Un certo nacionalismo a trav¨¦s dos seus textos
Un libro recolle programas do galeguismo do s¨¦culo XX
En 1918, o galeguismo definiuse por primeira vez como nacionalismo. "Tendo a Galicia todal-as caracter¨ªsticas esenciaes de nazonalidade, n¨®s, nome¨¢monos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe rexonalismo non recolle todal-as aspiraci¨®s nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas", escrib¨ªan as Irmandades da Fala reunidas en Lugo. Ao p¨¦ do documento, de t¨ªtulo Manifesto da asambleia nazonalista de Lugo, aparecen sinaturas familiares: R. Cabanillas, A.R. Castelao, V. Risco, X. Quintanilla. Nese texto arrinca O nacionalismo galego nos seus programas pol¨ªticos, que v¨¦n de editar a fundaci¨®n Galiza Sempre vencellada ao BNG e que, en palabras de Xabier Mac¨ªas, "procura dar que pensar nun intre no que o nacionalismo debe revitalizarse".
"O libro d¨¢ que pensar nun intre no que o nacionalismo debe revitalizarse"
"Sabemos que quedan documentos f¨®ra, dos centristas ou do independentismo"
O volume, coordinado pola xornalista Comba Campoy, traza unha paisaxe do movemento de emancipaci¨®n nacional galego, pero daquel que desemboca no Bloque Nacionalista Galego. "Non ¨¦ unha achega exhaustiva nin definitiva, por suposto", anota Mac¨ªas, director da fundaci¨®n editora, "pero si d¨¢ conta da corrente principal do nacionalismo, a que m¨¢is ¨¦xito e penetraci¨®n social acadou". Dos dez programas inclu¨ªdos, e quitado o das Irmandades e a Decraraci¨®n de principios do Partido Galeguista, na II Rep¨²blica, os m¨¢is pertencen ao tronco Uni¨®n do Povo Galego-Partido Socialista Galego. "Sabemos que quedan cousas f¨®ra", admite, "do independentismo ou do nacionalismo de centro". Tam¨¦n consigna o arredismo anterior a 1936 e mesmo a Dereita Galeguista que se esgaza do PG cando Castelao turra para que a organizaci¨®n se integre na Frente Popular.
Outras voces, nomeadamente Manuel Barreiro, asesor de Anxo Quintana durante o bipartito e antes militante da Esquerda Galega de Camilo Nogueira, apuntaron a ausencia da produci¨®n te¨®rica desa corrente. Os posicionamentos de Nogueira, membro da UPG e fundador do Partido Obreiro Galego nos 80, logo Unidade Galega, logo Esquerda Galega, non sempre cadraron coa traxectoria do Bloque, do que fai parte na altura de hoxe. "O nacionalismo galego ¨¦ algo m¨¢is que o BNG na actualidade ou que o BN-PG at¨¦ comezos dos 80", puntualizou, por escrito, Barreiro. Da fundaci¨®n Galiza Sempre asumen a cr¨ªtica e insisten no car¨¢cter non totalizador do libro. "No caso concreto de Nogueira", indica Xabier Mac¨ªas, "aparecen un texto no que foi un dos redactores centrais, as Medidas econ¨®micas para un programa de Goberno provisorio galego".
Entre a primeira afirmaci¨®n pol¨ªtica que excede o rexionalismo decimon¨®nico e a Declaraci¨®n de Barcelona -asinada en 1998 por BNG, PNV e CiU- media o s¨¦culo curto de Hobsbawn. "Existe un f¨ªo condutor", sinala Xabier Mac¨ªas, "a reclamaci¨®n de soberan¨ªa nacional". A vocaci¨®n universalista ou a aposta pola democracia son outros elementos com¨²ns ¨¢s escollas do libro. Do republicanismo de preguerra ao antifranquismo activo, a s¨²a militancia nunca elexiu o bando totalitario.
Pero a historia tam¨¦n se configura a base de cambios. E para Mac¨ªas hai unha diferenza fundamental entre o nacionalismo das Irmandades o BNG finisecular. "Mantendo a identidade, o nacionalismo f¨ªxose un oco irrevers¨ªbel no panorama pol¨ªtico". As Irmandades da Fala non excederon o caracter de elite e a "esperanzadora" proposta do Partido Galeguista fanouna a Guerra Civil. "Beiras sempre explica", cita Mac¨ªas, "que o nacionalismo galego viuse moitas veces obrigado a comezar de novo; distanciouse do exilio e debeu reorganizarse so a ditadura e conseguiu chegar a onde est¨¢ agora, con todos os problemas que se queira, pero sen volta atr¨¢s".
O monllo de ensa¨ªstas que contextualizan, analizan e resit¨²an os textos de O nacionalismo galego... abranxen un amplo espectro pol¨ªtico e acad¨¦mico: Justo Beramendi, Noa Rios Bergantinhos, Prudencio Viveiro, Ux¨ªo-Breog¨¢n Di¨¦guez, Xos¨¦ Ram¨®n Quintana Garrido e Manuel Anxo Fern¨¢ndez Baz. O libro, despois de percorrer as cidades galegas, se presentarase en Ponteareas o 11 de decembro.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.