as¨ª o estra?o pracer de contemplar como un castel¨¢n-falante, no seu propio pa¨ªs, se esforzaba en acomodarse ao meu idioma, no canto de ter que facelo eu, como ¨¦ o habitual nos pagos peninsulares. Paga a pena a experiencia, a¨ªnda que un te?a para iso que cruzar o Atl¨¢ntico de norte a sur. Lembreime tam¨¦n das informaci¨®ns (mellor dito, propagandas) que adoito nos bombardean en Espa?a sobre a inminente conversi¨®n de Brasil ao castel¨¢n. Pois eu dir¨ªa que as cousas poden ir por outro cami?o.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.