No 'impasse' pol¨ªtico-literario
A sensaci¨®n de impasse que nos produce a vida pol¨ªtica galega, entre fusi¨®ns e decretazos que nin arre nin xo, afecta tam¨¦n ao ¨¢mbito literario, que semella padecer a mesma falta de entusiasmo que a nosa sociedade. Quizais o m¨¢is alentador pode atoparse desta volta no eido das traduci¨®ns, no que c¨®mpre salientar d¨²as obras de notable extensi¨®n. Por unha banda Invisible, a ¨²ltima novela de Paul Auster, un autor que conta con fans incondicionais que non se sentir¨¢n decepcionados con esta nova achega do seu escritor favorito. Ou, alomenos, non se sentir¨¢n as¨ª... ata o final, un final s¨® comprensible en clave metaf¨®rica e que canxa mal cunha narraci¨®n na que o escritor neoiorquino mestura con habelencia os elementos habituais: personaxes inquietantemente seductoras, tri¨¢ngulos amorosos e tramas metaliterarias.
- De novo a memoria
Por outra, a do Premio Novela Europea 2008, organizado polo casino de Santiago, que nesta xeira foi para A rolda nocturna da brit¨¢nica Sarah Waters. O t¨ªtulo xoga a evocar o de unha das m¨¢is c¨¦lebres teas de Rembrandt que, ao tempo, funciona como proxecci¨®n met¨¢forica das expedici¨®ns nocturnas dunha das protagonistas, condutora de ambulancias baixo os bombardeos de Londres na segunda guerra mundial. A autora manifestou que o seu obxectivo con esta novela de m¨¢is de 500 p¨¢xinas foi deitar unha nova ollada sobre ese momento hist¨®rico para revelalo como un tempo de oportunidades, no que as mulleres se v¨ªan liberadas dos convencionalismos sociais e pod¨ªan gobernar as s¨²as propias vidas. A pretensi¨®n non deixa de ser orixinal, malia as dificultades que implica tentar materializala con coherencia nun proxecto literario e, na mi?a opini¨®n, Sarah Waters consegue ofrecernos nesta novela moitas outras cousas antes ca esa mensaxe: hai personaxes engaiolantes, ambientes creados con bo pulso, intriga... pero non se acaba de ver en que beneficia a guerra a Viv, ou a Kay, ou a Helen. M¨¢is ben ao contrario. E como a autora de certo percibe que o tempo hist¨®rico se imp¨®n ¨¢ s¨²a pretensi¨®n, ten que recorrer aos personaxes para que enuncien de xeito expl¨ªcito esa s¨²a visi¨®n da ¨¦poca. Un erro propio de principiante... ou de guionista de cine metida a novelista. Tampouco se goberna ben Sarah Waters co desenvolvemento da trama cara atr¨¢s, pois a obra comeza en 1947 e remata en 1941, unha aposta arriscada, sen d¨²bida inspirada polo af¨¢n de intrigar o p¨²blico, pero que ¨¢s veces se traduce nun certo estancamento e desarticulaci¨®n dunha excelente historia, e na aparente desorientaci¨®n dunhas s¨®lidas e convincentes personaxes que int¨²o non tardaremos en ver no cine ou na TV.
A memoria segue a vertebrar moitas das nosas inquedanzas individuais e colectivas: vela¨ª a ¨²ltima obra narrativa de Xos¨¦ V¨¢zquez Pintor, M¨¢is vidas. E vela¨ª Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, da investigadora Ana Cabana, un libro que nos fai abalar entre a estupefacci¨®n e a culpabilidade e que axuda a entender como foi posible que a dictadura franquista asentase e sobrevivise tanto tempo. De cami?o, Ana Cabana demostra que o rigor historiogr¨¢fico non est¨¢ enfrontado coa capacidade divulgativa e o alento narrativo. Fan falla m¨¢is libros coma este para axudar a reconciliarnos cun pasado que, ben ¨¢ vista est¨¢, non est¨¢, nin moito menos, asimilado polo noso corpo social.
Como non pod¨ªa ser menos, a lingua, protagonista de tantos debates nos ¨²ltimos tempos, inspira non poucas das novidades bibliogr¨¢ficas destas semanas. O libro de Manuel N¨²?ez Singala En galego, por que non? ten unha clara vocaci¨®n divulgativa e did¨¢ctica, non exenta do l¨²dico, e que consegue ir m¨¢is al¨® do obxectivo concreto de derrubar os nosos prexu¨ªzos ling¨¹¨ªsticos para enfrontarnos coa evidencia do limitada e simplista que adoita ser a nosa visi¨®n do mundo; xa que logo, unha obra que pode chegar a ser unha ferramenta auxiliar valios¨ªsima nas aulas, e non s¨® nas de lingua galega. 55 mentiras sobre a lingua galega, coordenada por Henrique Costas, ¨¦ de certo unha obra de intervenci¨®n, non exenta de alento reivindicativo, que se presenta en forma de argumentario para derrubar moitos dos t¨®picos e prexu¨ªzos que alicerzan as posturas host¨ªs ¨¢ defensa e promoci¨®n do galego. En canto ¨¢ obra de Freixeiro Mato, Lingua de calidade, m¨¢is ortodoxa, ¨¦ o traballo dun fil¨®logo moi preocupado pola correcci¨®n ling¨¹¨ªstica, unha li?a de traballo que entre n¨®s conta con afervoados defensores. Quizais se os nosos gobernantes se movesen menos por curtopracismos electorais e atendesen m¨¢is ¨¢s conclusi¨®ns de investigaci¨®ns rigurosas como as recollidas no volume Diversidade ling¨¹¨ªstica e cultural no ensino de linguas, outro galo nos cantar¨ªa.
- Para os cativos
Entre as propostas espec¨ªficas para os m¨¢is cativos, pero que os adultos tam¨¦n podemos disfrutar, merece especial atenci¨®n o ¨¢lbum ilustrado Jan estivo al¨ª de Xos¨¦ A. Neira Cruz, no que o autor xoga a procurar unha nova e suxestiva interpretaci¨®n para alg¨²n dos enigmas que a¨ªnda agocha o famoso retrato do matrimonio Arnolfini pintado por Jan van Eyck. Como non pod¨ªa ser doutro xeito nunha obra deste car¨¢cter, as imaxes son tan importantes coma o texto: David Soler opta aqu¨ª por po?elas en di¨¢logo con outros cadros est¨¦tica e cronoloxicamente pr¨®ximos a O matrimonio Arnolfini. O resultado final ¨¦ unha obra estimulante, que materializa o di¨¢logo interdisciplinar e intertextual, na li?a doutras producci¨®ns extraordinarias das que dende hai uns anos tam¨¦n podemos gozar no noso idioma, como o Gran libro dos retratos de animais ou Mirar un cadro.
- A edici¨®n independente
E seguen a xermolar pequenas editoriais, a¨ªnda que non todas coa tanta ambici¨®n de profesionalidade coma 2.0 Editora, que se estrea nestes d¨ªas coa Gu¨ªa do autostopista gal¨¢ctico do ex Monty Phyton Douglas Adams, unha obra na li?a do m¨¢is c¨¢ustico humor brit¨¢nico (ao lela, non podo evitar lembrarme de Tom Sharpe) adscribible aos par¨¢metros da ciencia ficci¨®n ao servizo da s¨¢tira do noso vivir coti¨¢. 2.0 Editora aspira a ser unha empresa de servizos editoriais para o s¨¦culo XXI e por iso mesmo non descoida aspectos fundamentais da calidade do producto como ¨¦ a traduci¨®n, excelente neste caso malia as dificultades que implica o texto orixinal e que a converten en realidade nun labor de adaptaci¨®n.
Neste tempo invernizo no que a primavera, cos seus agromos de libros, xa nos tarda, agardamos con expectaci¨®n os fallos dos premios da AELG e Irmandade do Libro, esas iniciativas gremiais que paseni?o loitan por convert¨¦resen en galard¨®ns de referencia, algo que s¨® conseguir¨¢n na medida en que atinen no reco?ecemento dos valores das obras premiadas. Pero est¨¢ ben que empece a afianzarse entre n¨®s este modelo de galard¨®ns, nos que funciona menos o factor de ansiedade tan presente nos premios a obra in¨¦dita e con dotacti¨®n econ¨®mica. Por outra banda, o labor dos xurados fica nestes casos exposto ao xu¨ªzo e refrendo dos lectores, pois estes, na medida en que co?ecen previamente o corpus de premiables, poden coa s¨²a opini¨®n corroborar -ou non- a escolla dos galardoados, consolidando -ou non- o valor dos certames no mercado de bens simb¨®licos.
E mentres, agardamos a enxurrada anual das obras de ou sobre o protagonista do D¨ªa das Letras Galegas. Ata o de agora s¨® ca¨ªron unhas pingueiras: Ux¨ªo Novoneyra de Carmen Blanco, nun feituco volume tan ben editado e ilustrado que xa entra polos ollos (como ao poeta lle gustar¨ªa), ou Ux¨ªo Novoneyra revisitado de Xos¨¦ Lois Garc¨ªa. No entanto, an¨²nciase xa a creaci¨®n da en¨¦sima fundaci¨®n de escritor, desta volta a de Novoneyra. Semella que non queremos aprender nos exemplos que nos rodean do absurda que resulta tal proliferaci¨®n de micro-instituci¨®ns. E digo eu, agora que a Real Academia Galega est¨¢ a ser un punto de referencia cultural, non haber¨¢ escritores que vaian pensando en legar os seus arquivos a esa casa? ?ou ¨¢s bibliotecas universitarias? Se cadra, a Cidade da Cultura e o Arquivo Nacional (ou xa non se chama as¨ª?) poder¨ªan xogar a¨ª un papel vertebrador. Pero para iso haber¨ªa que ter claras algunhas cuesti¨®ns que o actual equipo da Conseller¨ªa de Cultura parece mesmo desco?ecer.
En fin, para sobrevivir a este dioivo que est¨¢ a caer (e non s¨® do ceo), d¨²as recomedaci¨®ns: A rocha imantada, unha colect¨¢nea de aforismos de Xavier Seoane decantados ao longo dos ¨²ltimos 25 anos, e A do vinte e un, a ¨²ltima novela de Hixinio Puentes, aventuras e intriga hist¨®rica a partes iguais para os que procuran evasi¨®n sen prescindir da calidade.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.