Pasou un ver¨¢n raro, chega un outono quente
Concordar¨¢n comigo en que este foi un ver¨¢n raro, quizais como agoiro deste outono quente que xa se predic¨ªa. E as¨ª lles estivo tam¨¦n a cousa nos eidos literarios, rara, sen que ningu¨¦n ousase erguer moito a voz porque seica o forno non est¨¢ para bolos. Por exemplo, non lles parece raro o pouco que se comentou a elecci¨®n de Manuel Rivas como novo membro de n¨²mero da Real Academia Galega (RAG)? Pareceu case clandestina. E, a verdade, tendo en conta que ¨¢ ilustre instituci¨®n non lle pasamos nin media, ben podiamos gabarlle un chisco desta volta a afouteza e a vontade de aggiornamento.
Choca a¨ªnda m¨¢is este silenciamento nunha cultura como a nosa, tan personalista a¨ªnda, tan amiga de erguer santos nas pea?as. Claro est¨¢ que para acadar esa elevada condici¨®n hai que cumprir o imprescindible requisito de estar morto, algo que en Galicia sempre foi unha virtude. Dec¨¢tanse, por po?er un caso, de canto se est¨¢ a falar agora do poeta Manuel Mar¨ªa? E por iso, por ese noso persoeirismo case compulsivo (que en boa parte se explica pola carencia de liderazgo que a nosa sociedade padeceu dende sempre), est¨¢n a funcionar tan ben os epistolarios, as memorias e as biograf¨ªas, modalidades todas elas adoito centradas na figura protag¨®nica do D¨ªa das Letras Galegas. Isto foi o que aconteceu este ano tam¨¦n con Ram¨®n Pi?eiro, que sae reforzado como figura fulcral na historia do galeguismo de posguerra grazas a achegas tan fundamentais como a realizada por Xes¨²s Alonso Montero en Ram¨®n Pi?eiro ou a reinvenci¨®n da cultura galega, un texto tan singular e dial¨¦ctico coma o seu autor. Ben interesantes son tam¨¦n as cartas que Pi?eiro intercambiou con Xos¨¦ Neira Vilas, que axi?a aparecer¨¢n a car¨®n doutras asinadas por vellos amigos do escritor de Memorias dun neno labrego. E para irlle pondo o ramo ao ano Pi?eiro editaranse logo as que lle dirixiu a Xos¨¦ Lu¨ªs Franco Grande, que prometen ser substanciosas.
- BIOGRAF?A MONUMENTAL
Nesta li?a de revalorizaci¨®n das grandes figuras da nosa historia chegou a n¨®s este ver¨¢n unha obra que s¨® podemos calificar como monumental: Ram¨®n Cabanillas. Cr¨®nica de desterros e saudades, de Lu¨ªs Rei. Poucas biograf¨ªas co?ezo tan documentadas e, ao tempo, tan ben narradas. M¨¢goa que o intenso e rigoroso labor de investigaci¨®n sen d¨²bida realizado polo seu autor non deixe pegada expl¨ªcita no texto; isto ¨¦, se cadra por consello editorial optouse por non facer expl¨ªcitas as fontes documentais profusamente manexadas, unha opci¨®n que, se por unha banda alixeira visualmente o texto, priva ao lector interesado da posibilidade de acceder pola s¨²a propia conta a ese material. Ogall¨¢ esta obra mod¨¦lica sirva de est¨ªmulo a outros investigadores: que a estas alturas carezamos a¨ªnda dunha biograf¨ªa desta altura de figuras como Rosal¨ªa de Castro ou Castelao, por po?er dous casos, s¨® se pode entender no contexto das carencias end¨¦micas da nosa cultura. E vela¨ª tam¨¦n o caso de Ant¨®n Zapata. Biograf¨ªa dun poeta emigrado ao servizo da Segunda Rep¨²blica, de Miro Villar, para amosar que mesmo das investigaci¨®ns acad¨¦micas (a orixe primeira do libro at¨®pase na tese de doutoramento do seu autor, tam¨¦n poeta) poden agromar historias engaiolantes.
Pola s¨² abanda, alg¨²ns avisados como Carlos Mella, co?ecendo a nosa necrofilia e temendo o que lles agarda cando xa non poidan falar, espabilan e d¨¦ixannos a s¨²a propia versi¨®n do seu vivir, non vaian vir logo outros a inventarlles lerias ap¨®crifas: vela¨ª o grat¨ªsimo Memorias dun ningu¨¦n, un libro delicioso ao que o ¨²nico que se lle pode ap¨®r ¨¦ a s¨²a brevidade e moito m¨¢is afinado de ton, na mi?a opini¨®n, que a s¨²a primeira achega memorial¨ªstica Non somos inocentes (1990).
-Proba de que os nosos gobernantes andan un chisco despistados t¨¦mola no que sucedeu este ver¨¢n coa traduci¨®n: susp¨¦ndense as axudas xusto no intre en que a pr¨¢ctica de importar grandes obras de actualidade se afianza, tanto nos planos editoriais como nos h¨¢bitos lectores. A li?a de apostar pola continuidade ¨¢ hora de anosar certos autores en determinadas empresas, tal e como est¨¢ a suceder sucede con Paul Auster ou Haruki Murakami en Galaxia, resulta ben eficaz na fidelizaci¨®n dun lectorado cada vez m¨¢is e mellor orientado. Ogall¨¢ que a presencia de autores catal¨¢ns de arestora (Quim Monz¨® ou Sergie Pami¨¨s en Xerais) se mante?a pois ?sen tempo non era! E non deixa de intrigarnos un chisqui?o o erratismo editorial das sucesivas versi¨®ns galegas do vasco Bernardo Atxaga, agora en Faktor¨ªa K con Sete casas en Francia, logo de pasar por Xerais con O fillo do acordeonista ou por Galaxia con D¨²as letters. Ser¨¢ que os nosos editores andan ¨¢ competencia ou ter¨¢ m¨¢is que ver co oportunismo propio de tantos axentes literarios?
Entre as ¨²ltimas novidades chegadas a nosa lingua dende outras m¨¢is ou menos afastadas querer¨ªa agora salientar O museo da inocencia do premio Nobel turco Orhan Pamuk, unha historia de amor que ¨¦ tam¨¦n un canto ¨¢ memoria como motor da vida, organizada enunciativamente dun xeito orixinal, que permite unha narraci¨®n distanciada abondo como para beirerar o risco latente do melodrama, pero ¨¢ que quizais lle sobran, na parte central, algunhas p¨¢xinas que ralentizan de m¨¢is a acci¨®n.
En todo caso, resulta evidente en moitas instancias do noso sistema literario unha certa inquedanza por visibilizar os libros, por situalos al¨ª onde poidan chegar mellor a un n¨²mero m¨¢is amplo de lectores. Quizais ese af¨¢n explique a ubicaci¨®n da segunda edici¨®n da premiad¨ªsima peza teatral de Teresa Moure, Unha primavera para Aldara, na colecci¨®n F¨®ra de xogo de Xerais, rescatando as¨ª dese reducto para especialistas no que adoitan converterse as colecci¨®ns teatrais un texto que nos ven lembrar, unha vez m¨¢is, que o teatro tam¨¦n se pode disfrutar por medio da lectura.
-Na narrativa funcionou ben A praia dos afogados de Domingo Villar. O ver¨¢n ¨¦ sempre un bo momento para o policial, pois a xente anda con ganas de lecturas entretidas e sen complicaci¨®ns. Esta segunda visita de inspector Leo Caldas supera ¨¢ primeira, en boa parte porque o protagonista vai ga?ando en densidade, e vai ficando mellor definida a relaci¨®n que mant¨¦n co seu axudante. A praia dos afogados mellora consonte se avanza na lectura, e chega a provocar tal afecci¨®n que sei de amigos campistas que foron instalarse en Nigr¨¢n para poder rastrexar no entorno as pegadas do inspector Caldas. Quen ¨ªa dicir que a literatura galega apod¨ªa funcionar como publicidade tur¨ªstica...
Pola contra, par¨¦ceme que decepcionou un chisco a prometedora Monte Louro de Lu¨ªs Rei N¨²?ez. Con todo, malia algunhas eivas na construcci¨®n dunha complex¨ªsima intriga (por exemplo, p¨¢sase con excesiva celeridade pola adicci¨®n de In¨¦s, o que fai que nos resulte inveros¨ªmil e arbitraria como recurso), a vontade totalizadora da novela, o pulo expansivo do conficto, a valent¨ªa do autor ao abordar temas espi?entos coma o da tolemia, e a brillantez con que est¨¢n resoltas certas partes, converten esta obra en digna merecedora do Premio Blanco Amor que lle foi no seu d¨ªa outorgado con entusi¨¢stica unanimidade por parte do xurado.
En fin, a ver se neste outono tan quente sube tam¨¦n a temperatura literaria coa chegada das agardadas novidades, que nestes d¨ªas compiten nas librer¨ªas co ef¨ªmero protagonismo dos libros de texto: seguro que coa Erofan¨ªa. Trilox¨ªa po¨¦tica. 1995-98, un volume que recolle os tres primeiros e celebrados poemarios de Yolanda Casta?o (aqueles que a revelaron como unha voz persoal da poes¨ªa galega), o conseguimos. Iso, mentres non aparece unha novela cun t¨ªtulo que parece m¨¢is ben un agoiro: Sol de inverno, de Rosa Aneiros, coa que obtivo o Premio Xerais xusto no abrente deste ver¨¢n do que agora nos estamos a despedir xa cunha certa saudade.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.