A nova vida dos contos para todos
No moderno ¨¢lbum ilustrado confl¨²en lectores de calquera idade
No coloquio posterior ¨¢ conferencia que a escritora Teresa Moure pronunciou na edici¨®n en curso do Sal¨®n do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a autora relatou a s¨²a experiencia como creadora do texto literario dun ¨¢lbum ilustrado: un conto para animar ¨¢s nais a dar o peito aos seus beb¨¦s. Galaxia publicou Eu tam¨¦n son fonte (2008) coas ilustraci¨®ns de Leandro Lamas. "As m¨¢is das veces que asino ese libro para algu¨¦n, o destinatario resulta ser unha crianza, estou dedicando a un neno un conto sobre a lactancia materna!".
"Existen problemas de promoci¨®n e de percepci¨®n que estabelecen vencellos directos entre libro ilustrado e libro infantil, ir¨¢ cambiando", explica o responsable editorial de Galaxia, Carlos Lema. "Non hai que esquecer que a narrativa ilustrada non ¨¦ un fen¨®meno infantil, sen¨®n que nace no s¨¦culo XIX en publicaci¨®ns para adultos; logo, o libro ilustrado infantil medrou ata ser unha industria". Lema reco?ece que ¨¦ traballoso cambiar os h¨¢bitos que clasifican os libros no andel.
"A ilustraci¨®n non redundante apela ¨¢ intelixencia do lector", di Lorenzo
O papel dos mediadores introduce novas consideraci¨®ns na perspectiva do ¨¢lbum ilustrado. "Ao ser un libro que necesita mediador, nos lectores galegos medra a consideraci¨®n de que a identificaci¨®n entre ¨¢lbum ilustrado e ¨¢mbito infantil non funciona; ¨¦ un proceso lento pero real e ten que ver coa estandarizaci¨®n da cultura galega con outros referentes culturais europeos", indica Fran Alonso, subdirector de Xerais. Os cativos acceden a eles a trav¨¦s dos adultos: familia, libreiros, bibliotecarios, mestres... Segundo Lema, "son os adultos os que mercan para os nenos e a¨ª ¨¦ onde se decatan da existencia destes libros especiais, xa non tanto pola cuesti¨®n literaria, sen¨®n polo formato e o car¨¢cter art¨ªstico da edici¨®n".
Al¨¦n da singulariedade do formato, a consideraci¨®n do libro como obxeto art¨ªstico v¨¦n dada pola liberdade coa que se define o traballo do ilustrador. Da dependencia hist¨®rica da imaxe en relaci¨®n ao texto p¨¢sase, no ¨¢lbum ilustrado, a un equilibrio de forzas entre literatura e debuxo ou mesmo ¨¢ prevalencia da imaxe sobre o texto tales que as d¨²as artes adquiren relevancia como relatos con entidade. O ilustrador Fino Lorenzo cualifica de "discurso paralelo" o seu traballo en publicaci¨®ns como Palabras brancas, de Elvira Riveiro (Xerais, 2008) ou Bolboretas no papel, de Antonio Garc¨ªa Teijeiro (Tambre-Edelvives, 2008). Co convencemento de que "a boa literatura e os bos ¨¢lbumes ilustrados son tanto para os nenos como para os adultos", o artista afirma que "a ilustraci¨®n non redundante axuda a crear outros puntos de vista e apela ¨¢ intelixencia do lector". Conta a palabra, tam¨¦n a imaxe e, sobre todo, gusta o libro no seu conxunto. Na editorial Oqo, os ¨¢lbumes ilustrados representan o 90% da s¨²a produci¨®n e son promocionados a trav¨¦s dun programa de exposici¨®ns. O ¨¢lbum ilustrado ¨¦ unha encrucillada art¨ªstica que pulveriza fronteiras.
A voz dos lectores adultos que reclaman contos para ver e ler, paseni?o, est¨¢ a deixar de ser un remorso. O ¨¢lbum ilustrado ofr¨¦cese como ponte interxeracional. "Sen ser o mellor xeito de facelo, pola s¨²a complexidade, para moitos pequenos o ¨¢lbum sup¨®n a s¨²a v¨ªa de entrada ¨¢ literatura; ese prexu¨ªzo, ao final, ¨¦ positivo porque os rapaces len acompa?ados polos adultos, e constr¨²e un di¨¢logo produtivo para os lectores experimentados", reflexiona o escritor e director das ¨¢reas de infantil e xuvenil de Galaxia, Xos¨¦ Ant¨®n Neira Cruz. Ao seu entender, a introduci¨®n do ¨¢lbum na literatura galega ¨¦ dobremente positiva: "A chamada literatura para adultos desencors¨¦tase e a infantil, que ¨¦ a m¨¢is abranguedora porque non excl¨²e a ning¨²n lector, saia do gueto".
En tempos recentes, Galaxia activou unha li?a de ¨¢lbumes ilustrados para lectores de calquera idade. Os seus primeiros t¨ªtulos son A serea do mundo e O branco pa¨ªs sen neve de Encarna Otero e ilustrados por Elisa Gallego, A fada das lapas de Manuel Janeiro con ilustraci¨®ns de Zita Delaco e o mencionado libro de Teresa Moure, quen conta cunha nova achega, Mam¨¢, ti si que me entendes. Xerais igualmente apostou por editar volumes confecionados por autores e ilustradores galegos, li?a que distingue o labor de editoras xeralistas das especializadas Kalandraka e Oqo, cuxa aparici¨®n, desde finais dos 90, vigorizou o mercado galego. Estas empresas desenvolven unha arriquecedora praxe editorial multiling¨¹e que incorpora creadores doutros sistemas literarios.
"Son libros para volver ¨¢ infancia", explica Marisa N¨²?ez de Oqo, "est¨¢n feitos desde a sensaci¨®n de escribir o conto que quixesemos ter lido canda nenos e, ao tempo, tam¨¦n espertan o noso interese, as categor¨ªas art¨ªsticas non te?en idade". En paralelo, Neira Cruz sost¨¦n que "hai ¨¢lbumes que, coa forza da imaxe, mesmo cobran unha dimensi¨®n terap¨¦utica en estados an¨ªmicos carenciais".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.