O milagre da poes¨ªa e o nepotismo iletrado
A poes¨ªa ¨¦ o gran milagre do mundo! Hai d¨ªas en que esa verdade que Lu¨ªs Pimentel repite como salmodia salvadora en Sombra do aire na herba, v¨¦n e nos visita como esa noitarega que nesgou o bosque e abaneou a noite. Abanador da noite!, di o poeta do poema que acada esa condici¨®n de milagre do mundo. Ese si que ¨¦ un mester, o da abanar a noite. E a¨ªnda m¨¢is di Pimentel nese libro que de seu termar¨ªa dunha cultura: "Non te decatas de que se moveu o silencio?".
Abaneou a noite. Moveuse o silencio.
Iso ocorreu o m¨¦rcores no Teatro Rosal¨ªa Castro. Unha convocatoria orixinal, Poes¨ªa + Ciencia, que case enche o local universal, malia ser clandestina, silenciada na maior¨ªa dos medios. A este paso as listas negras da cultura no macartismo coru?¨¦s van ter o grosor da gu¨ªa telef¨®nica. E ser¨ªa pola presenza dos perigosos Einstein e Darwin! Al¨ª estaban tam¨¦n Alfredo Ferreiro (a quen envexo o alcume xa c¨¦lebre d'O levantador de minas), Marica Docampo, Enma Couceiro, Xavier Seoane, Estibaliz Espinosa... Entre poema zen e poema cient¨ªfico, a atmosfera foi dunha Galicia c¨®smica. Mais o Rosal¨ªa Castro acadou a definitiva condici¨®n aerost¨¢tica cando Xabier D¨ªaz e Guadi Galego, con Guillerme Fern¨¢ndez ¨¢ guitarra, interpretaron o Astronauta l¨ªrico, a composici¨®n do brasileiro Vitor Ramil, esa que comeza do mellor xeito pos¨ªbel: "Vou viajar contigo essa noite...".
A Deputaci¨®n de Pontevedra aplicoulle a eutanasia ¨¢ colecci¨®n de poes¨ªa Tambo
Dic¨ªa o ?lvaro de Campos, un dos heter¨®nimos de Pessoa: "Todas as cartas de amor s?o rid¨ªculas".
-Pois n?o, senhor. Problema dele!
Hai cartas e declaraci¨®ns de amor que forman parte do milagre do mundo. E vela¨ª o Astronauta l¨ªrico, mais a¨ªnda se ¨¦ na voz de Xabier e Guadi: "Quero perder o medo da poesia / Encontrar a m¨¦trica e a l¨¢grima / Onde os caminhos se bifurcam / Flanando na miragem de um jardim / Quero sentir o vento das esquinas / Circulando a calma / do meu ¨ªntimo / Entre a poeira das palavras / Subir na tua voz em espiral / Eu, astronauta l¨ªrico em terra / Indo a teu lado, leve, pensativo...".
"Quero perder o medo da poes¨ªa", di a letra de Vitor Ramil. Quen pode ter medo hoxe da poes¨ªa e por que?
A Deputaci¨®n de Pontevedra, que preside Rafael Louz¨¢n, v¨¦n de p¨®r fin ¨¢ vida nun dos mellores ecosistemas po¨¦ticos que funcionaban en Galicia. A colecci¨®n que levaba o nome da illa pontevedresa de Tambo. Dende que se abriu no ano 2000, sa¨ªron ¨¢ luz trinta e seis libros, a maior¨ªa dunha colleita excelente. A¨ª temos obras como Par¨¢bola do incr¨¦dulo e Epicentro, de Manuel ?lvarez Torneiro, que foi finalista do premio nacional de Poes¨ªa; A rocha dos proscritos, de Ramiro Fonte; Zen invernos, de Rom¨¢n Ra?a; ou a marabilla laboriosa do libro de sonetos de Xavier Seoane, Vagar de amor e sombra. No microclima de Tambo viu a luz Oc¨¦ano e silencio, o primero libro de poemas de Ant¨®n Pati?o! A¨ª agromaron especies novas de Baixeras, Manuel Rom¨®n, Est¨ªbaliz Espinosa e Elvira Rivero. Levan o selo de Tambo d¨²as obras que esgotaron edici¨®ns e abanearon os muros da cr¨ªtica literaria hispana: En el norte hay un mar que es m¨¢s alto que el cielo, de Carlos Oroza, e El viento del desierto, de Cecilio M¨²?oz. Estes libros non ficaban amoreados nos sotos para apodrecer, como adoita pasar en moitos organismos onde se publica por orde analfab¨¦tica. Non, os libros de Tambo eran distribuidos por Galaxia e andaban vivos polas librer¨ªas.
Estamos a falar, pois, da colecci¨®n po¨¦tica m¨¢is prestixiosa feita por unha instituci¨®n p¨²blica en Galicia. Dirixida por un dos mellores max¨ªns do pa¨ªs, Lu¨ªs Rei N¨²?ez, quen fac¨ªa todo o seu traballo por amor ¨¢ arte. E por amor a arte entregaban as s¨²as obras os poetas. E por amor ¨¢ arte ilustraban as portadas os artistas, xentes da calidade de Ant¨®n Llamazares, Menchu Lamas, Moldes, Xos¨¦ Freixanes, Marta Armada, Berta C¨¢ccamo... O de amor ao arte hai que entendelo sen eufemismos: no ecosistema de Tambo, como en tantos outros que osixenan este pa¨ªs, ningu¨¦n cobraba un peso. E a¨ªnda hai mentecatos que emporcan a prensa coa leria dunha cultura de esmolantes ao estilo dos que petaban por migas de pan na porta pacega en Romance de lobos? Aqu¨ª, o que si hai ¨¦ lobos, os mellorados que andan a arrepa?ar no pazo.
O caso ¨¦ que v¨¦n de decretarse a morte de Tambo, mesmo coa aplicaci¨®n dunha eutanasia forzada a seis obras que xa estaban listas para a publicaci¨®n. Se sumamos indicios, ¨¦ evidente que non estamos ante unha decisi¨®n t¨¦cnica, sen¨®n ante outro operativo de nepotismo iletrado (saudade do "nepotismo ilustrado" que acu?ou un antecesor de Louz¨¢n!).
Sexa por nepotismo iletrado ou por aplicaci¨®n do macartismo ¨¢ galega que se est¨¢ a espallar como un virus desmemoriado, a dereita que dirixe a Deputaci¨®n de Pontevedra decidiu tam¨¦n suspender a compra de libros galegos que ti?an como principal destinatarias as bibliotecas da provincia. Falamos de 40.000 euros. Esta demouca non s¨® prexudica a unha industria galega, como ¨¦ a da edici¨®n, cos seus postos de traballo, sen¨®n que atenta contra a liberdade dos lectores que acoden aos centros p¨²blicos.
Falando de lectura, a historia que protagoniza o ex conserxe de Ribadumia e actual presidente da Deputaci¨®n est¨¢ xa moi ben reflectida no ensaio, na literatura e na poes¨ªa. Fronte ao descaugo que estas barbaries causan, talvez unhas palabras de Walter Benjamin, da s¨²a Teses sobre o concepto de Historia, poden ofrecer unha sorte de compensaci¨®n: "A nosa imaxe de felicidade est¨¢ indisolubelmente ligada coa do rescate". O rescate, esa tarefa da "memoria laboriosa". C¨®mpre rescatar Tambo, as illas e insuas onde medran os libros.
Unha desas insuas felizmente preservadas ¨¦ a da colecci¨®n Arte de Trobar, que mant¨¦n o Pen Clube Galicia co apoio de Caixanova. Un dos grandes paradoxos da Galicia de arestora ¨¦ comprobar que moitas instituci¨®ns da Administraci¨®n p¨²blica est¨¢n ocupadas por pol¨ªtica de facci¨®n, mentres outras entidades, privadas ou semip¨²blicas, seguen un rumbo moito menos prexuizoso, menos sectario e m¨¢is respectuoso coa cultura galega.
A ¨²ltima entrega de Arte de Trobar ¨¦ o poemario A ca¨ªda, de Lu¨ªs Valle (Lugo, 1977), premio Caixanova 2008. Despois de ler esta obra, hai unha raz¨®n m¨¢is, mesmo unha raz¨®n apaixonada, para comungar con Lu¨ªs Pimentel: A poes¨ªa, si, ¨¦ o gran milagre do mundo! Unha obra que abanea a noite e move o silencio. A poes¨ªa ¨¦ a boca do "m¨¢is estra?o", da soedade, mais tam¨¦n ¨¦ un xeito de refregar o gran coa pedra de mui?o da historia. O que quere dicir que un poeta, un gran poeta, como ¨¦ o caso deste mozo autor, amasa a s¨²a fari?a, e o seu sangue, con moitas outras pescudas que comparten o agora. Mais A ca¨ªda, ese arfar xeogr¨¢fico, esa paisaxe homeop¨¢tica, ese habitar con naturalidade un para¨ªso infernal, esa graf¨ªa de unllas de s¨ªlex, ese erotismo que se arrisca al¨¦n do linde carnal da linguaxe, cont¨¦n as outras po¨¦ticas, a historia da mellor historia, e leveda en algo novo.
Un bicarelo xenial. Un milagre.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.