Unha revoluci¨®n m¨¢is na nosa lingua?
Trasantonte fun ¨¢ mi?a dentista de cabeceira, Mercedes Cabrera. Despois de atend¨¦renme amablemente en galego (como fan desde hai moitos anos), tanto a recepcionista da s¨²a cl¨ªnica coma ela mesma, acabamos tendo unha animada conversa sobre a literatura galega de tema art¨²rico, e celebramos con especial rexouba a lectura de Merl¨ªn e familia, de ?lvaro Cunqueiro. ? que, segundo me explicou, ¨¢ s¨²a filla, que fai bacharelato, lle puxeran no instituto un traballo sobre ese tema. A ela parec¨ªalle que o exercicio era un pouco excesivo para o nivel da rapaza (no que coincid¨ªn con ela), as¨ª que lle botou un cabo, e, en vez de po?erse a esbardallar contra o galego, conclu¨ªu que o tema era interesante. Axudarlle ¨¢ s¨²a filla permit¨ªralle co?ecer textos preciosos, coma a obra de Cunqueiro que acabo de citar. Tam¨¦n lle recomendei Na noite estrelecida, de Ram¨®n Cabanillas, que ¨¦ unha xoia, e, por suposto, Amor de Artur, de M¨¦ndez Ferr¨ªn. Estou certo que os vai ler.
Por fin os m¨¦dicos reco?ecen a importancia de achegarse ao galego?
Antonte levamos as cativas ao dermat¨®logo, Emilio del R¨ªo, para ver de tirarlle unhas espunllas que lles sa¨ªran no lombo. Cando chamamos por tel¨¦fono para pedir cita, sorprendeunos que o atendedor autom¨¢tico respondese en galego. M¨¢is rechamante nos resultou que nos consultara con toda amabilidade en galego, e non s¨® iso, sen¨®n que ¨¢ hora de escribir as historias cl¨ªnicas, as s¨²as axudantes usasen tam¨¦n o noso idioma, mesmo empregando termos t¨¦cnicos, como nevo (castel¨¢n nevus: non se preocupen, eu tampouco o¨ªra nunca a palabra).
Onte mesmo recib¨ªn polo correo un groso volume editado pola Universidade de Santiago de Compostela, titulado Vocabulario de Medicina (galego-espa?ol-ingl¨¦s-portugu¨¦s). Ser¨¢ que por fin os m¨¦dicos, un sector profesional que parec¨ªa m¨¢is apegado ao castel¨¢n que un oll¨¢paro ¨¢s rochas da beiramar, comeza a reco?ecer a importancia de utilizar o galego? Ter¨ªa toda a l¨®xica do mundo, e non o digo por ideolox¨ªa, sen¨®n por pura l¨®xica do servizo. Non hai lugar de Santiago de Compostela en que se escoite falar m¨¢is o galego que nos distintos hospitais: ¨²sano a inmensa maior¨ªa dos pacientes e familiares, case todos e todas as enfermeiras e auxiliares, pero, ata agora, bastantes poucos m¨¦dicos; a¨ªnda que reco?ezo (e agradezo) que o pediatra Jos¨¦ Lu¨ªs Iglesias, que atende a mi?a filla Ein¨¦s, fai o esforzo de falalo.
- Prexu¨ªzos obsolescentes
Que o estamento m¨¦dico, que por certo ten unha tradici¨®n humanista e galeguista moi respectable, comece a achegarse ao galego, abandonando o exclusivismo castelan¨®fono, non s¨® ¨¦ unha gran noticia, sen¨®n que tam¨¦n ¨¦ un importante s¨ªntoma de que algunhas cousas est¨¢n cambiando. O galego non ¨¦ xa s¨® unha lingua de pail¨¢ns, e o castel¨¢n non ten a exclusiva da xente fina ("se?oritos de casino", dir¨ªa Villar Ponte). Debe ser este cambio o que pon dos nervios a alg¨²ns sectores da elite socioecon¨®mica do pa¨ªs, que dun tempo a esta parte comezan a sentir que est¨¢n a perder "o monopolio da reticencia e da censura", a sensaci¨®n de irrebatible superioridade sobre a masa galeg¨®fona (a frase non ¨¦ mi?a, publicouna Alfredo Canalejo en 1930).
Non hai moitos anos, paseabamos a mi?a dona, a mi?a sogra e mais eu coa filla maior, daquela con tres ani?os acabados de cumprir, polo centro de Vigo. A cativa ¨ªa un pouco m¨¢is adiante ca n¨®s, e de s¨²peto mirou (¨¢ viguesa) un lindo cadeli?o todo enfeitado, co seu lazo e todo, que andaba a cheirar no p¨¦ dunha arbori?a destas de beirarr¨²a. Achegouse ao animal, virou cara a n¨®s, e berrounos: "Mirade que cansi?o tan bonito!". Nisto, vemos que a dona, unha se?ora de aspecto completamente vulgar pero con moito arruallo, se dirixe a ela e dille moito: "Oye, ni?a, esto no es un cansi?o que es un perrito, y a este perrito se le habla castellano!!". Houbemos de estoupar da risa, pero tivemos que controlarnos, pois a mi?a sogra case se bota ¨¢ individua para arrincarlle (s¨® verbalmente) o coiro. Aquela madama estaba convencida de que falar galego rebaixaba o pedigree do seu caniche ¨¢ altura dun can de palleiro.
O caso ¨¦ completamente real, e xa lle valeu ao querido e saudoso Carlos Casares unha divertid¨ªsima columna. Relembrando o feito, un non pode menos que evocar aquel feliz discurso de Castelao, en que contaba que escoitara ouvear aos cans da Breta?a, e ouveaban igual que os de Galicia, e tam¨¦n o fac¨ªan as¨ª os de Turqu¨ªa... en fin, que "os pobres animali?os a¨ªnda est¨¢n no idioma universal". Polas vistas, Castelao non o sab¨ªa, pero o idioma universal era o castel¨¢n (polo menos dos cans finos).
Eu no momento non pod¨ªa adivi?alo, pero coa increpaci¨®n daquela se?ora ¨¢ mi?a filla de tres anos para que lle falase castel¨¢n ao seu cadelo, acababa de asistir ao momento crucial dunha gloriosa tradici¨®n que rematar¨ªa nunha panoplia de movementos c¨ªvicos con base en Vigo, mente en Madrid, e altavoz na Coru?a / La Coru?a, para restitu¨ªr cada idioma ao seu lugar: galego cos cans de palleiro, castel¨¢n cos caniches. Pero supo?o que agora que tantos m¨¦dicos (e m¨¦dicas) falan galego, tam¨¦n poderemos dirixirnos en dialecto aos caniches; digo, con permiso da s¨²a cara.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.