O cami?o torto do biling¨¹ismo
Hai apenas cinco d¨ªas que a secretaria xeral de Pol¨ªtica Ling¨¹¨ªstica, Marisol L¨®pez, declaraba ao xornal ingl¨¦s The Guardian: "Se non discriminamos positivamente a prol do galego, o espa?ol dominar¨¢". Malia a que nesas coordenadas se situou o consenso impl¨ªcito sobre o idioma durante os tempos da autonom¨ªa e con independencia dos partidos no Goberno, na actualidade provoca peculiares pero estrondosas poeiras medi¨¢ticas. Dende o ¨¢mbito cient¨ªfico, conectan os acontecementos co rexurdimento dun nacionalismo espa?ol abeirado polas forzas conservadoras.
"Penso que nas cidades hai un repunte de falantes entre os novos"
"S¨® son biling¨¹es os alumnos de lingua inicial ou ambiental galega"
"Unha lingua normal¨ªzase", di Costas, "porque non ¨¦ normal"
"Unha lingua normal¨ªzase", di Costas, "porque non ¨¦ normal"
"A primeira resistencia ao galego na escola ¨¦ a dos docentes"
"Tr¨¢tase de conservar todas as linguas, que forman parte dun h¨¢bitat"
"Tr¨¢tase de m¨¢is nacionalismo espa?ol, do reemerxente nacionalismo espa?ol", opina o profesor de Ling¨¹istica Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo.
O Decreto 124/2007, aprobado pola Conseller¨ªa de Educaci¨®n en xullo de 2007, estabeleceu a marca m¨ªnima dun 50% de materias "que se deben ensinar en galego". A nova lei elevou a lexislaci¨®n anterior, segundo explica a p¨¢xina web As linguas no sistema educativo galego que dirixe Henrique Costas, "fronte ao te¨®rico e nunca cumprido 33%". "Eu parto de que ¨¦ preciso intervir no campo da lingua", explica Ramallo, "da necesidade dun keynesianismo ling¨¹¨ªstico; a oposici¨®n aflora porque houbo un cambio de goberno e fixo cousas, polo menos algunhas cousas". Na presentaci¨®n da mencionada web, a afirmaci¨®n resulta categ¨®rica: "Os datos demostraron que co anterior programa os ¨²nicos alumnos con alta competencia biling¨¹e oral e escrita eran aqueles de lingua inicial ou ambiental galega, mentres que os alumnos de lingua inicial galega ou ambiental castel¨¢ non consegu¨ªan ser biling¨¹es".
Henrique Costas, tam¨¦n respons¨¢bel de normalizaci¨®n ling¨¹¨ªstica da Universidade de Vigo, non amosa ningunha d¨²bida. "S¨® son biling¨¹es os rapaces que proceden de ambientes galeg¨®fonos; os que ve?en de ¨¢mbitos onde a lingua inicial ou habitual ¨¦ o castel¨¢n non dominan o galego. E a obriga da administraci¨®n consiste en capacitar por igual a todos os cidad¨¢ns". Para Hakan Casares, socioling¨¹ista e coordinador do Observatorio da Cultura Galega, a cuesti¨®n "non ten que ver coas liberdades individuais, intoc¨¢beis, sen¨®n coa necesidade de non renunciar ¨¢s oportunidades do biling¨¹ismo". Casares asegura que a cidadan¨ªa galega excede o biling¨¹simo: "A socioling¨¹¨ªstica fala xa de sociedades pluriling¨¹es".
O galego computa, en base aos ¨²ltimos datos dispo?¨ªbeis, un 97,3% de persoas na Galiza que o entenden, un 90,1% que o poden falar, un 85,3% que o poden ler e un 49,8% que o poden escribir. Casares revisou precisamente a interpretaci¨®n das cifras de 2003 do Instituto Galego de Estat¨ªstica, editadaa polo Consello da Cultura en 2005 co t¨ªtulo A sociedade e o idioma: evoluci¨®n socioling¨¹¨ªstica de Galicia. "Eu quedo co positivo, co moderadamente positivo que amosa o informe". Ref¨ªrese ¨¢ "desaceleraci¨®n" na perda de individuos que te?en como lingua inicial o galego, lixeiramente freada no tramo dos cativos que, en 2003, ti?an menos de 16 anos.
Pero ¨¦ no perfil do galegofalante no que, a dicir de Henrique Costas, se est¨¢n rexistrando mudanzas. "Penso que nas cidades hai un repunte de falantes entre a xente nova", di, "que acompa?ada por unha actitude positiva do Goberno funcionar¨ªa para recuperar falantes". "Polo demais, no campo e nas zonas periurbanas, segue a falar galego a xente que sempre o falou", a¨ªnda que Costas detecta "tendencia desgaleguizadora entre as mulleres novas; isto resulta preocupante, xa que elas son as principais transmisoras do idioma". "Se unha muller nova fala galego en Vigo", ironiza, "ou ¨¦ do monte ou ¨¦ do Bloque". Fernando Ramallo leva a cuesti¨®n a "?que ¨¦ falar galego?". "Amais dos falantes tradicionais, hai partes da mocidade que falan galego conscientemente", indica, "unha parte do funcionariado e outras persoas vinculadas ¨¢s clases medias urbanas". Ramallo afirma a importancia "dun uso non tradicional da lingua" e apunta as lindes do "terreo h¨ªbrido" na que se atopan a meirande parte de falantes, "aqueles que poden falar galego e que o falan segundo o contexto, maiormente habitantes urbanos".
"A tendencia a usar m¨¢is o galego aparece nos grupos de maior idade e no medio rural", describe o profesor mugard¨¦s da Universidade de Wisconsin Gabriel Rei-Doval, "pero o galego est¨¢ presente en todo o territorio e en todos os grupos sociais". Rei-Doval, que publicou unha versi¨®n da s¨²a tese o ano pasado -A lingua galega na cidade no s¨¦culo XX- refuga a "homoxeneidade" para definir os grupos sociais que empregan o galego, pero lembra os n¨²meros: "Non esquezamos que o galego ¨¦ a lingua habitual de dous tercios da poboaci¨®n galega e que o 99,9% o entende sen maior dificultade". E rexeita a identificaci¨®n entre usos do idioma e posici¨®ns pol¨ªticas, "se se parte da an¨¢lise da realidade".
O 25 de abril, o escritor Xabier Cordal remit¨ªase aos anos 70 nun artigo publicado no xornal Galicia Hoxe. "Xa o programa de m¨¢ximos do espa?olismo esixira, nos inicios da Restauraci¨®n, converter o galego en materia opcional [na educaci¨®n p¨²blica]", escrib¨ªa, e constataba o empe?o "dalg¨²n analista en elevar a categor¨ªa universal as fobias de certa burgues¨ªa urbana". Rei-Doval aplica a l¨®xica para defender o proceso de normalizaci¨®n do galego: "A normalizaci¨®n real¨ªzase porque unha sociedade as¨ª o decide. O que conta ¨¦ a vontade colectiva, e os galegos decidimos, a trav¨¦s de instituci¨®ns elixidas, seguir este cami?o". Pero puntualiza terminolox¨ªa: "Prefiro chamarlle, ¨¢ normalizaci¨®n, difusi¨®n ou planificaci¨®n ling¨¹¨ªstica".
"Unha lingua normal¨ªzase porque non ¨¦ normal", l¨¢iase Henrique Costas, "non ¨¦ normal que eu queira renovar a hipoteca en galego e me digan que tardan tres meses e se o fago en castel¨¢n, a semana que v¨¦n; non ¨¦ normal que estea nun bar e non haxa ning¨²n xornal en galego". E concl¨²e: "Non acepto a anormalidade democr¨¢tica de ter que pedir permiso para utilizar o galego". Para Fernando Ramallo, a lingua galega at¨®pase f¨®ra de uso dos espazos que dan prestixio social. "O galego estivo ausente do proceso de modernizaci¨®n serodio que aconteceu en Galiza contra o final da d¨¦cada dos 60", relata Ramallo, quen sit¨²a os obxectivos da normalizaci¨®n en "acadar que o idioma sexa operativo en todos os ¨¢mbitos". Ramallo denuncia "a ret¨®rica favor¨¢bel ao idioma que dominou na clase pol¨ªtica durante anos e que non se concretou en nada". Sobre a recuperaci¨®n social do galego asentou a autonom¨ªa, segundo Rei-Doval, que non dubida en afirmar que "po?er en perigo a normalizaci¨®n do galego ¨¦ tentar dinamitar Galicia como comunidade aut¨®noma espa?ola".
"A dereita esc¨²dase en embustes", argumenta Fernando Ramallo, e lembra ao xefe dos conservadores Mariano Rajoy cando presentou unha iniciativa no Congreso "para garantir que se poida estudar castel¨¢n en toda Espa?a". "Onde non se pode estudar castel¨¢n?", preg¨²ntase. Gabriel Rei-Doval fai pedagox¨ªa: "Por suposto, nunha sociedade democr¨¢tica tal estratexia de 'se o galego asoma a cabeza, machete' non pode verbalizarse, pero pretender agora que o agresor ¨¦ o galego e o mundo galeg¨®fono resulta unha especie de 'mundo ao rev¨¦s' que a teimuda realidade non apoia". Para Henrique Costas, o asunto red¨²cese ¨¢ s¨²a agre vivencia coti¨¢: "Eu escolaricei ao meu fillo de tres anos este curso e, en dous meses, falaba castel¨¢n, algo que nunca fixera na casa; e iso malia a que hai un goberno progresista que, en teor¨ªa, garante e defende os meus dereitos ling¨¹¨ªsticos".
Ameaza de dimisi¨®n nos colexios
Os equipos de normalizaci¨®n ling¨¹¨ªstica de 190 centros educativos de toda Galiza ameazaron onte con presentar a dimisi¨®n se a Conseller¨ªa de Educaci¨®n "non adopta medidas para o cumprimento" do Decreto de galeguizaci¨®n do ensino. O documento que recoll¨ªa o seu posicionamento foi presentado en San Caetano polo secretario xeral de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e os presidentes da Mesa pola Normalizaci¨®n Ling¨²istica, Carlos Call¨®n, e da Asociaci¨®n Sociopedag¨®xica Galega, Xo¨¢n Costa, informa Europa Press.
Os respons¨¢beis de normalizaci¨®n explicitaron, as¨ª, un malestar ao que A Mesa v¨¦n prestando voz nas ¨²ltimas semanas. Carlos Call¨®n coincidiu con Anxo Louzao ao sinalar que entre os equipos asinantes "se atopan os m¨¢is din¨¢micos do pa¨ªs" e afirmaron que a actividade dos mesmos "minguou" pola falta de seguimento da norma. Louzao explicou, ademais, o contido dun documento que anexaron ao escrito dos 190 equipos de normalizaci¨®n: un plan de formaci¨®n para o profesorado sobre a aplicaci¨®n, a creaci¨®n dun departamento de pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica dentro de Educaci¨®n e que a inspecci¨®n vix¨ªe o cumprimento do decreto.
Os representantes do sindicato e as d¨²as asociaci¨®ns solicitaron, tam¨¦n, unha xuntanza coa conselleira de Educaci¨®n, Laura S¨¢nchez Pi?¨®n, "para co?ecer que medidas adopta ao respecto co obxectivo de evitar a pos¨ªbel dimisi¨®n dos equipos de normalizaci¨®n". Call¨®n deu un paso m¨¢is e referiuse a supostas "presi¨®ns" do presidente Emilio P¨¦rez Touri?o sobre Educaci¨®n "para que a conselleira non mova un brazo a prol da implataci¨®n do Decreto".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.