De todo como en botica
Non deixaremos de congratularnos da variedade que nos ¨²ltimos tempos caracteriza o libro galego, a¨ªnda que vaia acompa?a dunha certa perda de visibilidade da edici¨®n literaria. Pero esa variedade ¨¦ premisa b¨¢sica para ampliar a base lectora na nosa lingua, e de a¨ª que a nosa aspiraci¨®n sexa a que en galego haxa de todo, como en botica.
Unha ollada aos andeis de calquera librer¨ªa revela que esa aspiraci¨®n ¨¦ xa una realidade que acolle produtos moi diferentes, como Parir a liberdade, un libro bipolar asinado por Elvira Fente e concibido dende unha perspectiva xornal¨ªstica co obxectivo de "recoller, recompo?er e crear unha achega ¨¢ historia do feminismo en Galicia desde os primeiros anos de democracia". Para iso, a autora elabora una primeira aproximaci¨®n hist¨®rica que complementa cunha serie de entrevistas a unha decena de mulleres pioneiras do feminismo galego: esa dualidade estrutural, que o fai susceptible de lecturas diversas, ¨¦ a que me leva a cualificalo como bipolar. M¨¢is al¨¢ de quen se poida sentir agraviada polas inevitables ausencias ou desenfoques que unha obra desta natureza sempre padece, m¨¢is al¨¢ das cr¨ªticas, coma suscitaron outras contribuci¨®ns recentes ao metadiscurso sobre o feminismo galego, o certo ¨¦ que moita xente se congratula de que por fin se abordara esa tarefa que contribuir¨¢ a visualizar o labor calado de tantas galegas e, a¨ªnda m¨¢is importante, todo o que queda a¨ªnda por facer. Os debates colaterais axudar¨¢n ao rigor hist¨®rico, pero tam¨¦n deben ser valorados como un est¨ªmulo no proceso de recuperaci¨®n do espazo p¨²blico por parte das mulleres e os seus discursos.
En 'To the Wind Our Sails', poetas irlandesas traducen autoras galegas
Baixeras ofrece un texto impecable e de madurez en 'Deserto diamantino'
Nos ¨²ltimos tempos diferentes axentes culturais teiman en po?er as voces galegas en di¨¢logo coas doutras linguas, ¨¢s veces falando esoutras linguas. A profesora Manuela Palacios ¨¦ unha desas axentes, que xa promoveu no 2003 a traduci¨®n ao galego dun grupo de poetas irlandesas, e que agora se al¨ªa cunha delas, Mary O'Donnell, para afortalar a relaci¨®n entre dous sistemas literarios que presentan numerosas concomitancias. As¨ª xurde To the Winds Our Sails, una escolma de dez poetas galegas, que vai de Luz Pozo a Mar¨ªa Lado (das hist¨®ricas ¨¢s nov¨ªsimas); outras tantas poetas irlandesas enc¨¢rganse de traducir ao ingl¨¦s e ao irland¨¦s os textos das galegas. Publicado pola editorial Salmon Poetry, a obra pos¨²e, ademais do valor derivado da s¨²a utilidade como veh¨ªculo de exportaci¨®n da nosa poes¨ªa, un alto valor inmanente como antolox¨ªa.
E non podemos deixar de celebrar que por fin vaiamos facendo realidade algo que reclamamos en tantas ocasi¨®ns: que os autores de best-sellers infant¨ªs e xuven¨ªs non se vexan obrigados, pola racaner¨ªa e a incomprensi¨®n dos e das axentes literarias, a retrasar a aparici¨®n da versi¨®n galega. Non puido ser cos Harry Potter, nin coas novelas de Maite Carranza, mais semella que a cousa se vai encarreirando: que os fans de Cornelia Funke non te?an que agardar para ler Reckless en galego ¨¦ boa proba.
- Narrativa para todos os p¨²blicos. Manuel Rivas est¨¢ a presentar polo noso pa¨ªs Todo ¨¦ silencio, a s¨²a nova novela, que se abre cunha impactante frase b¨ªblica: "A boca non ¨¦ para falar. ? para calar". A partir de a¨ª, semella que tal m¨¢xima goberna a escrita de Rivas, na que impera un alt¨ªsimo nivel de sobriedade e eficacia. Todo est¨¢ pautado, todo est¨¢ medido, nada sobra. O texto imp¨®n un ritmo de lectura no que cada palabra, cada expresi¨®n, ten espazo de seu, unha densidade que c¨®mpre ponderar para deixar lugar, como na m¨²sica, ao silencio.
Todo ¨¦ silencio ¨¦ moito m¨¢is ca unha de tantas novelas de contrabando, a¨ªnda que non pasa desapercibido que o autor manexa informaci¨®n privilexiada. Acerta Rivas en demorar o desenvolvemento da trama, e ao apostar con alto risco por crear paseni?o un clima po¨¦tico que permite o lucimento duns personaxes reco?ecibles para todos n¨®s entre os que salienta Mariscal. Esta ¨¦ una desas figuras chamadas a pasar ¨¢ historia da nosa memoria colectiva, como Herbal, malia ser (ou quizais por iso mesmo) un deses personaxes nefastos que remata por seducirnos, dir¨ªa Joyce Carol Oates.
Tam¨¦n co mal como algo inherente ¨¢ condici¨®n humana nos enfronta Randea do alento, de Herta M¨¹ller, Premio Nobel de Literatura 2009 e que, como outras voces galardoadas pola Academia sueca, tam¨¦n fala en galego. Randea do alento ¨¦ un libro estarrecedor, que nos mergulla nunha realidade da que pouco se ten falado: os campos de traballo sovi¨¦ticos. Herta M¨¹ller traballa coas lembranzas alleas, espi?a dorsal da s¨²a identidade, para constru¨ªr un texto que nos atrae e nos repele a un tempo, para convidarnos a descender a un inferno que ela eleva ¨¢ categor¨ªa humana por medio dunha escrita ¨¢s veces lib¨¦rrima e transgresora como a mellor poes¨ªa, e outras ferozmente precisa. Traer ao noso idioma este asombroso e persoal¨ªsimo exercicio estil¨ªstico ¨¦ un reto do que a tradutora e (re)creadora Marga do Val sae moito m¨¢is que airosa: a versi¨®n galega ¨¦ un modelo do que deber¨ªa ser a traduci¨®n literaria e, dende xa, firme candidata a calquera premio de traduci¨®n.
Nun rexistro m¨¢is lixeiro, e para amosar que a novela policial non ¨¦ incompatible coa ambici¨®n literaria, vela¨ª o Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras. M¨¢is al¨¢ da ficci¨®n pol¨ªtica, Ameixeiras subverte determinadas convenci¨®ns da f¨®rmula para constru¨ªr un texto no que outra volta exhibe capacidade discursiva, que desta lle vale tam¨¦n para a parodiar sutil.
No cap¨ªtulo de reedici¨®ns, salienta a das Vidas post-it de Iolanda Z¨²?iga, rescatada con xustiza da colecci¨®n Abismos de Xerais para a m¨¢is can¨®nica de Narrativa. Supomos que o libro pretende servir de tarxeta de presentaci¨®n da autora, nas v¨¦speras da aparici¨®n da novela coa que ga?ou o Xerais 2010. M¨¢is al¨¢ da funci¨®n medi¨¢tica que a reedici¨®n poida ter, estas Vidas post-it mante?en intacto o seu poder de impactar a quen le, e quizais te?an as¨ª oportunidade de entrar como lectura recomendadas para a mocidade, necesitado ¨¢s veces de renovaci¨®n.
- Libros como alfaias. As¨ª, como una xoia, merece ser considerado o Deserto diamantino co que Xavier Rodr¨ªguez Baixeras obtivo o VIII Premio Caixanova de poes¨ªa. Aparentemente inspirado no contraste entre as vizosas paisaxes da rexi¨®n da Chapada Diamantina e as do ermo Sert?o, ambas no Brasil, o poeta v¨¢lese da proxecci¨®n simb¨®lica deses espazos para enfrontarnos cun presente de soidade existencial. Rematado o pasado, inexistente o futuro, os poemas falan da convicci¨®n de quen ¨¦ "rancor e nunca m¨¢is ofrenda, / ira senil, desequilibrio ag¨®nico". Implacable e impecable Baixeras neste texto de madurez, que ofrece rigor formal e s¨®lido dominio do metro.
E xa como libro obxecto, ideal para un agasallo, e froito da militancia das asociaci¨®ns galegas pro lactancia materna, Fedegalma (asociaci¨®n que agrupa moitas delas) e Galaxia recollen en Pel con pel m¨¢is de 40 fotograf¨ªas presentadas ao II concurso de fotos sobre a lactancia materna. As imaxes van acompa?adas de textos de escritores como Dores Tembr¨¢s, Iolanda Casta?o ou Rom¨¢n Ra?a. M¨¢is al¨¢ da postura que cada quen poida ter sobre a importancia do aleitar, cuesti¨®n de novo na actualidade por mor da crise econ¨®mica, a sensibilidade das imaxes e o xeitoso feit¨ªo do volume non deixan de engaiolarnos.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.