M¨¢is pol¨ªtica, menos ling¨¹¨ªstica
Apagado o remol da manifestaci¨®n convocada por Galicia Biling¨¹e, ¨¦ hora de botar contas de como foi a pasada lexislatura en materia de lingua. Os primeiros que ter¨¢n que facer balance ser¨¢n os promotores da campa?a contra o galego que culminou na tal manifestaci¨®n. P¨®?anse como se po?an, eles e os seus patrocinadores pol¨ªticos, medi¨¢ticos e financeiros estar¨¢n a estas horas remoendo o fracaso.
Para alg¨²ns medios que viven dese conto, seguro que a guerra continuar¨¢, pero Feij¨®o xa debeu chegar ¨¢ conclusi¨®n de que embarcarse naquela aventura non foi unha gran idea, e no futuro buscar¨¢ a maneira de zafarse. Se perde as elecci¨®ns con dignidade, como parece m¨¢is probable, ter¨¢ argumentos para deixar esmorecer un asunto tan dani?o para o pa¨ªs como pouco beneficioso para o seu partido. Se as ga?a por un pelo (cousa improbable pero non descartable), far¨¢ alg¨²n aceno simb¨®lico e deixar¨¢ as cousas m¨¢is ou menos como estaban, que foi, chisco para arriba chisco para abaixo -reco?ez¨¢molo- como as deixou don Manuel Fraga. En calquera das d¨²as hip¨®teses, ter¨¢ que mandar ¨¢ porra ¨¢ se?ora Corina, a risco de que sexa esta quen o mande ¨¢ porra a el.
Pol¨ªtica Ling¨¹¨ªstica debe ter, no goberno despois do 1-M, m¨¢is pulo pol¨ªtico
Proba contundente que pon de vulto o escaso calado social da batalla contra o galego d¨¦unola a enquisa do CIS publicada a semana pasada (datos.cis.es/pdf/Es2783mar_A.pdf). Na lista de problemas que preocupan ¨¢ cidadan¨ªa, o galego (que aparece ao lado do terrorismo, o paro e a crise econ¨®mica!!). A¨ªnda m¨¢is importante, entre as ¨¢reas de acci¨®n da Xunta, ¨¦ a referida ¨¢ promoci¨®n do galego a que m¨¢is aprobaci¨®n p¨²blica concita e a que menos rexeitamento suscita.
Na nosa opini¨®n, o aprobado rec¨ªbeo o conxunto do goberno galego, e esa nota positiva reflicte unha novidade importante da pasada lexislatura: a promoci¨®n da lingua deixou de ser unha pol¨ªtica sectorial, concentrada no ensino, e converteuse nunha pol¨ªtica transversal, que involucrou distintos departamentos (desde Administraci¨®n Local ata Comercio e Industria), e nomeadamente a Vicepresidencia (Galescolas, Voluntariado), e, claro est¨¢, a Consellar¨ªa de Educaci¨®n. Ese ¨¦ precisamente o cami?o: os nosos l¨ªderes pol¨ªticos e gobernantes te?en que asumir que a cuesti¨®n do galego ¨¦ basicamente pol¨ªtica, e s¨® nunha pequena parte ling¨¹¨ªstica. E sobre todo, quen m¨¢is ten que aprendelo e a propia Secretar¨ªa Xeral do ramo.
Foi m¨¢goa que o balbordo da manifestaci¨®n e o inicio da campa?a electoral fixesen que pasase case de inc¨®gnito un relatorio presentado a semana pasada nos XI Encontros pola Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica, organizados polo Consello da Cultura
(www.culturagalega.org/imaxes/docs/doc_14062.pdf)
No balance que se presenta a¨ª m¨®stranse as eivas m¨¢is graves da acci¨®n da Xunta neste terreo, que en boa parte deben imputarse ¨¢ dita Secretar¨ªa Xeral. Certamente, mellorou moito a xesti¨®n, grazas a un equipo profesional competente e preparado, pero careceu de todo impulso pol¨ªtico, e, evidenciando unha radical incapacidade para o di¨¢logo, non se preocupou de suscitar os imprescindibles apoios e complicidades dos distintos colectivos e instituci¨®ns. Unha das promesas incumpridas, presentada incluso polo Presidente no Parlamento, foi a da creaci¨®n dun Consorcio pola Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica que debe articular os esforzos que se realizan desde as distintas administraci¨®ns, e ofrecer un marco integral de traballo, espallado polo territorio galego.
A Secretar¨ªa Xeral de Pol¨ªtica Ling¨¹¨ªstica do goberno que naza despois das elecci¨®ns debe inescusablemente recoller esta proposta, pero sobre todo ten que ser capaz de dotar dun impulso pol¨ªtico ¨¢ area, e apoiarse para iso nun maior di¨¢logo social, pol¨ªtico e institucional. Sexa a s¨²a cabeza unha persoa de perfil t¨¦cnico, sexa de perfil pol¨ªtico (o que non pode ser e nin unha cousa nin outra), ter¨¢ que agochar menos a cabeza debaixo da plumaxe do erario p¨²blico, e facer m¨¢is pol¨ªtica e menos ling¨¹¨ªstica. Se non, sa¨ªmos dun souto para meternos noutro.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.