Quintana, Espartaco e os romanos
"O imperio est¨¢ moi preocupado polo que est¨¢ pasando na provincia galaica...". O imperio parece que anda estes d¨ªas m¨¢is preocupado por outras imaxes, as da espionaxe fratricida do poder madrile?o, mais ¨¦ ben certo que un v¨ªdeo est¨¢ a revolucionar o combate electoral na provincia galaica. ? xa unha mera convenci¨®n formal o separar precampa?a e campa?a e estes primeiros ganchos propagand¨ªsticos son talvez m¨¢is importantes que os golpes finais, nos que tanto conf¨ªa a vella pol¨ªtica. A rechamante peza tit¨²lase Eu son Anxo Quintana, e foi lanzada nun principio dende o videoblog do candidato do Bloque Nacionalista Galego, un espazo chamado Quin.tv. En poucos d¨ªas, a cousa, este videoclip ou spot de v¨ªa e factura alternativa, realizado por Ant¨®n Reixa, v¨¦n de acadar na rede o efecto so?ado para un produto destas caracter¨ªsticas: primeiro, provocar a atenci¨®n, logo, a excitaci¨®n e, finalmente, a expansi¨®n. O resultado: miles de visitas na canle propia e agora tam¨¦n no YouTube.
Os primeiros ganchos propagand¨ªsticos na campa?a son talvez m¨¢is importantes que os finais
A cousa dun Quintana metamorfoseado en Espartaco est¨¢ a ser moi debatida en diversos foros, con opini¨®ns apaixonadas e moitas veces humor¨ªsticas, mais iso ¨¦ tam¨¦n outra mostra de ¨¦xito nesta fase pol¨ªtica e para este candidato: sorpresa e pol¨¦mica. ? dicir, un papel protagonista, xusto cando alg¨²ns medios decidiran sometelo a un tratamento de espectro, t¨¦cnica xornal¨ªstica con singularidades enxebres que alg¨²n d¨ªa merecer¨ªan un master, pois contamos con brillantes especialistas no escamoteo ou raspa informativa de seres vivos. O impacto que est¨¢ a ter a cousa de Quintana demostra que un aparello respiratorio imaxinativo, tam¨¦n na provincia gal¨¢ctica, pode atopar o ar necesario f¨®ra dos dominios tradicionais.
Dise que "o medio ¨¦ a mensaxe". Dise que "unha imaxe vale por mil palabras". E as¨ª unha chea de proverbios, non exentos de parvidade. O ovo c¨®smico, o big-bang, ¨¦ o ter unha boa idea. As¨ª foi e as¨ª ser¨¢, nos petroglifos do Neol¨ªtico, na Galaxia Gutenberg ou na de McLuhan. Vela¨ª temos a Bansky, o an¨®nimo guerrilleiro art¨ªstico, que a partir dos muros das calexas marxinais de Londres est¨¢ a proxectar os seus graffitis nos valados do universo. As ideas importan, e moito. Obama non existir¨ªa sen a diferenza do seu discurso. Mais afirmar todo isto debe levarnos a un miradoiro clave. A paisaxe da comunicaci¨®n est¨¢ a co?ecer unha mudanza xeol¨®xica. Non ¨¦ que vaia cambiar, ¨¦ que est¨¢ a moverse baixo os nosos p¨¦s, e ¨¢s veces a escachar como o xeo. En Galicia semella que estamos nun intre lev¨ªtico. Soamente hai 13 li?as por cada cen habitantes con acceso a banda ancha. Mesmo semella vir a conto un verso de Fast, o autor de Espartaco: "I got no future, but lots of past". Non te?o futuro, mais te?o moreas de pasado, algo as¨ª.
Pero en Galicia case nada ¨¦ o que parece. Tam¨¦n na mudanza da sociedade da comunicaci¨®n coido que estamos por diante do que aparenta. Somos expertos de toda a vida en redes, a¨ªnda que non te?amos Rede. E xa os resultados da anterior campa?a electoral, como ocorrera co "espertar mar¨ªtimo" do Nunca M¨¢is, non se explicar¨ªan sen as redes alternativas de Internet e a telefon¨ªa m¨®bil. Agora, cando os candidatos fan a pegada de carteis, semella que asisten ao enterro da sardi?a. Un excelente analista de medios, Juan Varela, de orixe galega, escrib¨ªa hai pouco na s¨²a bit¨¢cora Periodistas21: "Como est¨¢ demostrando a campa?a norteamericana, os candidatos modernos deben ser multimedia. E a s¨²a arma principal ¨¦ o v¨ªdeo, seguido polo activismo na Rede".
A todo isto, eu do que quer¨ªa falar hoxe era de Pico Olveira e Howard Fast.
O Eu son Anxo Quintana ¨¦ unha adaptaci¨®n simp¨¢tica, c¨¢ndida, dun dos intres m¨¢is emotivos do cinema ¨¦pico, o Espartaco de Stanley Kubrick (1960), baseado na extraordinaria obra de Fast, con gui¨®n do macanudo Dalton Trumbo. A¨ª ¨¦ cando o represor Craso pregunta quen da multitude ¨¦ Espartaco e unha a unha as voces van dicindo: "Eu son Espartaco!". A de Fast, esa si que era unha novela hist¨®rica. A¨ªnda a les e notas como enmuxica, fa¨ªsca nos ollos e pon os pelos crechos. Tanto Fast como Trumbo sab¨ªan o que era a represi¨®n. Foron perseguidos durante anos polos poderes ultras que borraron os seus nomes da vida laboral e p¨²blica. Fast estivo no c¨¢rcere por negarse a dar a lista de compa?eiros que sosti?an o Comit¨¦ de Axuda aos Refuxiados Antifascistas, creado sobre todo para axudar aos exiliados espa?ois. Kirk Douglas, o int¨¦rprete de Espartaco, tivo gallas e decencia. Non parou at¨¦ que os nomes de Fast e Trumbo figurasen outra vez en lugar de honra.
A min o que me marabilla do v¨ªdeo do Bloque ¨¦ a actuaci¨®n de quen fai de Craso, o represor romano. O gran actor galego Pico Olveira. ? el quen crea o cl¨ªmax, quen fai veros¨ªmil formalmente a peza. Ganas dan de berrar: "Eu son Pico, me cagho nas termas de Caracalla!". E niso os galegos somos como os demais. O que nos gusta nas pel¨ªculas ¨¦ o que fai de malo. Por certo, quen fai de malo nestas elecci¨®ns?
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.