Sen complexos de segund¨®ns
Helena de Carlos e Lu¨ªs Rei ga?an os premios da Cr¨ªtica espa?ola con obras que condensan aspectos singulares da etapa actual da literatura galega
A pasada fin de semana fall¨¢ronse en Huelva os Premios da Cr¨ªtica Espa?ola correspondentes ao ano 2007, un galard¨®n que a mi¨²do pasa un chisco desapercibido por decidirse case sempre al¨¦n de Galicia e por premiar obras en lingua galega, vasca, catal¨¢ e castel¨¢: entre tanta variedade, os medios de comunicaci¨®n adoitan adicarlle ¨¢s nosas unha atenci¨®n menor (por dicilo un tanto eufemisticamente). Permitan logo que reclame, pasados xa uns d¨ªas, un pouco de espazo medi¨¢tico tanto para o acontecemento como para os libros galardoados.
Entre tanto rebumbio de certames, convocatorias, fallos, dictames e demais saraos, que importancia poden ter para a literatura galega uns premios que mesturan allos con cebolas, nun prebe no que parecemos condenados ao eterno papel de segund¨®ns? Pois xustamente esa, a da mestura, a de sermos parte dese amoado que forman as literaturas do Estado espa?ol e no que somos moito m¨¢is ca un condimento: somos un ingrediente fundamental.
A literatura galega ¨¦ un ingrediente fundamental no Estado espa?ol
O Premio da Cr¨ªtica Espa?ola goza dunha longa tradici¨®n pois foi institu¨ªdo en 1956 co obxectivo de reco?ecer a calidade literaria con independencia dos intereses e das presi¨®ns editoriais e comerciais. Instituiuse as¨ª como un reco?ecemento honor¨ªfico (pois non ten dotaci¨®n econ¨®mica) outorgado por profesionais da cr¨ªtica e estudosos da literatura que achegaban o seu co?ecemento e parec¨ªan garantir esa tan anceiada independencia de criterio. En 1976, e co af¨¢n de facer visible a diversidade ling¨¹¨ªstica e cultural de Espa?a, a Asociaci¨®n de Cr¨ªticos, que fundara e organizaba o galard¨®n, decid¨ªa premiar tam¨¦n as mellores obras de narrativa e poes¨ªa publicadas nas catro linguas co-oficiais do Estado, e fac¨ªao por medio dun sistema de ponentes; estes, representando as literaturas galega, catal¨¢ e vasca, defend¨ªan as obras seleccionadas nas s¨²as literaturas perante un xurado formado por sorteo entre todos os membros da asociaci¨®n.
Pois ben, este ano por vez primeira a escolla dos textos merecentes do galard¨®n, no referido ¨¢ literatura galega, tivo lugar tras un intenso e produtivo debate que a Secci¨®n de Cr¨ªtica Galega celebrou no Museo do Pobo Galego (fique aqu¨ª constancia do noso agredecemento por cedernos as instalaci¨®ns). Convocados formalmente os m¨¢is de 30 membros que arestora a constit¨²en, al¨ª botamos a ma?¨¢ dun s¨¢bado a falarmos, a argumentar e rebater, a deliberar e, finalmente, a votar para escollermos entre unha lista dunha ducia aproximada de finalistas para cada x¨¦nero constitu¨ªda previamente polas suxerencias de todos. E fix¨¦molo sent¨ªndonos vencellados, m¨¢is al¨¢ dos diferentes puntos de vista que cada quen poida manter, tanto pola convicci¨®n de termos unha literatura de extraordinaria calidade como polo noso com¨²n af¨¢n de facela visible como ingrediente fundamental, mesmo imprescindible, do amoado ao que antes me refer¨ªn.
Benvidos todos aqueles que, dende o rigor profesional, queiran sumarse a esta tarefa. Xa non son tempos de terlle medo ¨¢ discusi¨®n, nin de numantinismos acomplexados, nin de falsos compadreos. A literatura galega ten unha cr¨ªtica tan competente, especializada e independente como calquera outra, pero ten, sobre todo, un feixe de escritores e escritoras de obra tan notable que case se defende soa. Os premios xa non os d¨¢ ningu¨¦n: g¨¢?anos as obras. E xurados e cr¨ªticos, vela¨ª estamos, a actuar pouco m¨¢is que como mediadores.
E que dicir logo das obras ga?adoras? Nesta xeira f¨®rono Vigo de Helena de Carlos (Galaxia) na secci¨®n de poes¨ªa e O se?or Lugr¨ªs e a negra sombra de Lu¨ªs Rei N¨²?ez (Xerais) na de narrativa. Moito se falou xa delas, e m¨¢is que se falar¨¢, mais eu quixera agora salientar s¨® un aspecto que, na mi?a opini¨®n, ambas comparten (m¨¢is al¨¢ da s¨²a indubidable calidade intr¨ªnseca): o de proxectaren unha imaxe ben cabal dalg¨²ns dos aspectos m¨¢is singulares que nesta etapa caracterizan a literatura galega. Se Helena de Carlos representa o progresivo protagonismo que entre n¨®s est¨¢n a acadar dende hai tempo as escritoras, o seu libro ¨¦ un novo froito da inspiraci¨®n que a nosa poes¨ªa atopou sempre nos espazos de n¨®s. Volta a autora ¨¢s paisaxes que a viron medrar, e faino coa dose xusta de saudade como para non resultar paralisante.
Pola s¨²a banda, na novela de Rei N¨²?ez atopamos algo que xa ven sendo com¨²n na ¨²ltima narrativa galega, e que mesmo a singulariza como tal. Ref¨ªrome ¨¢ capacidade para procurar inspiraci¨®n na historia dende unha perspectiva orixinal que pretende, m¨¢is que ficcionalizar aquela, historizar a ficci¨®n. Dito doutro xeito, crear unha sorte de historia po¨¦tica, paralela e alternativa, que consegue ensanchar os l¨ªmites do real e que deste xeito ampl¨ªa o concepto de Historia m¨¢is al¨¢ do convencional isto ¨¦ o que foi para crear un suxestivo xogo de espellos no que o empr¨ªrico e o imaxinado se confunden en sutil interacci¨®n.
Parab¨¦ns logo a Helena de Carlos e Lu¨ªs Rei, pero parab¨¦ns tam¨¦n a todos os que estamos a coci?ar este amoado, pois a literatura galega ter¨¢ neles uns eficaces embaixadores.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.