A espiral infinita do viaxeiro Ant¨®n Lamazares
O novo Museo de Pontevedra abre cunha gran exposici¨®n retrospectiva do pintor galego m¨¢is universal
Trinta anos na carreira dun artista poden parecer moitos, pero no caso de Ant¨®n Lamazares (Lal¨ªn, 1954) as cousas nunca rematan de ser o que un pode pensar cando bota unha primeira ollada. A obra do pintor con m¨¢is proxecci¨®n e presenza internacional cos que conta Galicia nestas ¨²ltimas d¨¦cadas ¨¦ tan excesiva coma el mesmo. ?s veces, cando se visita unha mostra como a que hoxe se inaugura nas novas dependencias do Museo de Pontevedra, un ten medo de quedar empequenecido pola magnitude dos cadros e pola potencia expresiva que despiden. Por¨¦n, nesta ocasi¨®n, a mostra retrospectiva dedicada ao artista de Lal¨ªn non ¨¦ tan abafante como a que puido verse hai unha d¨¦cada na Estaci¨®n Mar¨ªtima de A Coru?a.
O artista di que o seu ¨²nico obxectivo ¨¦ "ser un pintor de Altamira"
A mostra ten como novidade obras sobre papel nunca vistas ata o de agora
"Que carallo ¨¦ iso de que toda a arte ¨¦ tecnolox¨ªa?", protesta o artista
Ant¨®n Pati?o sit¨²ao como continuador da vitalidade art¨ªstica da Rep¨²blica
Daquela, a proliferaci¨®n de xigantescos cadros bifrontes (pintados polos dous lados) ameazaban f¨ªsica e psicoloxicamente ao espectador, que acababa por sentirse impotente ante tal exhibici¨®n de poder¨ªo pict¨®rico. Nesta oportunidade imos ver outro Lamazares. Seguramente o xeito tan particular que ten de converter o local en universal ¨¦ unha das cousas que fan que a s¨²a obra poida ser admirada e entendida por persoas de culturas moi diferentes. Os seus cadros poden gustar ou non, pero o que est¨¢ claro ¨¦ que te?en algo que os fan universais porque interesan a persoas de pa¨ªses e procedencias moi diferentes entre si.
"Eu vou e ve?o, como din os vellos", responde o artista cando se lle pregunta se no seu caso poden distinguirse etapas creativas. Lamazares non se caracteriza por ter ese discurso te¨®rico co que moitos artistas de hoxe tratan de seducir aos cr¨ªticos e aos incautos que deambulan polos museos na procura dunha obra que lles toque o coraz¨®n. Lamazares prefire simplemente sinalar que nalg¨²ns momentos se caracterizou polo emprego dunha figuraci¨®n expresionista e noutros pasou pola "abstracci¨®n so?adora", pero o certo ¨¦ que todo iso importa pouco porque en realidade a s¨²a aspiraci¨®n ¨¦ m¨¢is ben "ser un pintor de Altamira". O lalinense lembra as¨ª unha frase de Joan Mir¨®, quen unha vez sinalou que dende Altamira a pintura est¨¢ en decadencia.
"O mundo f¨ªxose para diante e para atr¨¢s, e eu tam¨¦n vou e ve?o sobre as mesmas cousas. En realidade o que me gustar¨ªa ¨¦ ser como a eternidade de Deus: primavera, ver¨¢n, outono, inverno, bautismo, confirmaci¨®n...". ? s¨²a maneira, as¨ª se explica Lamazares. Pero a mellor forma de entendelo ¨¦ percorrer a mostra e repasar alg¨²ns dos momentos m¨¢is destacados da s¨²a traxectoria. En Pontevedra poden verse pezas dalgunhas das series m¨¢is co?ecidas do artista coma E fai fr¨ªo no lume ou Follente Bemil, unha serie de pinturas er¨®ticas realizadas en 2002.
A exposici¨®n, que repasa as ¨²ltimas tres d¨¦cadas de traballo de Lamazares, d¨¢ algunhas pistas para atopar aspectos in¨¦ditos da s¨²a obra. O artista confesa que se puxo nas mans da comisaria, a ex directora do Centro Galego de Arte Contempor¨¢nea Gloria Moure, para que o proxecto resultase unha visi¨®n allea e persoal sobre o seu traballo ao longo de 30 anos. O resultado ¨¦ unha mostra que non pretende ser exhaustiva nin pechar perspectivas pero si que intenta afondar no universo creativo do pintor.
Unha das grandes novidades ¨¦ a presenza dunha importante cantidade de obra sobre papel que nunca fora exposta con anterioridade, e que permite ofrecer algunha luz sobre os referentes est¨¦ticos dun Lamazares que se preparaba para conquistar o mundo coas s¨²as mans. Os ecos que se perciben nesa obra sobre papel acabar¨¢n resoando con forza moitos anos despois.
Gloria Moure explica que a s¨²a intenci¨®n non ¨¦ a de facer un repaso cronol¨®xico, sen¨®n m¨¢is ben propo?er ao espectador algunhas ideas para establecer relaci¨®ns entre creaci¨®ns de diversas ¨¦pocas. "A s¨²a traxectoria art¨ªstica non ¨¦ lineal, semella debuxar unha espiral porque lle gusta retomar ideas que deixara atr¨¢s hai alg¨²n tempo", sinala. A comisaria subli?a especialmente a oportunidade que sup¨®n a mostra para ver obra in¨¦dita sobre papel que permite tirar algunhas conclusi¨®ns sobre o traballo posterior do pintor.
"Est¨¢ moi claro que Ant¨®n ¨¦ basicamente un pintor, e creo que resulta moi importante a s¨²a obra sobre papel porque nela segue sendo un pintor, pero permite apreciar a simplicidade do xesto. Poder¨ªa dicirse que a s¨²a obra sobre papel discorre de xeito paralelo ¨¢ que fai noutros materiais", apunta.
Segundo explica Moure, a exposici¨®n non procura amosar o contraste entre a obra m¨¢is mat¨¦rica de Lamazares e a levidade das pezas sobre papel. M¨¢is ben o prop¨®sito ¨¦ dar unha visi¨®n sobre a capacidade do artista de Lal¨ªn para moverse con moita desenvoltura nos l¨ªmites. Por exemplo, a idea dunha paisaxe global est¨¢ presente no conxunto da s¨²a obra pero, ao mesmo tempo, ¨¦ indubidable a supervivencia da paisaxe rural tan vencellada ¨¢s vivencias persoais do artista. Todas as obras presentes na exposici¨®n proceden de museos e colecci¨®ns particulares espa?olas, coa ¨²nica excepci¨®n dos ¨²ltimos traballos realizados no seu taller en Berl¨ªn.
O artista e te¨®rico da arte Ant¨®n Pati?o, que co?ece moi ben a obra de Lamazares, considera que o traballo do pintor lalinense ¨¦ un dos alicerces decisivos da nova pintura que nace en Galicia a finais dos anos setenta. "Coido que foi unha aportaci¨®n que representou un pulo substancial para a nosa arte, xa que recuperou nun certo xeito a vitalidade da xeraci¨®n dos renovadores nos anos da Rep¨²blica, que o dram¨¢tico par¨¦ntese da Guerra Civil fixo esmorecer ou silenciar traxicamente", sinala Pati?o, quen destaca a capacidade do lalinense para reflectir a memoria emocional das cousas, da materia, do espazo e da paisaxe.
O cr¨ªtico de arte Xos¨¦ Manuel Lens considera a Lamazares coma un artista "incuestionable" no panorama da arte peninsular dos ¨²ltimos anos e subli?a que sabe traducir en pintura a s¨²a particular historia da paisaxe coti¨¢, "unha paisaxe cambiante que almacena cores, po¨¦ticas, presenzas e memoria".
Alg¨²ns dos que o propio artista cualifica coma os seus mellores traballos e que presentou nas d¨¦cadas dos oitenta e dos noventa est¨¢n presentes na exposici¨®n. A mestr¨ªa do pintor para combinar a rotundidade dos formatos e dos materiais empregados coa sutileza no tratamento dos temas emerxe en moitos momentos da mostra que poder¨¢ verse ata a primeira semana de maio en Pontevedra. Tampouco pode esquecerse, nin moito menos, a ampla selecci¨®n de traballos realizados na ¨²ltima d¨¦cada na que Lamazares mostrou as m¨²ltiples posibilidades que a¨ªnda ofrece a pintura para expresar coma ningunha disciplina as emoci¨®ns do artista.
"Que carallo ¨¦ iso de que toda a arte ¨¦ tecnolox¨ªa?", interr¨®gase en voz alta o artista dun xeito que semella procurar un interlocutor disposto a rebaterlle. "Hai que traballar coas mans, coas orellas, coas pernas... Con todo o que poidas", concl¨²e o pintor. Lamazares contin¨²a inmerso na s¨²a espiral creativa. E o m¨¢is probable ¨¦ que siga dando voltas para seguir sendo o mesmo. Haber¨¢ que agardar que non pase tanto tempo a vindeira ocasi¨®n para ver unha gran mostra sobre a s¨²a obra en Galicia. De calquera xeito, el non parar¨¢ de pintar e de seguro que seguir¨¢ enchendo museos cos seus cadros. Porque xa avisa que pensa vivir "ata os cen anos".
Escolma de obras
A comisaria Gloria Moure fala sobre as que ela considera pezas claves da mostra do Museo de Pontevedra
- Delantal de camposanto e c¨¢mpana (1986-92): "? unha das obras que Lamazares realiza ao longo de varios anos. A peza representa moi ben o concepto de pintura que ten o artista porque consiste nunha serie de capas que obrigan ao espectador a facer un esforzo para adivi?ar o que hai detr¨¢s de cada unha delas".
- Papeis de Nova York (1987): "Aqu¨ª o espazo do papel queda practicamente intacto. Lamazares pon o seu selo interno cunha pequena mancha ou verba que, sen embargo, d¨¢lle unha forza tremenda a cada un dos papeis".
- Manantial Rusia (1989): "Ant¨®n sempre volta atr¨¢s, non s¨® nas s¨²as inquietudes est¨¦ticas sen¨®n tam¨¦n nos artistas ou movementos que lle interesan. Aqu¨ª faise evidente a s¨²a admiraci¨®n por Malevich. Unha das cousas interesantes desta peza ¨¦ a s¨²a influenza posterior".
- Papeis de Par¨ªs (1992): "Son pezas dunha gran sutileza. O artista lim¨ªtase a deixar que a absorci¨®n da cor funcione de xeito que se forma a materia".
- Lume na fonte (2006): "Nesta serie da que en Pontevedra mostramos cinco pezas, Ant¨®n reflexiona sobre a morte coma algo que vai totalmente unido ¨¢ vida. ? algo que forma parte da tradici¨®n galega e o pintor o leva ao lenzo ¨¢ s¨²a maneira".
- Trinta ou corenta cabalos nun armario de Zibol¨¢ (2011): "E unha das pezas que realizou recentemente no seu taller de Berl¨ªn. Relacionase cunha serie de vent¨¢s realizada nos anos noventa e tam¨¦n con Manantial Rusia".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.