Historias galegas nas mil vidas de Pessoa
Carlos Taibo publica un ensaio sobre o poeta portugu¨¦s
Un tatarav¨®, un amigo, alg¨²ns volumes da s¨²a biblioteca. Son pequenos f¨ªos que unen a Fernando Pessoa con Galicia e tecen unha relaci¨®n chea de curiosidades sobre a que se det¨¦n Carlos Taibo nun dos cap¨ªtulos da s¨²a ¨²ltima obra, adicada ao autor portugu¨¦s. V¨¦n Taibo de dar ao prelo un libro sobre o argalleiro dos heter¨®nimos baixo o aca¨ªdo t¨ªtulo dunha ilusi¨®n: Parecia n?o pisar o ch?o, co que o polit¨®logo se afasta das s¨²as tem¨¢ticas habituais para ofrecer unha mestura de ensaio e biograf¨ªa arredor do escritor.
"Atr¨¢eme de Pessoa a s¨²a renuncia ¨¢ vida por unha obra pola que s¨® ser¨ªa reco?ecido despois da s¨²a morte", sinala Taibo, quen afirma nas primeiras p¨¢xinas do libro sentirse fascinado pola figura do portugu¨¦s. O seu obxectivo con este feixe de trece ensaios breves ¨¦ ofrecer unha visi¨®n de Pessoa afastada da cr¨ªtica literaria para centrarse na dimensi¨®n humana do escritor, dende a s¨²a relaci¨®n con Of¨¦lia Queir¨®s -"o ¨²nico aspecto que parece plenamente humano en Pessoa", en palabras de Taibo- ata o devir da s¨²a rutina coti¨¢ na Lisboa de principios do s¨¦culo XX.
Alfredo Guisado, amigo do escritor, relacionouse coa Xeraci¨®n N¨®s
O tatarav¨® do autor, militar de profesi¨®n, nacera en Cando na Serra de Outes
Ser¨¢ precisamente nesta vida de caf¨¦s e literatura onde establecer¨¢ Fernando Pessoa o seu principal lazo con Galicia, a s¨²a amizade con Alfredo Guisado. Fillo de galegos emigrados a Lisboa e propietarios dun restaurante na praza do Rossio, Guisado -poeta, xornalista e pol¨ªtico-, foi un dos membros fundadores, en 1915, da revista Orpheu, fugaz voceira dunha brillante xeraci¨®n po¨¦tica da que el, falecido en 1975, ser¨ªa o ¨²ltimo supervivente.
Alfredo Guisado ¨¦ a¨ªnda, explica Taibo, "unha figura por estudar". ? s¨²a obra en portugu¨¦s, que comparte trazos literarios coa de Pessoa e outros destacados poetas do modernismo luso como S¨¢-Carneiro ou Ant¨®nio Ferro, hai que sumar a publicaci¨®n dun breve poemario escrito en galego, Xente d'a Aldea, que adicou a Castelao.
Ademais do seu papel protagonista na efervescencia vangardista da Lisboa republicana, as s¨²as continuas viaxes a Galicia levaron a Guisado a converterse, conta Taibo, no "enlace de Portugal coa Xeraci¨®n N¨®s e a intelectualidade galega de principios do s¨¦culo XX".
No ensaio ap¨²ntase a posibilidade de que Pessoa, a trav¨¦s do seu amigo, tivese lido a revista N¨®s e a Teor¨ªa do nacionalismo galego de Risco. O que si parece seguro ¨¦ que o escritor co?ec¨ªa a obra de Rosal¨ªa, e mesmo se atopou un exemplar de Follas Novas na s¨²a biblioteca. Tam¨¦n posu¨ªa Pessoa unha obra de Eduardo Dieste entre os seus libros.
As imaxinativas historias urdidas constantemente polo escritor arredor dos seus heter¨®nimos -as m¨²ltiples personalidades nas que o finxidor desdobrou a s¨²a creaci¨®n literaria- deixaron outra an¨¦cdota, recollida por Taibo, que converteu por unha vez a un deles, Alberto Caeiro, nun poeta galego.
Coa idea de enganar ao seu amigo Ant¨®nio Ferro e evitar que descubrise a verdadeira identidade tras a que se agochaba Caeiro, Pessoa ideou un encontro do seu heter¨®nimo con Alfredo Guisado. Guisado enviou ent¨®n unha carta dende Galicia na que daba conta do seu achado en Mondariz do mestre inxenuo dos heter¨®nimos pessoanos.
As¨ª de elaboradas eran as fabulaci¨®ns do poeta sobre as s¨²as vidas ficticias, un coidado que tam¨¦n aplicou ao estudo da s¨²a propia ¨¢rbore xeneal¨®xica. ? por iso polo que Taibo cre "seguro" que o escritor ti?a co?ecemento dos seus devanceiros galegos. Un dos tatarav¨®s de Pessoa por li?a materna - capit¨¢n comandante e sarxento maior graduado-, nacera, segundo varios indicios, en Cando, no concello da Serra de Outes.
O interese de Taibo recae tam¨¦n nas opini¨®ns do escritor portugu¨¦s sobre a realidade galega. Nos seus textos pol¨ªticos, Pessoa "ref¨ªrese ao que chama 'Estado natural galaico-portugu¨¦s' en varias ocasi¨®ns", subli?a, para p¨®r de manifesto que o poeta manti?a "un proxecto hist¨®rico" ao respecto.
A an¨¢lise das opini¨®ns pol¨ªticas do escritor leva a Taibo a desmontar un dos t¨®picos que pesan sobre a figura de Pessoa: "Non considero que fose un conservador, eu def¨ªnoo coma un diletante que foi republicano durante a monarqu¨ªa, mon¨¢rquico na Rep¨²blica e anarquista nun goberno autoritario".
Esta incursi¨®n na literatura non sup¨®n, entende o polit¨®logo, unha ruptura total coas s¨²as li?as de traballo anteriores. "Procuraba novas canles para estudar a condici¨®n humana e a s¨²a inserci¨®n no mundo. Ese ¨¦ o obxecto do meu estudo. E a vida de Pessoa exemplifica un cami?o moi interesante".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.