As linguas en campa?a
Estoutro d¨ªa xiramos unha visita familiar ¨¢ exposici¨®n Redes de co?ecemento, unha interesante aproximaci¨®n ¨¢ historia da investigaci¨®n cient¨ªfica en Galicia durante os ¨²ltimos 100 anos, montada no Museo do Pobo Galego de Santiago. Ao pouco de entrarmos, sentimos ao noso car¨®n que un se?or se pu?a a fungar en voz alta, aparentemente dirix¨ªndose ¨¢ s¨²a dona: "No lo ves? Esto es por culpa de las pu?eteras autonom¨ªas..." Estabamos diante dun panel que rezaba en grandes titulares Un futuro esperanzador, encabezando unha breve explicaci¨®n (en galego) sobre a importancia do Seminario de Estudos Galegos, ilustrada con varios documentos da ¨¦poca (en castel¨¢n). Non puiden reprimirme, e pregunteille cortesmente ao desbardallante se pod¨ªa aclarar qu¨¦ era o que tanto lle amolaba.
O castel¨¢n ¨¦ tam¨¦n a nosa lingua a¨ªnda que non sexa de noso. Non pode verse como estra?a
Contendo a duras penas a indignaci¨®n, contestoume que se se pu?an as explicaci¨®ns en galego, os espa?ois que vi?an de f¨®ra non se ¨ªan enteirar de nada. Suxerinlle que volvese considerar o texto que ti?a diante dos ollos, e me dixese se realmente experimentaba algunha dificultade en entender o que al¨ª pu?a. Encabuxado, explicoume que se se fixaba, ningunha, pero (literalmente) que non lle petaba da gana de facelo. Daquela, conclu¨ªn: "Entonces el problema no es que usted no entienda, el problema es que usted no quiere entender" (toda a conversaci¨®n se desenvolveu en castel¨¢n). Vireille as costas e segu¨ªn a visita coas mi?as fillas, elas cos ollos arregalados e mortas de ganas de que lles explicase qu¨¦ mosca lle picara a aquel peric¨¢n.
De onde nacen, de que se nutren e a onde nos levan este tipo de actitudes? A ra¨ªz ¨¦ o nacionalismo espa?ol exclu¨ªnte, imbu¨ªdo dun modelo de identidade nacional monol¨ªtica, que entre outros atributos coloca o idioma castel¨¢n por riba de todo e de todos. O aut¨¦ntico espa?ol ¨¦ castel¨¢n-falante, e quen non ¨¦ castel¨¢n-falante non ¨¦ un espa?ol-de-verdad. Un cidad¨¢n galego-falante ser¨ªa, pois, un espa?ol an¨®malo, ou como moito, de segunda. Para homologarnos aos falantes das outras linguas pensinsulares non nos queda outra que extirparnos o noso idioma e implantar no seu lugar o do Estado: non abonda con que saibamos e practiquemos este, temos que botar o noso ao balde do lixo.
Pluralismo ling¨¹¨ªstico e cultura do di¨¢logo
Acabamos de superar o transo dos comicios xerais, e xa sabemos que a maior¨ªa do electorado entendeu o dilema en termos de opci¨®n entre o di¨¢logo e a cohesi¨®n social ou ben o autoritarismo e a insolidariedade, e non en termos da eterna confrontaci¨®n da Espa?a esa-Gran-Naci¨®n (un ep¨ªteto que dun tempo a esta parte parece obrigatoriamente adherido ao nome) contra a arquip¨¦rfida anti-Espa?a. Endeb¨¦n, o mapa coa distribuci¨®n dos votos mostra ¨¢s claras que Zapatero gobernar¨¢ grazas ao voto polif¨®nico das periferias (sobre todo de Catalu?a), e moi a pesar do voto monol¨®xico do centro. Vela¨ª un par de derivadas do pluralismo ling¨¹¨ªstico das nacionalidades: a aposta polo respecto ¨¢ diversidade e a consecuente preferencia pola cultura do di¨¢logo. Louvor a Catalu?a, esa pequena gran naci¨®n!
Pola contra, reparemos no noso paisano rec¨¦n derrotado nas urnas, que pasar¨¢ aos anais pola s¨²a impermeabilidade ao idioma galego. Nin d¨¢ndolle a Vicepresidencia da Xunta conseguiron Manuel Fraga e Xerardo Fern¨¢ndez Albor que a daquela incipiente promesa dese unha palabra en galego. O primeiro chegou a dicir publicamente: "O que lle eu recomendo a Mariano son tres cousas: que case, que deixe de fumar e que aprenda a falar o galego". Pero Mariano non s¨® tivo moitos reparos en luxar os seus beizos coa lingua proletaria do seu pobo, sen¨®n que lle preocupa que ning¨²n outro espa?ol o faga. A nada que os condanados socialistas andaluces anunciaron que ¨ªan ofrecer a posibilidade de estudar o galego (e vasco, e catal¨¢n) nas escolas oficiais de idiomas, o esgrevio dirixente p¨²xoselles moito con que non perdesen o tempo, que o que ti?an que aprender era o ingl¨¦s. Despois estr¨¢?anse de que no seu feudo (Galicia), o PP obtivese o peor resultado electoral en d¨¦cadas. E logo non?
Alberto N¨²?ez Feij¨®o, que en xeral se portou sensatamente e non disimulaba certa incomodidade coas directrices deschavetadas de G¨¦nova (pensadas para arrasar en Madrid, pero que en Galicia soan francamente lun¨¢ticas), far¨ªa moi ben en tomar nota, e entre outras cousas recomendar a Corina Porro e outros dirixentes do seu partido que procuren non involucrarse tan abertamente nas campa?as contra o idioma do pa¨ªs. Si, ¨¦ certo que o PSOE de Paco V¨¢zquez tam¨¦n xogou co lume da lingua cando o PP gobernaba a Xunta, pero mellor ser¨¢ esquecer ese precedente. Resulta que boa parte do electorado do PP ¨¦ galego-falante, quizais non moi esixente en cuesti¨®ns ling¨¹¨ªsticas, pero seguro que non tan parvo coma para que lle guste que se r¨ªan del.
Urxente: b¨²scase un novo discurso
O curioso do asunto ¨¦ que fronte a esta ofensiva do reseso nacionalismo gran-espa?ol, o que se abre ¨¦ unha especie de baleiro, tanto de discurso p¨²blico coma de acci¨®n gubernamental. O BNG, un tanto desconcertado, parece que decidiu abandonar (en boa hora) as¨ª a caduca an¨¢lise en termos de conflito ling¨¹¨ªstico coma o obxectivo dubidosamente ut¨®pico do monoling¨¹ismo social, pero a¨ªnda non foi quen a artellar unha nova mensaxe de defensa en positivo do noso idioma. Un discurso renovado que conxugue a vella apelaci¨®n ¨¢ identidade coa novidosa reivindicaci¨®n da diversidade, e que en definitiva asuma que o castel¨¢n non pode ser visto na Galicia de hoxe como unha lingua estra?a. Que resultar¨ªa absurdo pedirlle ao pa¨ªs que renunciase ao idioma do Estado, que ¨¦ tam¨¦n lingua nosa, a¨ªnda que non sexa de noso. Pero o nacionalismo galego democr¨¢tico non pode trocar o seu antigo radicalismo verbal -que sementaba temores e fac¨ªa recuar ¨¢ maior¨ªa- por un deleixo ante o idioma que ningu¨¦n entender¨ªa. Pola s¨²a banda, o Partido Socialista, que hoxe por hoxe ten ao seu cargo a pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica da Xunta (implicando na s¨²a responsabilidade nada menos que ao presidente), debe aclarar que ¨¦ o que quere facer co galego (ademais de discursos m¨¢is ou menos floridos), e po?erse a elaborar un proxecto propio, feito de ideas e propostas, non de t¨®picos manidos. Seguro que a pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica non ¨¦ tan relevante coma a econ¨®mica, a sanidade ou as obras p¨²blicas, pero a fin de contas ¨¦ pol¨ªtica, e por tanto hai que tomala a serio, ou, caso contrario, mellor deixala.
A clase dirixente galega no seu conxunto ten que ser consciente (e tam¨¦n saberllo transmitir ¨¢ cidadan¨ªa), de que unha boa pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica para Galicia, orientada a crear as condici¨®ns dun porvir digno e florecente para o galego nun clima de asenso maioritario, non esixe m¨¢is radicalismo. O que si debe ser ¨¦ coherente e eficaz (non ret¨®rica), minimamente pensada (e por tanto ben asesorada: as carencias neste punto son tan xigantescas como inexplicables), convenientemente explicada ¨¢ cidadan¨ªa, e posta en pr¨¢ctica con rigor, para o cal ¨¦ imprescindible dotarse dunha serie de ferramentas operativas. Sinceramente, no noso pa¨ªs cada d¨ªa botamos m¨¢is en falta algo diso.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.