"A arte ¨¦ un abrazo ao universo; sen¨®n, mellor cambiar de palleira"
Ant¨®n Lamazares exp¨®n en Santiago o seu traballo dos ¨²ltimos dous anos
O lat¨ªn domus omnia significa "a casa de todas as cousas". Amais, ¨¦ a palabra de orde que encabeza a produci¨®n pict¨®rica de Ant¨®n Lamazares durante os ¨²ltimos dous anos e medio. De tonalidades verdosas, nos m¨¢is de 30 cadros pendurados dende onte na galer¨ªa SCQ, de Santiago, adv¨ªrtense bocexos de casas, rastro de arquitecturas rurais, a sombra do mundo ido da aldea. "Ao final, un argumento como outro calquera para pintar", ret¨ªralle importancia o autor.
A ¨²ltima serie de obras de Lamazares conecta co seu pa¨ªs natal. Maceira, a aldea de Lal¨ªn onde naceu en 1954, Samicenso e Lazaj¨®s son os top¨®nimos que acompa?an os diferentes trazados de Domus Omnia. E os tres responden a parroquias lalinenses. "Hai certa domus, certa construci¨®n nos cadros", reco?ece, "pero a pintura non hai que explicala nunca, hai que contemplala". Para a cr¨ªtica Mercedes Rozas, que prologa o cat¨¢lago da mostra compostel¨¢ -a primeira que realiza en Galicia dende 2006-, existe en Lamazares un "regreso ¨¢ morea de espellos rotos que Borges converteu nun museo ateigado de lembranzas". Rozas tam¨¦n menciona melancol¨ªa, refuxio ou o non contaminado como conceptos operativos no Lamazares recente.
Cita aos seus tres grandes da pintura: Laxeiro, Tino Grand¨ªo e Pesqueira
"No fondo, sempre pintas o mesmo cadro", reflexiona o artista. O traballo que exp¨®n e vende en SCQ fai parte do que xa se pu¨ªdo visitar antes en recintos de Madrid ou Berl¨ªn, onde reside dende 2005: "A¨ªnda que estea en Berl¨ªn, estou todo o tempo aqu¨ª". "Traballas na serie e a s¨²a extensi¨®n depende do ela che pide; ¨¦ como o amor". Esta casa de todas as cousas, fabricada en soportes acartonados e brillantes a forza de capas de verniz, an¨¢loga ao escrutinio dos verdes nun prado, mesmo sobreviviu a unha interrupci¨®n de catro meses provocada por unha lesi¨®n no ombreiro: "Nunca pasara tanto tempo sen pintar, e a vida ¨¦che ben aburrida sen pintar".
A ¨²ltima vez que a obra de Lamazares se asomou a Galicia f¨ªxoo no mesmo escenario. E fai fr¨ªo no lume titulouse, "unha ofrenda aos mortos, ofrenda aos so?os, ofrenda ao tremer na hora do nacemento, ao coraz¨®n mortal da vida". "Eu son dos que traballa todos os d¨ªa", explica, "non creo nesa bobada do artista bohemio". Aquela E fai fr¨ªo... comp¨²xose con case un cento de pezas.
Pero o m¨¦todo do pintor de Maceira, cuxa vida no taller de Berl¨ªn abranxe, m¨ªnimo, oito horas diarias, ¨¦ m¨¢is amplo. Como argumentaba Nicholas Ray sobre o cinema, Lamazares pinta cando non pinta. "?s veces, cando m¨¢is pintas ¨¦ cando non pintas", improvisa un aforismo, "e ¨¢s veces cando pintas, e cando menos pintas". "E antes de te po?er a traballar, tes que so?ar as cousas", ap¨®n, "precisas de certo estado da alma". Ao se achegar a algo as¨ª como a unha teor¨ªa da pintura, Ant¨®n Lamazares fala de renuncia e loita e resistencia: "Hai que tirarse enriba do cadro". Fillo confeso do poeta Carlos Oroza e do pintor Laxeiro, para el "a arte ¨¦ un abrazo ao universo; sen¨®n, mellor cambiar de palleira". Unha batalla que xamais se vence, avanza, unha tentativa, unha aproximaci¨®n.
Lamazares internouse na pintura contra 1973, da man do seu "segundo pai" e "gran fodedor" Laxeiro. Para Oroza, Carlitos, non esixe m¨¢is que un t¨ªtulo nobiliario: se?or de Lisboa. "Pero non me fan caso e Carlitos, ademais, ¨¦ como a n¨¦boa". E a¨ªnda que andou por Madrid e agora por Berl¨ªn -cidade que frecuenta dende 1991-, "un pintor nace na terra, porque ?onde nacen as leitufas?, ?onde nacen as verzas". No entanto, asegura, "a pintura leva sempre, ao mesmo tempo, un recado universal". E non dubida en citar tres homes como os seus grandes na pintura galega: Laxeiro, Tino Grand¨ªo e Manuel Pesqueira Salgado.
Ant¨®n Lamazares posici¨®nase a prol de "superar divisi¨®ns". "Antes hab¨ªa aquilo de 'somos galegos e non nos entendemos", lembra, "pero debemos pasar ao 'somos galegos e a ver se nos entendemos". Nesa caste de entente cordial que di procurar xorde a Cidade da Cultura e non acha reparos en defender a obra do monte Gai¨¢s: "Temos que tirar dela, debemos facer que sexa a segunda catedral de Santiago, a do s¨¦culo XXI".
Cando presentou E fai fr¨ªo no lume, a man de Domus Omnia explic¨¢balle a Javier Fuentes Feo que "unha pintura real ¨¦ vida, vida como a Batalla do Ebro ou as camp¨¢s da Giralda tocando a Gloria, ou a neve nas sementeiras, ou as ¨¢rbores, o fume nas panadar¨ªas". Sobre a s¨²a visi¨®n elaboran Naida e Javier Sanz Fuentes un documental que comezaron a rodar en 2006. "A min g¨²stame Maximino Casti?eiras", rexouba, "que con 85 anos sempre se presentaba e dic¨ªa adeus as¨ª: 'Para servir a Dios y a usted, pero con la mecha ardiendo".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.