O escritor e a s¨ªndrome do Padornelo
Se cadra, ti?a que abrir estas li?as disculp¨¢ndome por crer en algo tan obsoleto como a literatura galega pero xa ven, non s¨® creo, sen¨®n que a reivindico, e m¨¢is agora que parece que non se leva. Digo isto ao f¨ªo de diversas declaraci¨®ns publicadas nas ¨²ltimas semanas, nas que alg¨²ns dos nosos mellores escritores e escritoras aseveraban que tal cousa ¨¦ un espellismo, que eles fan a s¨²a obra e punto, coma o burro coas orelleiras, a mirar para diante. ?Qu¨¦ ¨¦ iso de mirar para atr¨¢s? ?A tradici¨®n? ?Qu¨¦ ¨¦ iso de matar ao pai ou a nai? Nada, nada, aqu¨ª non temos necesidade diso, abond¨¢monos so¨ª?os. Por iso se me fixo tan raro que o flamante ga?ador do Premio Nacional de Literatura Dram¨¢tica, Rub¨¦n Ruibal, se confesase disc¨ªpulo de Roberto Vidal Bola?o (corroborando o que as primeiras as cr¨ªticas dixeran de Limpeza de sangue, a obra ga?adora do Nacional). Menos mal, a cousa non ¨¦ tan grave como eu cr¨ªa.
Abrirse ao mundo editorial en castel¨¢n seica produce amnesia
? que ultimamente me parece ventar que alg¨²ns dos nosos escritores e escritoras amosan s¨ªntomas dun andazo que poderiamos denominar s¨ªndrome do Padornelo, que se contaxia nada m¨¢is sa¨ªr de Galicia. A tal s¨ªndrome produce unha inmediata amnesia, que adoita seguir o ritmo ao que o tal escritor se vai abrindo cami?o no mundo editorial do castel¨¢n (?e mesmo no europeo!), ¨¦ dicir, segundo vai conseguindo ser traducido, entrevistado na SER ou paseado/a polo circuito de conferencias, presentaci¨®ns, etc¨¦tera do noso Estado das autonom¨ªas. A partir de a¨ª, dalles por explicarnos que as persoas escriben soas, ao seu aire, e que iso do sistema literario ¨¦ un invento dos profesores e dos cr¨ªticos para perpetu¨¢rense a si mesmos. Talmente como se e existencia da literatura galega dependese da vontade dos cr¨ªticos ... ou dos escritores.
Por sorte para os lectores, a literatura galega existe malgr¨¦ tout, queiran eles ou non formar parte dela. En canto ao de perpetuarnos... ?quen nos dera! Os cr¨ªticos pouco m¨¢is podemos facer que po?er de manifesto que, cando Rub¨¦n Ruibal escrib¨ªa Limpeza de sangue, transitaba por un cami?o que xa rozara un dramaturgo galego que se chamaba Vidal Bola?o, e que xustamente por iso a pegada de Rub¨¦n se fai m¨¢is firme. Noutros casos tam¨¦n servimos para avisar de que o rei vai espido, pero para pouco m¨¢is. Algo as¨ª como para organizar un chisco o tr¨¢fico literario. E ben sabemos que os escritores son xente que se resiste a transitar polos vieiros da ortodoxia (sen¨®n non ser¨ªan escritores) pero en fin, o com¨²n dos mortais ¨¢s veces agradecen unha certa orientaci¨®n.
Disculpen tam¨¦n por falar dos nosos escritores e escritoras. Se cadra, a¨ªnda me po?en unha demanda por apropiaci¨®n indebida. Digo o de nosos porque algunhas persoas pensabamos que ler nunha lingua que nos fornece dunha ampla gama de opci¨®ns est¨¦ticas, tanto dende unha perspectiva sincr¨®nica coma diacr¨®nica, era ter unha literatura de n¨®s; a galega, po?amos por caso ?Que simpleza! Seica agora hai tantas literaturas coma escritores, porque o que temos en circulaci¨®n son textos, textos de fulano ou mengana. E punto.
Pero mentras a realidade teima en amosar que temos unha literatura de n¨®s, que loita por facerse visible para ga?ar lectores, que ¨¦ posible que a s¨²a existencia explique -por exemplo- que as cifras de obras galegas traducidas a outras linguas aumenten de xeito rechamante, resulta que os escritores se nos desmarcan e iso, esa conquista que tantos esforzos individuais e colectivos, an¨®nimos e p¨²blicos, costou, conv¨¦rtese en nada: nunha teima de catro cr¨ªticos que nos queremos perpetuar. Seica a tal s¨ªndrome leva asociada outra patolox¨ªa, que ¨¦ a da cegueira, e alg¨²ns non se decatan de que se conseguiron ser vistos como escritores f¨®ra do ¨¢mbito da nosa cultura ¨¦ porque antes un editor reparou neles como parte dun colectivo, o dos creadores galegos.
Outro dos s¨ªntomas deste andazo ¨¦ unha s¨²peta alerxia ¨¢ instituci¨®n, ao canon e ¨¢s industrias culturais, iso si, perfectamente compatible cos loureiros literarios. Porque os contaxiados non deixan de presentarse a premios, ou de aceptar aqueles que se lles outorgan sen que se presenten. E iso ¨¦, como m¨ªnimo, unha incoherencia. Se o ¨²nico que merece a instituci¨®n literaria ¨¦ unha patada ?Por que non comezar d¨¢ndolla nos premios? ?Por que non rexeitalos? ?Por que seguir present¨¢ndose a eles? E a¨ª non valen excusas, p¨®dese ser todo o radical que se queira: non vale dicir que se queren doar os cartos a unha ONG, como non vale que Jonathan Littell asevere que "fixo todo o posible para que non lle deran o Goncourt". Facer far¨ªas, meu rei, pero ben que o empetaches. Chegados a este punto, se cadra non est¨¢ de m¨¢is lembrar que varios dos escritores galegos m¨¢is consagrados non adoitan presentarse a premios, sen¨®n que se limitan a aceptar cortesmente agradecidos os que se lle conceden sen concorrer previamente. Pero par¨¦ceme un paradoxo que a mi¨²do sexan autores e autoras que constr¨²en as s¨²as carreiras sumando galard¨®ns aqueles que m¨¢is deostan a devandita instituci¨®n, que xusto ten nos premios un dos seus mecanismos de canonizaci¨®n m¨¢is activos.
Xa lles digo, menos mal que a¨ªnda nos queda Rub¨¦n Ruibal para lembrarnos que a nosa literatura non naceu onte. Esperemos que, con iso de triunfar en Madrid, non se lle contaxie a s¨ªndrome do Padornelo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.