A historia debaixo do mar
A extensi¨®n do litoral galego provocou, ao longo dos s¨¦culos, a acumulaci¨®n dun gran patrimonio subacu¨¢tico. A Xunta proxecta un centro de intepretaci¨®n
"Todo patrimonio somerxido en calquera tipo de auga; mar, r¨ªo ou lagos". A definici¨®n, improvisada polo director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, ref¨ªrese ao obxecto de investigaci¨®n da denominada arqueolox¨ªa subacu¨¢tica. A medio cami?o entre o submarinismo e a historia antiga, en Galicia oc¨²pase, maiormente, do estudo de naufraxios. "Esa ¨¦ a parte m¨¢is vistosa, m¨¢is evocadora, m¨¢is rom¨¢ntica, da nosa profesi¨®n", explica Miguel San Claudio, un dos escasos arque¨®logos subacu¨¢ticos do pa¨ªs, "pero tam¨¦n realizamos moita obra portuaria". A Conseller¨ªa de Cultura proxecta a construci¨®n, ao car¨®n do Museo do Mar, en Vigo, dun centro de interpretaci¨®n do "patrimonio subacu¨¢tico", no que tam¨¦n se integran peiraos mergullados, edificios terrestres ca¨ªdos nas augas ou pontes asolagadas.
"Co?¨¦cense os restos que est¨¢n na plataforma continental"
"Galicia corta todas as rotas de navegaci¨®n, iso explica os naufraxios"
"Non s¨® se trata de buscar pecios, tam¨¦n hai moito de obra portuaria"
A frota de Padilla, afundida en Fisterra, ¨¦ a que m¨¢is informaci¨®n ofrece
"A arqueolox¨ªa subacu¨¢tica comezou, en Galicia, nos anos 80". Fala Javier Luaces, arque¨®logo freelance que se mergullou por primeira vez en cabo Silleiro hai 23 anos. "Procuramos uns can¨®ns de bronce", relata, "que atopara un pescador submarino". Ao ano seguinte, Luaces participou nunha prospecci¨®n da r¨ªa de Vigo. Entre 1989 e 1993, baixou aos restos da batalla de Rande, onde en 1702 a frota inglesa afundiu 25 buques procedentes de Veracruz e cargados co tesouro da Coroa espa?ola. "Tr¨¢tase do xacemento subacu¨¢tico m¨¢is emblem¨¢tico, que deu lugar a lendas populares", afirma, "e que pos¨²e un valor engadido: pola s¨²a situaci¨®n na r¨ªa, cons¨¦rvase moito mellor ca se estivese en mar aberto". Mesmo o capit¨¢n Nemo arribou ¨¢ contorna de Vigo na busca da prata dos mercantes espa?ois.
"O naufraxio de Rande inscr¨ªbese no campo da posibilidade", opina Miguel San Claudio, propietario da empresa Archeonauta e autor de Tesouros asolagados, quen se refire a que "at¨¦ agora, produciu m¨¢is historiograf¨ªa ca arqueolox¨ªa". O pecio de Rande sobreviviu, en palabras de San Claudio, a desfeitas como o pol¨ªgono de bateas instalado na s¨²a superficie. "? o naufraxio m¨¢is popular, e resultar¨ªa ben interesante pescudar nos barcos franceses de escolta [20 fragatas ao mando do vicealmirante Chateau-Renault] pero a¨ªnda non ofreceu resultados", reco?ece. As augas toldadas do lugar impediron mesmo a obtenci¨®n de imaxes.
Mais San Claudio, que chegou ¨¢ profesi¨®n v¨ªa familiar -"meu av¨® e meu pai xa eran mergulladores"-, opta polo naufraxio da frota de Padilla en 1956. "25 barcos ao mando de Mart¨ªn de Padilla foron a pique nunha gran treboada, na zona de Fisterra", apunta, "ese ¨¦ o xacemento do que se tira m¨¢is informaci¨®n". O equipo arqueol¨®xico situou, polo momento, catro gale¨®ns, todos a escasa distancia da li?a de costa.
O escritor Hixinio Puentes, que traballa no eido hist¨®rico, asegura que "s¨® se co?ecen os restos que repousan na plataforma continental". Al¨¦n do Cantil, as¨ª chaman os mari?eiros a fronteira que separa a plataforma das grandes profundidades atl¨¢nticas, m¨¢is ou menos a 60 millas do litoral, "nin se sabe o que hai". Os dous exhaustivos volumes Os naufraxios na Galicia Norte recontan paquebotes naufragados na provincia mar¨ªtima de Ferrol. "Suponse que o Santo Cristo de Maracaibo se atopa polas illas C¨ªes", di, af¨¢stase do ¨¢mbito dos seus libros, "e haber¨ªa que vixialo, porque andan ¨¢ caza del". O Maracaibo foi un dos paquebotes superviventes da batalla de Rande que, na escapada cara a Inglaterra, se extraviou na boca da r¨ªa de Vigo.
"Galicia ¨¦ unha esquina no Atl¨¢ntico pola que pasan todos os barcos que navegan cara ao sur", arg¨²e Puentes. Un dos primeiros faros do noroeste, contin¨²a, mand¨¢rono constru¨ªr os ingleses a mediados do s¨¦culo XIX. "Estaban fartos de perder barcos nas nosas costas, e ergueron o faro en Priori?o Grande [no golfo ?rtabro], e logo en Estaca de Bares e Fisterra", sinala.
Miguel San Claudio, a quen Puentes considera pioneiro na investigaci¨®n de tesouros submarinos, coincide coas aprecici¨®ns do escritor. "Galicia corta todas as rotas mar¨ªtimas, todas as li?as de navegaci¨®n que unen o oc¨¦ano Atl¨¢ntico co norte de Europa". E, para San Claudio, "falar do norte de Europa ¨¦ falar dun 60% da historia da navegaci¨®n". O arque¨®logo enumera naves romanas, drakkar viquingos ou gale¨®ns no per¨ªmetro mar¨ªtimo de Galicia "que agardan a ser estudados no fondo do mar". "Porque practicamente todas as culturas ou civilizaci¨®ns que sucaron os mares deixaron restos neste pa¨ªs", anota.
Hixinio Puentes, que asinou as novelas O bandido Casanova (1999) e Aguill¨®ns de Ortegal (2005), lembra tam¨¦n o labor do mestre de Camelle Jos¨¦ Ba?a Heim. "Fixo un traballo de campo impresionante durante os anos 60 de localizaci¨®n de barcos". O m¨¦todo Ba?a Heim bas¨¦abase en percorrer as aldeas da Costa da Morte, acompa?ado de alumnos, e recoller testemu?os e lendas na boca da xente. Nas hemerotecas comprobaba a veracidade dos relatos paisanos. "Colleitou detalles moi substanciosos", certifica, e advirte: "Pero a lenda non serve para atopar nada; eu xunto naufraxios a partir de documentos hist¨®ricos, que son moito m¨¢is recentes".
As dificultades do traballo de arqueolox¨ªa submarina -e a s¨²a curta idade: o primeiro mergullo de San Claudio foi en 1987, na Punta do Di?eiro de Fisterra, no gale¨®n San Ger¨®nimo- retrasaron o estudo dos "restos materiais da humanidade que agocha o mar". Hixinio Puentes l¨¢iase da tardanza: "Case todo o que se atopa a menos de 40 metros de profundidade xa o levaron". Os antigos chatarreiros do mar dinamitaban os pecios m¨¢is achegados ¨¢ costa e revend¨ªan o material que aboiaba. O centro do Alcabre, en fase de anteproxecto, far¨¢ por sistematizar o co?ecemento que, en terra firme, existe sobre o fondo do oc¨¦ano.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.