'Curtocircuito' medra e faise m¨¢is internacional
A cuarta edici¨®n do festival de curtas estrea director e aposta polos novos talentos
Os procuradores de talentos cinematogr¨¢ficos te?en unha cita ineludible a vindeira semana en Santiago co inicio da cuarta edici¨®n do festival Curtocircuito, ao que se presentaron nesta edici¨®n preto de 2.700 curtas que equivalen ¨¢ metade da produci¨®n mundial nun ano. O certame cinematogr¨¢fico compostel¨¢n dar¨¢ nesta edici¨®n un salto cualitativo e cuantitativo cunha decidida aposta por internacionalizarse que comeza coa elecci¨®n do brit¨¢nico Tim Redford coma director e tam¨¦n se reflicte coa presenza de realizadores de 35 pa¨ªses entre as 137 curtas que foron seleccionadas para a secci¨®n oficial do festival.
Entre os pa¨ªses de procedencia dos finalistas destaca a participaci¨®n de 35 curtas francesas, 20 espa?olas (9 delas galegas), 15 brit¨¢nicas e 13 de Alema?a e do Reino Unido. A nota ex¨®tica po?erana curtas de pa¨ªses coma Burkina Faso, Corea do Sur, Sri Lanka, Australia, Kirgizist¨¢n ou Xap¨®n.
Redford destaca o labor desenvolvido pola equipa de Curtocircuito para realizar a selecci¨®n de fitas. "Foi un proceso moi complicado porque na secci¨®n oficial incl¨²ense un 5% das pel¨ªculas que se presentaron pero foron elixidas democraticamente por doce persoas", sinala Redford, quen cre que as curtas seleccionadas son "o mellor do mellor". O criterio fundamental para elixir as pel¨ªculas foi a s¨²a calidade pero tam¨¦n se tivo en conta un dos aspectos que distinguen a Curtocircuito: a innovaci¨®n. "Valoramos moito a capacidade de innovaci¨®n das curtas, tanto en aspectos t¨¦cnicos como de estrutura de gui¨®n", explica Redford.
O director brit¨¢nico estr¨¦ase na direcci¨®n de Curtocircuito despois de traballar durante sete anos nun dos festivais de curtas m¨¢is prestixiosos de Europa, o que se celebra na localidade francesa de Clermont-Ferrand. Entres as cousas que o levaron a aceptar a direcci¨®n do festival est¨¢n as posibilidades dun certame que xa ¨¦ co?ecido por curtametraxistas de diversos pa¨ªses e que conta con "moitos apoios" na cidade, tanto p¨²blicos coma privados. "Santiago ¨¦ unha cidade onde hai moita xente nova interesada polo cine e que conta cunha importante vida cultural. Polo tanto, Curtocircuito ten un gran potencial para seguir medrando", indica.
Redford apunta que o proceso de internacionalizaci¨®n "imparable" que est¨¢ a experimentar o festival non vai a impedir que ao mesmo tempo se apoie aos realizadores galegos. "O noso obxectivo ¨¦ que Compostela sexa percibida noutros pa¨ªses coma unha cidade aberta ao mercado internacional de xeito que se poidan descubrir neste festival non s¨® novos talentos galegos sen¨®n tam¨¦n doutras latitudes. Santiago pode chegar a converterse nunha capital do cine".
As proxecci¨®ns de Curtocircuito comezar¨¢n o vindeiro martes e prolongaranse at¨¦ o vindeiro d¨ªa 20. As proxecci¨®ns das curtas da secci¨®n oficial realizaranse en versi¨®n orixinal subtitulada no Teatro Principal. Haber¨¢ catro pases diarios con entrada gratuita. Na edici¨®n deste ano introd¨²cese coma novidade un premio ¨¢ mellor curta galega, que ter¨¢ unha dotaci¨®n de 1.500 euros. Os galard¨®ns con maior dotaci¨®n econ¨®mica seguen sendo os que se conceder¨¢n ¨¢s mellores curtas de ficci¨®n e animaci¨®n, que recibir¨¢n 3.600 euros cada un.
As posibilidades para ver curtas non se esgotan coa secci¨®n oficial xa que haber¨¢ proxecci¨®ns na sede da Fundaci¨®n Caixa Galicia, con ciclos de curtas de tem¨¢tica homosexual, aos v¨ªdeos musicais ou ¨¢ cinematograf¨ªa latinoamericana. As pantallas da cidade encheranse coas curtas do todo o mundo.
Unha cita para ver e mercar
Curtocircuito tam¨¦n ten un espazo reservado para facer negocios xa que o apartado comercial ¨¦ un dos piares fundamentais do sector audiovisual. A Fundaci¨®n Torrente Ballester acoller¨¢ entre o 18 e o 20 de outubro a segunda edici¨®n do Mercado Internacional de Curtametraxes, no que se presentar¨¢ un cat¨¢logo con preto de 2.900 curtas que estar¨¢n a disposici¨®n do cento de profesionais que est¨¢n acreditados para asistir a esta cita.
Redford considera "esencial" que o festival conte cun apartado m¨¢is centrado nas transacci¨®ns comerciais porque unha cita destas caracter¨ªsticas ¨¦ moi atractiva para os que rastrexan na procura de novos talentos do cine. "? moi bo que dentro de Curtocircuito te?amos un espazo no que poidan reunirse creadores e productores. O mercado ¨¦ unha parte inseparable do festival", apunta o director. A cita de Santiago ¨¦ a ¨²nica de Espa?a cun mercado audiovisual destas caracter¨ªsticas xunto co festival Cinema Jove que se celebra en Valencia. Grandes distribuidoras espa?olas coma Kimuak ou Freak presentar¨¢n en Santiago de Compostela os seus cat¨¢logos.
O festival compl¨¦tase cunha serie de obradoiros nos que os profesionais do sector audiovisual poder¨¢n atopar unha variada oferta formativa.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.