O bandullo do Valle Sagrado
-Pois eu...
As gargalladas, os arrotos, os tap¨®ns de botellas, a rexouba, as manchas, as cabezas de langostino chuchadas e as caixas de almax tropezan as unhas coas outras ao redor da mesa familiar. Talvez por iso ningu¨¦n escoita a In¨¦s. Pero ela est¨¢ afeita xa a esa ruidosa marea de sa¨²dos precipitados e c¨ªnicos que preceden ¨¢ ocupaci¨®n protocolaria de postos no barco de guerra que ¨¦ o banquete de Nadal. Ao mando, en proa, o av¨® Rafael. El cre que pilota a nave pero, en realidade, quen goberna teimuda a embarcaci¨®n ¨¦ a avoa Teresa. Franqu¨¦ana as fillas xemelgas, cuspidi?as ¨¢ s¨²a nai. O duelo de espadas estabel¨¦cese xa no recibidor cando descobren a ¨²ltima tendencia en pedrer¨ªa da tempada e contin¨²a no comedor, retorcido polos candeeiros de prata. Ao seu car¨®n, cinco homes falan da ali?aci¨®n dun equipo de f¨²tbol que co?ecen mellor c¨®s compa?eiros de colexio dos seus fillos. Ah, os fillos! Este enxame de av¨¦sporas que estrugan a pel cos seus papeis de celof¨¢n e caixas de xoguetes xa baleiras. E no medio do boureo ningu¨¦n escoita ¨¢ moza do curm¨¢n m¨¢is vello. Pero ela fala.
-Pois eu de nena, na monta?a, fun feliz. Pod¨ªa so?ar todos os d¨ªas coas trapalladas que nos deparaba o seu bandullo m¨¢xico. Hab¨ªa que tocala con cari?o, como se fose unha besta mansa, e ofrec¨ªache os seus tesouros m¨¢is prezados. As mans pequerrechas furaban e furaban e, de socato, ?un billete, unha moeda! Na monta?a nunca estaba soa. Hab¨ªa tantos nenos! E falabamos e xogabamos. Porque daquela non sabiamos m¨¢is. Para n¨®s era s¨® un xogo, un xogo terrible do que non eramos conscientes porque non sabiamos que todo pod¨ªa ser doutra maneira. Ningu¨¦n nolo aprendera. Os m¨¢is grandes, en cambio, co?ec¨ªan o perverso segredo da monta?a e a s¨²a sombra ameazadora campaba nos seus ollos sempre negros. Pero n¨®s, n¨®s eramos demasiado ilusos a¨ªnda. Logo, como aos demais, a monta?a acabounos roubando a inocencia pero ata daquela eu era igual c¨®s vosos fillos. Non os vedes? Tam¨¦n eles pelexan por un anaco de cart¨®n. Todos remexemos a mesma merda.
Cando In¨¦s acaba de falar a s¨²a voz que foi veludo imperceptible ¨¦ agora un berro atronador que rebota contra as copas de cava e se ensarilla nos envoltorios de polvor¨®n. O fume perpetuo do vertedoiro Valle Sagrado de Lima atravesa o comedor como un l¨®strego molesto que enzoufa de po o brillo das l¨¢mpadas barrocas. A monta?a de lixo -pneum¨¢ticos, latas, pl¨¢sticos, vidros, ferralla- derr¨²base ante eles e, inevitablemente, todos miran a moza souvenir que chegou de Per¨² para po?er un toque de exotismo na perfecta familia de barrio de acaroados a escasos dez quil¨®metros do centro.
-Bo Nadal! Todos a brindar!
A avoa Teresa endereita o rumbo do barco de guerra e todos todos, suspiran aliviados. Canda eles, as gargalladas, os arrotos, os tap¨®ns de botella, a rexouba, as manchas, as cabezas de lagostino chuchadas e as caixas de almax ocupan os seus postos en cuberta.
-E pr¨®spero aninovo!
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.