"O que me molesta da cultura galega ¨¦ a paranoia"
Cardume pasou algunhas recensi¨®ns como novela de Guerra Civil. ?o dun xeito particular. No rescate da memoria familiar, partilla idea c'Os fillos dos fillos, de Xos¨¦ Manuel Sarille. Mais aqu¨ª os tres personaxes que entrecruzan a historia, que narra a neta, son un falanxista, un futuro residente en Newark -o gran personaxe da novela- e un escritor "de ultim¨ªsima fila", Urbano Rodr¨ªguez Moledo, dramaturgo filosocialista vencellado ¨¢s Irmandades e primo dunha avoa s¨²a.
A autora, especialista en Cunqueiro, xa era co?ecida no ¨¢mbito da traduci¨®n e da cr¨ªtica literaria. De Barcelona, onde foi alumna de Claudio Guill¨¦n, chegou hai cinco anos. De volta na Ramallosa decidiu asumir as "contas pendentes". Tivo fillos e concibiu unha novela viguesa "coa educaci¨®n sentimental da nena criada polos av¨®s".
"En Espa?a deber¨ªa haber un subx¨¦nero espec¨ªfico Guerra Civil"
"Xogar a carta da poes¨ªa e da muller xustifica os esencialismos"
"Arestora ¨¦ unha burrada terlle que explicar Risco aos rapaces"
Pregunta. "Pensaba que o desexo de ser escritora ¨ªa apodrecer dentro de min", dixo na festa do Xerais. Non est¨¢ a xente afeita a tanta sinceridade.
Resposta. Ao que non estou afeita ¨¦ a ser suxeito da noticia. Non sei qu¨¦ custo ten dicir a verdade cando unha ¨¦ autora, pero inter¨¦same dicir as cousas como as penso. Non te?o idade para impostar personaxes [ri].
P. Como atopou o manuscrito de Urbano Rodr¨ªguez Moledo?
R. Foi casual, a novela case estaba rematada cando o atopei. Investiguei nas bibliotecas e nos arquivos familiares, pero nunca imaxinei que atopar¨ªa no Arquivo Militar de Ferrol o expediente onde figura traxedia manuscrita como proba inculpatoria. A Urbano acus¨¢rano de liderar a resistencia no barrio de Lavadores.
P. De que xeito repartiu ficci¨®n e memoria familiar?
R. Hai feitos hist¨®ricos que manipulei para que quedase mellor a historia. No libro imaxino que Urbano estaba pendente de estrear o seu drama costumista o 18 de xullo do 36, no Teatro Garc¨ªa Barb¨®n, e despois atopei que efectivamente foi as¨ª... A escena homosexual xa estaba inventada cando achei cartas que verificaban a orientaci¨®n do falanxista. Quixen recrear a memoria familiar sen literaturizala. Ti?a a sensaci¨®n de que esa historia precisaba ser contada de xeito coral, sen un personaxe concreto, como a atmosfera daquel tempo pasado, coa prensa da ¨¦poca escribindo decote aquilo de Vigo british.
P. Recoller a memoria familiar de xeito expreso non ¨¦ un recurso com¨²n no tratamento novel¨ªstico da guerra en Galiza.
R. Eu creo que se houbese que falar de x¨¦nero, haber¨ªa que falar do espazo h¨ªbrido da escritura da memoria. Ch¨¢mame a atenci¨®n, na acollida da novela, a tradici¨®n da Guerra Civil como elemento de distorsi¨®n, esa idea de que ese tema est¨¢ moi visto. E estar¨ªa moi visto se fixeramos literatura memorial¨ªstica. Para min Home sen nome
[a novela de Suso de Toro] ninguneouse polo tema da Guerra Civil, sendo unha variaci¨®n de cerne moral in¨¦dita sobre o tema do verdugo. No meu caso a guerra est¨¢ a¨ª para ver de que maneira elaboramos a nosa memoria, que tampouco est¨¢ tratada.
P. Tampouco ¨¦ que Espa?a reborde de ensaios transversais ao respecto, descontando os relatos de Aub ou Ayala.
R. En Espa?a deber¨ªa haber un subx¨¦nero espec¨ªfico Guerra Civil. Se fosemos franceses estariamos asulagados de reflexi¨®ns sobre o tema. Por que seguen sa¨ªndo tantos t¨ªtulos? Os autores non somos tan c¨ªnicos para escribir porque ¨¦ o momento. En realidade ¨¦ un proceso de decantaci¨®n, hai unha xeraci¨®n que necesita dicirse iso. Littell ga?ou o Goncourt falando da II Guerra Mundial. Aqu¨ª a¨ªnda vivimos na anorexia desde o punto de vista filos¨®fico ou da psicolox¨ªa de masas.
P. Sae a CNT pero non se esmaga xente en Lavadores, e ningu¨¦n encarna as facci¨®ns de Risco e Pe?a Novo. Quixo fuxir dos arquetipos?
R. A min inter¨¦same a an¨¢lise da condici¨®n humana. M¨¢is c¨¢s grandes ideas, quero saber como viven as grandes ideas os personaxes marxinais do discurso hist¨®rico. As coseduras despuntan nas situaci¨®ns l¨ªmite, e penso que ese af¨¢n tan humano de transcender unhas biograf¨ªas escuras tam¨¦n ¨¦ algo visible na novela.
P. Cre realmente que a s¨²a ¨¦ a ¨²ltima xeraci¨®n que se ocupar¨¢ da guerra antes de que empecen a sa¨ªr novelas hist¨®ricas?
R. Non o sei. Cando estea todo dito, poderemos asumilo. Hai que arquivalo todo e facer unha lexislaci¨®n cabal, non un compango como a Lei de Memoria Hist¨®rica. Sempre que se produce unha gran infamia, neces¨ªtase saber por que se produciu. Que tanta dor fose para nada vai contra a xustiza po¨¦tica. Perec, con toda a familia asasinada polos nazis, ideou a s¨²a obra como restituci¨®n e desquite ante a Historia. Ese ¨¦ un dos grandes poderes da literatura.
P. Reco?ece trazas de Cunqueiro?
R. A novela est¨¢ sementada de frases de Cunqueiro, mais o libro que ti?a na cabeza cando fixen o meu ¨¦ Vidas min¨²sculas [a novela de Pierre Michon]. A idea de reflectir as grandes peripecias a partir do entretecido das historias com¨²ns.
P. "Na literatura galega todo pasa antes ou despois de Am¨¦rica [...] A diversi¨®n sempre queda f¨®ra de encadre. Puto pa¨ªs, triste literatura", escribe.
R. ? unha declaraci¨®n de intenci¨®ns, un xeito de concibir tanto o oficio da escritura coma o sistema literario do pa¨ªs. A min o que me molesta da cultura galega ¨¦ a paranoia, unha crenza de estar sempre por debaixo e non situarse de igual a igual. Hai que intentar abrirse sen complexos, non pensar en capelas. En literaturas m¨¢is grandes, con espazo para circular, hai recantos perif¨¦ricos con discursos marxinais. Aqu¨ª non. Ou est¨¢s nun grupo ou na contra dun grupo, e ese discurso equivale a a dicir que hai misi¨®ns que cumprir. Est¨¢s asumida.
P. Como pensa que evolu¨ªu o sistema literario?
R. Xa pasou o tempo desque Gonz¨¢lez-Mill¨¢n acoutara as famosas condici¨®ns para acreditar nun sistema literario galego, mais outra cousa ¨¦ definir que tipo de literatura somos. Sobredimensionada, porque o pa¨ªs ¨¦ pequeno e igual se lle presta demasiada atenci¨®n a algunhas cousas. ? Xeraci¨®n N¨®s no ensino, por exemplo, cando arestora ¨¦ unha burrada terlle que explicar Risco aos rapaces. E isto convive cunha atenci¨®n desmadrada polo novo e polo de muller [acenea] nos medios de comunicaci¨®n e nas esquelas.
P. Como cre que funciona ese sistema?
R. Apr¨¦zase niso mesmo; hai publicistas, m¨®vense f¨ªos. Apostouse ¨¢ carta da poes¨ªa e da muller como elemento diferencial, e iso ¨¦ unha clara manipulaci¨®n; en realidade, un criterio de mercado que se quixo xustificar intelectualmente. E a cuesti¨®n ¨¦ que, fac¨¦ndoo, xustificamos os esencialismos. Ser muller, ser poeta...
P. Ten teor¨ªa feminista?
R. Res¨²ltame moi dif¨ªcil crer nunha teor¨ªa feminista, outra cousa ¨¦ que me interesen moito as teor¨ªas queer. Agora estou lendo Teor¨ªa King-Kong, o ¨²ltimo libro de Virginie Despentes. Sendo evidente que sexo e biolox¨ªa est¨¢n cada vez m¨¢is separados, tr¨¢tase de desdramatizar. A identidade sexual pode ser calquera.
P. Que prepara agora?
R. Unha novela sobre a enfermidade mental. Agora que me achego ¨¢ literatura, a mi?a idea ¨¦ que as historias que conte sirvan tam¨¦n para min. Estou niso.
A conversaci¨®n remata co fr¨ªo, falando do galego no ensino. Unha s¨ªntese posible en clave de futuro: "Isto s¨® se salva co portugu¨¦s nas escolas e o galego como variante local". "Se Galiza ten valor como sociedade e como cultura", di Vega, " ¨¦ porque somos un territorio tex-mex"".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.