Ser 'gallego', che
"Una cosa es ser gallego y otra que te lo digan". Estamos en 1888, en Bos Aires, e isto ¨¦ o que responden uns galegos a Emilio Daireaux, cando este xornalista e escritor intenta co?ecer o grao de identificaci¨®n dos emigrantes co seu xentilicio. Naquel tempo, o termo gallego, como o de napolitano, ti?a connotaci¨®ns negativas para unha parte da sociedade receptora. Como en moitos outros destinos, era sin¨®nimo de bruto ou ignorante. Moitas veces, o gallego sufr¨ªa o agravio ¨¢ par que os rusos, que era como se nomeaba os xudeus.
Pois si. "Una cosa es ser gallego y otra que te lo digan". G¨²stame ese xeito de manobrar os paisanos emigrantes no eido brutal, ese si, dos prexu¨ªzos. O desprezo ao emigrante ¨¦ un xeito de racismo, por moito que se disfrace de chiste. En calquera lugar e en calquera tempo. Este elixir un mesmo o intre de ser gallego, e non cando os outros queren, par¨¦ceme unha operaci¨®n de intelixencia. Xa un ti?a dabondo con librarse dos reverend¨ªsimos cabr¨®ns que ti?an Galicia dominada, con traballar arreo para subir a costa - "O galego reco?¨¦cese no andar", dime un amigo arxentino, "porque vai sempre como se subise unha costa"- , e a¨ªnda por riba hab¨ªa que loitar contra os chistes dalg¨²n reverend¨ªsimo boludo como se foses o Indio Su¨¢rez no Luna Park.
A da curiosa resposta a Emilio Daireaux ¨¦ unha informaci¨®n que apa?o nun estudo de N¨²?ez Seixas, incluido no libro Buenos Aires gallega, un volume xa imprescind¨ªbel para a historia da emigraci¨®n, compilado polo mozo investigador galaico-porte?o Ruy Far¨ªas. Hai outro libro gozoso, Los gallegos y Buenos Aires, de Antonio L¨®pez-Prado, o bravo e fino doutor que correu a Muleiro, o ¨²ltimo fabricante dun best seller de chistes de gallegos. A¨ª apa?o outra referencia hist¨®rica de moito nabo verbo da emigraci¨®n. O que dic¨ªa Campomanes: "?Cu¨¢les son m¨¢s perjudiciales a la causa general de la Naci¨®n, los mendigos que en las ciudades y en las villas grandes de Castilla viven a expensas del p¨²blico holgando, aunque puedan trabajar, o los gallegos, que por no andar de mendigos en su pa¨ªs, salen a trabajar en el ajeno?". O gallego molestaba sempre, che, ag¨¢s nos chistes. Como xa dic¨ªa o padre Sarmiento: "Si salen, malo; si vuelven, peor".
A monumental obra de Far¨ªas v¨¦n de ser editada pola Comisi¨®n para a Preservaci¨®n do Patrimonio Hist¨®rico Cultural da Cidade de Bos Aires, dato non menor, pois significa un compromiso do goberno da capital federal. A presentaci¨®n da obra, no moi hist¨®rico predio da Manzana de las Luces, foi un aut¨¦ntico acontecemento nunha cidade de intensa (e inmensa) actividade cultural. As¨ª que algo de fondo significa esta obra e m¨¢is o interese que espertou. Unha viraxe, que ¨¦ tam¨¦n unha redescuberta, na imaxe do gallego e de Galicia. E o que ¨¦ m¨¢is importante de cara ao futuro: esa "ollada f¨¦rtil" que est¨¢ a medrar en Arxentina e, en xeral, en Am¨¦rica Latina, ¨¦ un froito do galeguismo da di¨¢spora, de xente de diferentes xeraci¨®ns que te?en en com¨²n o levar o "pa¨ªs port¨¢til" na cabeza.
Bos Aires pode consolidarse como un espazo da Galicia transnacional. Un espazo non entendido como gueto sen¨®n como enxerto creativo, onde a emigraci¨®n tradicional est¨¢ a abrollar nunha experiencia de fusi¨®n, ao xeito da canci¨®n popular que di "dos puntas tiene el camino / y en las dos alguien me aguarda". Hai moitos exemplos luminosos no universo galaico-porte?o. Vela¨ª van uns cantos. O colectivo Herbas de Prata, nome que remite a un dos poemas galegos de Garc¨ªa Lorca, talvez o primeiro grupo feminista da di¨¢spora galega, concibido como lugar de encontro de mulleres de diferentes xeraci¨®ns. Herbas de Prata convoca un xa c¨¦lebre faladoiro literario e cultural no m¨ªtico caf¨¦ Tortoni, mais as s¨²as actividades van moito m¨¢is al¨¢. Ten unha clara vontade de intervenci¨®n social e un obxectivo que reflicte este esp¨ªrito novidoso da muller rebelde fronte o estigma da submisi¨®n emigrante: "Tecer unha rede internacional de mulleres galegas". Unha das iniciativas m¨¢is novidosas son os obradoiros da memoria e da autoestima, onde persoas que sofren a soidade ou a depresi¨®n poidan encontrar escoita e outras voces coas que tecer un relato solidario. Herbas de Prata tam¨¦n homenaxeou este ano a Dionisia L¨®pez Amado, unhas das Nais da Praza de Maio, no D¨ªa Internacional da Muller.
Castelao deber¨ªa xacer no exilio
Outra mostra diferente da transformaci¨®n na di¨¢spora ¨¦ a consolidaci¨®n como espazo educativo do colexio Santiago Ap¨®stolo, vinculado ao Centro Galicia. No Santiago Ap¨®stolo, cun excelente corpo docente, estudan 483 nenas e nenos, dende os tres anos de idade e de orixe moi diversa, mais unha das cousas que te?en en com¨²n, e puidemos comprobalo nun viv¨ªsimo coloquio, ¨¦ a s¨²a magn¨ªfica formaci¨®n en lingua galega, ademais do castel¨¢n e ingl¨¦s. Unha intenci¨®n do centro ¨¦ ser o xermolo da mellor Biblioteca Galega de Arxentina, de acordo cun ideal de Castelao: "Crear unha Biblioteca Galega que calquera arxentino te?a interese en consultar".
Hai un corredor secreto no centro escolar que leva ao lugar onde se custodia o lenzo m¨¢is estarrecente da arte galega, ese noso Gernika, ese noso Fusilamentos do 2 de maio, que ¨¦ A derradeira lecci¨®n do mestre de Castelao. En Galicia co?¨¦cese o gravado, mais nunca se puido ver ese cadro en ¨®leo, de grande formato, que durante un tempo permaneceu tam¨¦n desaparecido para a comunidade galega de Bos Aires. Mais a¨ª est¨¢ agora, nun lugar de honra. Eu non son devoto do Castelao pintor, pero esta pintura universal ¨¦ das que fai tremar o chan no que pousas cando a miras, ve?as de onde ve?as. Alg¨²n d¨ªa ter¨¢ de viaxar a Galicia. E volver, claro. Non pase o que pasou con Castelao. C¨®mpre ser autocr¨ªtico. Foi un tremendo erro aquela operaci¨®n macabra de sacar os restos de Castelao do camposanto da Chacarita e transportalos a Galicia e non precisamente por unha Santa Compa?a. O autor de Sempre en Galiza morreu no exilio e a¨ª deber¨ªa xacer polos s¨¦culos dos s¨¦culos. Esa tam¨¦n ser¨ªa unha derradeira lecci¨®n do mestre.
Osvaldo Bayer, autor d' A Patagonia rebelde e outras obras fundamentais da historia de Arxentina e Am¨¦rica Latina, marchou ao exilio en 1976. ?a protexido por un diplom¨¢tico alem¨¢n. No aeroporto de Ezeiza, un brigadier d¨ªxolle: "Usted jam¨¢s volver¨¢ a pisar el suelo de la Patria". O brigadier foise ao inferno e Osvaldo Bayer, que ten agora 80 anos, volveu, mais volveu para vivir e denunciar os secuestradores da patria. O historiador c¨®ntanos cun sorriso o que lle ocorreu hai pouco cando quixo provocar a un galaico-porte?o do Ferrol: "Vos sos de la ciudad donde naci¨® Franco". E o galaico porte?o respondeu: "No. Soy de la ciudad donde naci¨® el gallego Soto!".
Sab¨ªa o que dic¨ªa: Bayer ¨¦ o historiador, o des-ocultador, das grandes folgas dos obreiros dos frigor¨ªficos e dos xornaleiros da Patagonia nos anos 1921 e 1922 que foron masacrados polo ex¨¦rcito. O principal dirixente daquel movemento libertador, historiado por Bayer, fora o gallego Soto. Agora existe un Centro de Estudos Galego-Arxentino Antonio Soto, con sede na Federaci¨®n de Sociedades Galegas, co xa m¨ªtico enderezo Chacabuco 955. Esa ¨¦ tam¨¦n a sede do Museo da Emigraci¨®n e axi?a ser¨¢ da Sala da Memoria Republicana para a que comprometeu o seu apoio o ministro de Cultura, C¨¦sar Antonio Molina. ? tam¨¦n na Federaci¨®n onde se tomou un acordo ben valente: o de presentarse como acusaci¨®n particular contra o Primeiro Corpo do Ex¨¦rcito pola desaparici¨®n durante a ditadura de 21 descendentes da comunidade galega. A querela foi admitida e estase a investigar en diferentes campos de exterminio. O Goberno galego deber¨ªa apoiar esta iniciativa contra crimes de lesa humanidade, en que as v¨ªtimas son fillos e fillas de Galicia.
"Una cosa es ser gallego y otra que te lo digan". Vela¨ª temos os gallegos dicindo que son gallegos. E de qu¨¦ maneira, che. Quen di que esta xente non debe votar nos tempos da Galicia transnacional? Ser ser¨¢ porque os gallegos son m¨¢is galegos ca n¨®s.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.