A emboscada
A vida inhabit¨¢bel, pura noite, no acubillo das tebras ou nos c¨®digos secretos. Tres golpes na porta e esta desf¨¦chase, unha cella arqueada anula o seguinte encontro. As despedidas nunca son despedidas ou non acontecen no espazo que toda a vila cre, diante da casa ¨¢ volta do traballo. A vida inhabit¨¢bel esixe a fuxida ou a revolta. Pero o tempo da revolta ¨¦ anterior e finou dentro dos seus propios l¨ªmites, correspondeulle a tres familiares var¨®ns de Antonio, e a unha muller que se negou a revelar o seu paradoiro. El, que medrou ao abeiro dunha nai vi¨²va, s¨® acredita no tempo da fuxida, o sol escintilando sobre o Atl¨¢ntico, e pombais cheos de paxaros estra?os nunha cidade do Sul.
O Couces pode conseguirlle os pasaportes. Pasaron demasiados anos, pero segue conservando os seus contactos nas altas esferas. Previo pago dunha importante cantidade Antonio conseguir¨¢ abrir as portas dunha nova vida. O transcorrer das cousas ¨¦ complexo, ir¨®nico mesmo. O Couces ga?ou o alcume porque ti?a a afecci¨®n de patear con violencia aos condenados despois de dispararlles, para asegurarse de que estaban ben mortos. Iso pasou hai moito tempo, a¨ªnda que a vila tivo a boa idea de conservarlle o nome para non esquecelo e concederlle tam¨¦n unha leve aura de poder intemporal. Cando Antonio vai falar con el pode notar como esa aura escintila nos seus ollos, como dalg¨²n xeito, o pasado segue a latir dende ela, dende o alcume ou se cadra dende a s¨²a propia feitura, a dicir da nai, tan semellante ao do seu pai asasinado, e que non pode deixar indiferente ao vello. O tempo da fuxida esixe sacrificios deste tipo, pactos co demo que el sempre estivo disposto a asinar, e que se materializar¨¢n no encontro discreto que lle prop¨®n na entrada da mina. V¨®s levades os cartos e eu levo os pasaportes.
Nos d¨ªas anteriores ¨¢ cita, por¨¦n, Antonio dubida. Na novela de vaqueiros que est¨¢ a ler un grupo de cuadrilleiros ¨¦ emboscado na entrada dunha mina de ouro, e el comeza a pensar que se cadra o encontro co Couces garda algo m¨¢is. A concesi¨®n ¨¢ nostalxia de matar ao fillo dun roxo e ¨¢ s¨²a parella. En cada noite que precede ao d¨ªa da cita ten o mesmo pesadelo no que o Couces os agarda con varias persoas para asasinalos e guindalos no fondo dun dos pozos. O d¨ªa antes, tras espertar berrando, preg¨²ntalle ¨¢ nai onde est¨¢ a vella pistola do seu t¨ªo, e ela tras negarllo varias veces acaba por separar unha pedra da coci?a e sacar a arma medio enferruxada. Acto seguido ens¨ªnalle a cargala. Antonio m¨¦tea no peto, xunta os cartos e sae co comezo da noite.
Na entrada da mina, xusto ao caer a noite, o Couces parece nervioso. A conversa ¨¦ tensa e curta. Antonio ensina os feixes de billetes mentres crava a ollada nel e aferra a pistola fortemente no peto. O Couces bota a mao ao pantal¨®n, pero non saca a arma coa que el levaba tempo tendo pesadelos, sen¨®n dous pasaportes novos do trinque. Antonio mira para eles, pero non chega a ceibar a pistola da mao e entende por fin que os presentimentos sobre a emboscada eran certos. Agarra a pistola e disp¨¢ralle na cabeza. A aura volatil¨ªzase definitivamente. Os ollos azuis de Miguel lostregan sorpresa na escuridade.
O ¨²ltimo libro de Mario Regueira ¨¦ L'affiche rouge (2007), en Xerais.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.