A Penzol recupera o gabinete de Pi?eiro
A s¨²a c¨¦lebre mesa de braseiro exh¨ªbese en Vigo
Hai case d¨²as d¨¦cadas que ningu¨¦n senta nesa mesa e abre un dos miles de libros que compu?an a biblioteca que atraeu a varias xeraci¨®ns de intelectuais durante o franquismo. O gabinete de Ram¨®n Pi?eiro (L¨¢ncara, 1915 - Santiago, 1990) no seu domicilio compostel¨¢n da r¨²a Xelm¨ªrez iluminou o vieiro escuro polo que trancorr¨ªa a cultura galega. Dende onte, fai parte do itinerario formativo do presente.
Por encargo da Fundaci¨®n Penzol, depositaria do fondo bibliogr¨¢fico e patrimonial de Pi?eiro, un equipo t¨¦cnico coordinado por Henrique Monteagudo, Mar¨ªa Dolores Cabrera e Xos¨¦ Soutullo v¨¦n de completar a reconstruci¨®n do famoso despacho que acolleu e alimentou os devezos de incont¨¢beis xentes da cultura. A mesa de braseiro que Pi?eiro empregaba como lugar de traballo e faladoiro ten nova direcci¨®n: a sede da Penzol, ubicada na Casa Galega da Cultura, en Vigo. O p¨²blico xeral e os escolares xa son os seus novos visitantes.
A instalaci¨®n conta coa moblaxe e a decoraci¨®n orixinal, mesmo o tapete
Se o seu anterior domicilio compostel¨¢n era propiedade de Domingo Garc¨ªa-Sabell, a nova casa de Pi?eiro ten moito que ver con outro dos seus compa?eiros de Galaxia, Francisco Fern¨¢ndez del Riego, director da biblioteca da Fundaci¨®n. E, de paso, os art¨ªfices desta homenaxe (a Penzol, Galaxia, o Concello de Vigo e a Consellar¨ªa de Cultura) cumpren o desexo dun dos pupilos m¨¢is avantaxados do homenaxeado: Carlos Casares. O escritor, sucesor de Pi?eiro ¨¢ cabeza da editorial Galaxia, foi o primeiro promotor desta idea.
Practicamente toda a instalaci¨®n est¨¢ conformada pola moblaxe e a decoraci¨®n orixinal, mesmo o tapete e o cristal que cobren a mesa de braseiro. Enriba do moble disp¨®?ense moitos obxectos que parecen estar agardando a chegada do seu propietario dun intre a outro: os cartafois, o lapis, un monte de libros coroado por unha gastada edici¨®n d'A saudade portuguesa de Carolina Micha?lis, unha revista que anuncia en portada un dosier sobre o fil¨®logo luso Manuel Rodrigues Lapa, colega e amigo. Recollidos, os seus lentes. A foto de Rosal¨ªa e uns azulexos coa figura de Castelao protexen o lugar do maxisterio.
A ¨²nica r¨¦plica ¨¦ a gran librar¨ªa acristalada, cunha envergadura que desaconsellaba o traslado e que tivo que ser reconstru¨ªda. A¨ª repousan uns 300 exemplares procedentes da inxente biblioteca de Pi?eiro, en proceso de catalogaci¨®n. "? unha colecci¨®n moi persoal e chea de maxia, con libros dedicados, primeiras edici¨®ns de cl¨¢sicos galegos e obras importantes do pensamento occidental", relata Monteagudo. Este socioling¨¹ista da Universidade de Santiago foi un dos visitantes m¨¢is novos daquel cuarto: "As respostas de Pi?eiro ¨¢s nosas preguntas pod¨ªan durar horas, semellaba que sempre ti?a tempo para falar naquel lugar encantado".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.