"Censura non hai, pero a correcci¨®n pol¨ªtica s¨¢eche polo nariz"
"Non aceptar o aburrimento, antes pechar, mellor matarse". Matarile, unha das marcas de vangarda do teatro galego, puxo isto na web para publicitar a s¨²a ¨²ltima montaxe, Cerrado por aburrimiento. E Ana Vall¨¦s (Ferrol, 1959), a fundadora canda Baltasar Pati?o, a mediados dos oitenta, dixo na Radio Galega que despois contan parar. Afirma estar cansa "do equilibrio constante na corda frouxa".
Pregunta. Primeiro di que Cerrado por aburrimiento ten que ver cun estado de ¨¢nimo, e logo fala de desfacer a compa?¨ªa. Deixa de existir Matarile?
Resposta. Estamos pensando como facelo a nivel de empresa, pero imos parar. ? o derradeiro espect¨¢culo coa actual estrutura. Aqu¨ª ningu¨¦n vive de Matarile exclusivamente. Como ¨¦ sobrevivir cando hai que p¨®r en xira a 12 persoas? ? un equilibrio constante na corda frouxa, sen perspectiva de evoluci¨®n. Aos responsables culturais non lles preocupa ter un cargo e dicirche "non te co?ecemos". Que podemos esperar deles ou da prensa?
"A demanda pol¨ªtica imp¨®n axenda, temas e comenencias"
"Un erro grande ¨¦ a cantarela de 'o meu p¨²blico non est¨¢ preparado para isto'
P. Infl¨²e o peche da Sala Gal¨¢n ou a desaparici¨®n do festival En p¨¦ de pedra?
R. Empezamos por pechar a Gal¨¢n e veu todo detr¨¢s. Am¨®sase a viabilidade do proxecto, pero as perspectivas son de involuci¨®n, e o que non se pode ¨¦ retroceder. Mellor reco?ecer o fin dun cami?o.
P. Non val a pena traballar as¨ª?
R. Cada vez imos m¨¢is por tras da demanda pol¨ªtica, en xeral, que nos imp¨®n axenda, temas e comenencias. A censura non existe, pero dir¨ªxente constantemente. O politicamente correcto s¨¢eche polo nariz. Se non tratas determinados temas, non vendes.
P. Cales?
R. Sab¨¦molo todos, d¨¢me un pouco de vergo?a dicilo. O tema da muller, calquera aniversario dos escritores que toquen. Est¨¢nse pedindo cousas para cubrir dosieres pol¨ªticos. Se tes algo para o 8 de marzo, para non sei qu¨¦ gai tam¨¦n, o aniversario que sexa. Cada vez n¨®tase m¨¢is.
P. A regresi¨®n no teatro m¨¢rcana s¨® as instituci¨®ns?
R. A min en xeral o teatro non me gusta, por estar demasiado ancorado no clasicismo. Case todo ¨¦ de museo. A m¨¢xima responsabilidade de todo ¨¦ de quen o fai, pero falo das instituci¨®ns, da prensa ou dos programadores que te?en a chave a nivel estatal. N¨®s non temos un mercado privado, todo est¨¢ en mans das instituci¨®ns. As grandes produtoras levan o grande di?eiro do ministerio, ao que n¨®s non temos acceso, con cabezas de cartel como Concha Velasco ou Ana Bel¨¦n. As obras fanse con esa caste de obxectivos.
P. O risco non ¨¦ igual para La Carnicer¨ªa ou Ang¨¦lica Liddell?
R. E oxal¨¢ houbese un cento coma eles... O problema ¨¦ que falamos de teatro e falamos de todo. Eu falo desde o meu teatro, un teatro que te?a sentido hoxe.
P. Cal ¨¦ ese teatro que ten sentido?
R. Un teatro que parta de n¨®s, non dunhas obras escritas hai tempo.
P. Nin de directores respectuosos co orixinal?
R. Nin dos que se din posuidores dese termo que ¨¦ teatro. Aos que non facemos teatro teatro, ch¨¢mannos de todas as formas: que se teatro visual, teatro-danza... Agora somos teatro-posdram¨¢tico... Pois non: eu fago teatro. Esa xente ficou amarrada ¨¢s instituci¨®ns. O que hai ¨¦ teatro antigo e teatro que se fai agora.
P. Lonxe da expresi¨®n corporal como empezaron, o descubrimento foi Pina Bausch?
R. Ningu¨¦n pode dicir que non pasou por ela... N¨®s empezamos cun taller de construci¨®n de monicreques, e o primeiro que fixemos foi aquel Oscar Wilde d'O cumpreanos da infanta.
P. Ata que punto ¨¦ tanxible a involuci¨®n respecto ao bipartito?
R. ? evidente. O m¨¢is significativo que pasara nas artes esc¨¦nicas foi a creaci¨®n do Centro Coreogr¨¢fico. Deu p¨¦ a que houbese un marco de desenvolvemento para novos creadores. Cal vai ser a soluci¨®n para eles agora, ¨¢ parte de marcharen?
P. Cando o primeiro responsable de Agadic, Miguel Mart¨ªn, puxo na mesma frase industria e creaci¨®n para anunciar o Plan das Artes Esc¨¦nicas, logo celebrado, a protesta foi case inmediata. Denunciar os impagos ¨¢s compa?¨ªas privadas tras as elecci¨®ns levou case tres meses.
R. ? que ¨¦ unha profesi¨®n a nosa onde as condici¨®ns son miserables... Tam¨¦n se protestou cando puxeron en tea de xu¨ªzo se se ¨ªa facer ou non As actas escuras, por uns meses de contrato de vintepico persoas. A min par¨¦ceme fatal que esteamos rexidos por algo que deixa de ser Igaem para se converter en Industrias Culturais, cando non hai mercado para absorber esa industria, nin en Galicia nin en Espa?a. Est¨¢ o teatro comercial a tope, e logo a miseria. De que falamos, se nos chamades industrias culturais e non temos onde vender, se v¨®s sodes compradores ¨²nicos?
P. Hai xeitos de crear tecido cultural con novas propostas esc¨¦nicas, malia a todo?
R. A m¨¢xima demostraci¨®n para min foi En p¨¦ de pedra, que chegou a medrar moit¨ªsimo. Non rebaixamos o nivel das propostas e todo se disfrutaba. Na cantarela esa de "o meu p¨²blico non est¨¢ preparado para isto" hai un erro grande. Por que filtras e te consideras por riba do teu p¨²blico? Nunca vai haber demanda se non hai unha oferta, pero se hai unha pequena oferta, o p¨²blico f¨®rmase s¨® porque non ¨¦ tonto.
P. Para o Centro Dram¨¢tico s¨® dirixiu Illa Reuni¨®n, na ¨¦poca de ?nxeles Cu?a. Moita distancia?
R. No CDG estivemos 14 anos cun director [Manuel Guede] que traballaba con persoas vencelladas a el, e o resto estabamos f¨®ra. ?nxeles supuxo unha apertura, deume pena que non continuase. Despois non houbo tempo para valoralo, a ver agora.
P. Con Guede xa se representou a Valle en castel¨¢n no teatro p¨²blico, e Cultura non desbotou a idea nada m¨¢is chegar.
R. Non te?o nada que comentar, ¨¦ que ¨¦ penoso. Pero tam¨¦n me colle nun momento vital no que examino moitas cousas. D¨ªgollo en Cerrado por aburrimiento a Xan Cejudo: parar para velo todo desde lonxe. ? o mellor para non perder a vehemencia do entusiasmo. Se seguimos enchendo para ver La casa de Bernarda Alba...
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.