"O real interesa m¨¢is c¨®s labirintos imaxinarios"
Cid Cabido publica en novembro 'Unha historia que non vou contar'
"Cambiaron moitas cousas", di Xos¨¦ Cid Cabido. O escritor limiao, de 50 anos, segue sen deixarse fotografar, pero volveu falar coa prensa: "Todo parece indicar que a xente que vive en galego volver¨¢ ser marxinada. A estrema dereita contraataca, e nestas condici¨®ns non ¨¦ posible inhibirse".
E segue: "Algu¨¦n deber¨ªa dicir, por exemplo, que se a¨ªnda hai escritores galegos que publican artigos en castel¨¢n na prensa de ¨¢mbito galego, quizais sexa porque non conseguimos superar plenamente o XIX".
Entrevistado antes da floraci¨®n de plataformas en defensa do idioma, co apoio do correo electr¨®nico -edita e corrixe para Xerais, vive entre Cangas e Vigo-, o autor de Grupo abeliano volve ao torreiro c'Unha historia que non vou contar. Tres anos despois de Bl¨²msdei, homenaxe a Joyce en clave de despedida -comezando pola met¨¢fora da sociedade coma "unha especie de cona con dentes de tabeir¨®n"-, Cid f¨ªa agora retallos dun suceso que azougou Vigo "entre 1973 e 1974". Non quere adiantalo, pero o libro incl¨²e entrevistas reais, reconstruci¨®n hist¨®rica e un narrador "facendo que o material lle v¨¦n do ceo".
Fala dela como faction literature, cun p¨¦ en A sangue fr¨ªo, pero non ¨¦ autor de tipolox¨ªas dram¨¢ticas. Os x¨¦neros, a filolox¨ªa e a literatura tam¨¦n son materiais literarios. Para o humor e para a ficci¨®n (ou a non ficci¨®n) en xeral: "O que me interesa ¨¦ a variaci¨®n e a imprecisi¨®n, ou a sorprendente precisi¨®n, da memoria e as diferentes perspectivas". Se Capote se documentou en directo para facer a versi¨®n literaria do asasinato dunha familia de Kansas, el renuncia de partida ao relato cl¨¢sico. "Lim¨ªtome a montar as diferentes versi¨®ns e testemu?as, de xeito semellante a Andrew Jarecki no filme Capturing the Friedmans". Doutro xeito, mencionando o traballo po¨¦tico de Robert Lowell -que tirou versos da correspondencia privada, insultos inclu¨ªdos-, tr¨¢tase outra vez de "escribir do que un co?ece e transgredir a li?a que separa a memoria real da ficcionada".
Non hai ruptura coa experimentaci¨®n, pero ¨¦ que mesturar ficci¨®n con prensa, libros e conversas "hai tempo que deixou de ser experimental". "Procuro a m¨¢xima inmersi¨®n na realidade, afast¨¢ndome da linguaxe literaria cl¨¢sica e do plan argumental onde todo encaixa". N'Unha historia..., o escritor respecta a fala da xente e as s¨²as contradici¨®ns. ? coherente coa li?a de traballo de Bl¨²msdei, di, "a¨ªnda que non o pareza". "Insiste na idea de fuxir da literatura como algo creado ¨¢ marxe da realidade inmediata, co?ecida ou documentable. Creo que ¨¢ xente inter¨¦salle cada vez m¨¢is o que podes dicir sobre algo real, pegado ao chan, que sobre os teus labirintos imaxinarios".
Hai quen afasta a Cid dunha factible Xeraci¨®n dos 90 pola s¨²a militancia pol¨ªtica ata finais dos 80, que disque transparenta na literatura. A aventura na UPG-Li?a Proletaria, logo Partido Galego do Proletariado -con Ferr¨ªn e Arias Curto-, saldouse con m¨¢is de dous anos de c¨¢rcere cando era un rapaz. Non fala diso -"est¨¢ escrito"-, mais segue sendo un autor pol¨ªtico. Falando da estratexia do PP: "Non ¨¦ certo que a maior¨ªa da poboaci¨®n vaia aceptar impasible o desprezo do galego". E m¨¢is a¨ªnda falando de literatura, das recensi¨®ns "bo¨ª?as" e dos libros de texto que querer¨ªan encaixar nun sistema literario grande: "Se tratamos o sistema literario coma un corpo enfermo, ac¨¢bao somatizando. Hai probas diso".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.