Piscifactor¨ªas, canteiras e taparrabos
En Noruega, un lugar como cabo Vilano ter¨ªa a protecci¨®n m¨¢xima. Ser¨ªa intoc¨¢bel. Un lugar sagrado. Talvez haber¨ªa al¨ª unha Escola da Beleza. Un espazo de arte onde foran buscar al¨ª os pintores a Luz do Oeste, como en Noruega Edvard Munch e os seus amigos do "c¨ªrculo bohemio" ¨ªan a Asgardstrand, no fiordo de Oslo, ¨¢ procura da Luz do Norte. Mais en cabo Vilano o que hoxe pintar¨ªa Munch non ser¨ªa o seu Melankoli sen¨®n unha variaci¨®n d'O berro.
O cabo Vilano era un Elsinor da natureza na Costa da Morte. Sempre o imaxinei como un espazo hamletiano, cun Hamlet que non morrera, a pasar a vellez no asilo dun faro, na s¨²a lighthouse, a casa luminosa, no alto dos cant¨ªs, alimentando un corvo mari?o con doncelas, o fermoso peixe que ten anos de macho e anos de femia, coas fermosas cores do arco iris na pel. Un Hamlet a pasear cara o Cemiterio dos Ingleses e a praia de Trece, sabedor xa de que o seu t¨ªo, o usurpador, era o seu verdadeiro pai, e o seu pai, un espectro t¨²zaro e cornudo.
Os postos de traballo "na nosa terra" non poden facer desaparecela
O caso ¨¦ que cabo Vilano era un gran espazo de fermosura e fabulaci¨®ns. Se a imaxinaci¨®n ¨¦ a escuma da memoria, Vilano de Galicia era un froito belo e dram¨¢tico da imaxinaci¨®n da natureza. Agora o que vemos al¨ª ¨¦ o escenario d' O berro. A ollada que se espanta, o rostro que se desqueixa, o corpo desgonzado, ante o estrago do lugar senlleiro. Cabo Vilano de Galicia ¨¦ agora un exemplo de violencia catastral e contaminaci¨®n da ollada. Primeiro, emprazouse xusto al¨ª un parque e¨®lico. Que punter¨ªa na colocaci¨®n dos chismes do vento! Eu estou moi a prol das enerx¨ªas alternativas, mais isto ten moito de enerx¨ªa e nada de alternativa: sempre apuntan ¨¢s mellores paraxes. Semella que en vez de libros de enxe?er¨ªa o que se consulta aqu¨ª ¨¦ El pasajero en Galicia de ?lvaro Cunqueiro. Onde di "marco incomparable", al¨ª vai dereiti?o o dedo indicador: "P¨®?ame a¨ª uns Chismes para modernizar a paisaxe".
Pois en Vilano puxeron uns Chismes de moito nabo. Antes un chisme era un chisme. Mais agora un chisme ¨¦ un Chisme. Medraron moito por mor da maquinaria pesada. Pero o peor a¨ªnda estaba por chegar. Aqu¨ª haiche moito bardallas patri¨®tico, pero logo venden Galicia e Espa?a a cachos. Por vender, venden at¨¦ a bandeira da que tanto laretan. O que chegou a Vilano foi unha desas granxas mari?as que ocupou grande parte da beiramar. No pa¨ªs dos Chismes, hai Chismes verticais e hainos horizontais. Os Chismes entoldados da piscifactor¨ªa, en cor verde podre, transformaron Vilano nun espazo psic¨®tico. Porque tam¨¦n a paisaxe padece. Tam¨¦n a terra berra. A s¨²a psique e a nosa est¨¢n moi conectadas. Xa Freud deixou claro que hai unha ¨ªntima conexi¨®n entre o malestar humano (o da cultura) e o malestar da terra.
Hab¨ªa moita esperanza en que o cambio pol¨ªtico operado en Galicia supuxera unha etapa curativa. Para a xente e para a natureza. Houbo sinais, s¨ªntomas positivos dunha nova pol¨ªtica. Mais atop¨¢monos de novo co poder dos Chismes. Disque ¨¦ un partido transversal este dos Chismes. Home, alg¨²ns Chismes haber¨¢ que po?er, pero non imos facer de Galicia o pa¨ªs dos Chismes. Chismes nos r¨ªos, Chismes nos montes, Chismes na beiramar. Viva o PCH, o Partido dos Chismes! Estes Chismes ademais son mutantes. Onde hoxe hai un Chisme entoldado, un campo de concentraci¨®n de rodaballos, vai ti saber o que hai ma?¨¢.
Galicia ¨¦ un lugar de m¨ªticas cidades afundidas polas augas. Agora estamos a vivir unha segunda etapa m¨¢xica. A desaparici¨®n de lugares m¨ªticos por mor da Invasi¨®n dos Chismes. Dir¨¢n os gu¨ªas tur¨ªsticos do futuro: "Aqu¨ª hab¨ªa lugares moi fermosos. Quilmas, Merexo, Corrubedo, Vilano... Mais perd¨¦molos cando a Idade do Chisme".
Hai xente moi fachendosa co plan de acuicultura porque dis que vai facer de Galicia o Primeiro Produtor Mundial de Peixes Planos en Catividade. ? unha satisfacci¨®n paradoxal: hai empresas que queren facer aqu¨ª o que non lles deixan, por exemplo, en Noruega. E a¨ªnda hai que darlle as grazas, ceder as terras e pagarlle subvenci¨®ns de agasallo, en vez de po?er as cousas claras coa lei de com¨²n: "O que queira rodaballo, ten que mollar o carallo!".
Tam¨¦n hai xente moi contenta porque somos o Primeiro Produtor de Lousas. Home, ¨¦ un xeito de velo. O que somos ¨¦ o Primeiro Exportador de Monta?as Rochosas. En Folgoso do Courel asistimos por en¨¦sima vez, coa compracencia e indolencia administrativa, a ese escandaloso espect¨¢culo de pol¨ªtica-lixo: utilizar os veci?os ou os traballadores como carne de can¨®n medi¨¢tica na defensa do indefend¨ªbel. A canteira da Campa ¨¦ unha vergo?a na Galicia e na Europa de hoxe. En Ancares e Courel perdeuse moito tempo. E agora hai poderosos intereses que se permiten aplicar o aforismo de Lec: "O desco?ecemento da lei non exime do seu cumprimento; o co?ecemento, si".
Non parece moi moral po?er a necesidade da xente como escudo. A xente que defende o seu traballo sempre ten raz¨®n, mais hai negocios que non son razon¨¢beis para o interese com¨²n.
Os postos de traballo "na nosa terra" non poden consistir en facer desaparecer a nosa terra. Isto si que ser¨ªa realismo m¨¢xico. Unha vantaxe futurista. Unha vez que desaparece a monta?a, pois xa non debate. Nin parque. Nin monta?a. Nin traballo. Nin nada. Pola parte de Valdeorras, hai territorios que desapareceron. Home, non ¨¦ que desaparecera a paisaxe. Creouse unha nova. Onde antes hab¨ªa monta?as agora hai cr¨¢teres inmensos. Non aparecen no mapa, pero iso a¨ªnda lle d¨¢ m¨¢is car¨¢cter. ? a Galicia que se foi. Monta?as que marcharon para non volver. Ti vas cara a monta?a para unha ascensi¨®n m¨ªstica e o que atopas ¨¦ a boca do inferno. E no inferno dis que hai moito traballo. Ve?a a fornear d¨ªa e noite. Hai que facer pa¨ªs, si, pero sen desfacer o pa¨ªs. ? admir¨¢bel o que costa desfacer un pa¨ªs. O traballi?o que d¨¢. Hai que visitar os cr¨¢teres de Galicia. Al¨ª descubriremos unha extraordinaria Monumentalidade do Baleiro. Espazos pre-arquitect¨®nicos dun maximalismo minimalista. Caspar David Friedich situou a Holderlin nun penedo por riba das nubes para pintar o romanticismo. Un emblema de hoxe ser¨ªa o solitario ser humano no epicentro dunha inmensa pedreira baleira na Galiza.
Vivimos tempos en que se fala de mill¨®ns como area. Hai unha manchea de instituci¨®ns e organismos que peneiran orzamentos. Non vai sendo hora de po?er en marcha un plan B para Galicia? Que falar de parque natural no Courel signifique falar de postos de traballo dignos. Que ningu¨¦n diga que lle van po?er taparrabos, ag¨¢s se quere desfilar na pasarela Noovo na feiticeira colecci¨®n A seduci¨®n tribal do potente dese?ador Jos¨¦ Castro.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.