As mulleres asaltan o 'indie'
Son debutantes, autoed¨ªtanse, cantan en ingl¨¦s e colleitan reco?ecementos
Faise chamar Jane Joyd e acaba de protagonizar unha das sorpresas musicais do ano ¨® ser proclamada ganadora do Proxecto Demo 2011. Este concurso de maquetas, organizado polo FIB Benic¨¤ssim, ¨¦ o m¨¢is relevante da escena independente espa?ola, e a m¨²sica de Jane Joyd foi a elexida entre 700 aspirantes. Jane Joyd ¨¦ o alter ego de Elba Fern¨¢ndez, coru?esa de 29 anos que leva un par deles intentando abrirse cami?o como solista, compaxin¨¢ndoo co seu traballo como fot¨®grafa. Agora parece que chega a s¨²a quenda, e en xullo ter¨¢ a ocasi¨®n de tocar en Benic¨¤ssim, compartindo cartel con Arcade Fire, Portishead ou The Strokes.
"Para min ser¨¢ important¨ªsimo. O certame ten unha enorme repercusi¨®n, tam¨¦n a nivel internacional, con moito p¨²blico estranxeiro, pero creo que o mellor ¨¦ que me d¨¢ entrada na escena independente, onde eu non estaba valorada antes", explica esta artista, que ten polo de agora s¨® catro temas gravados pero prepara novo disco para despois do ver¨¢n. Jane Joyd ¨¦ unha artista cunha voz que transmite delicadeza e emotividade, e fai unha m¨²sica que ela mesma define como "de corte folk americano, pero no fondo moi libre".
Hai algo en com¨²n e d¨ªo Joyd: "S¨® quero facer m¨²sica e que guste"
Case no mesmo carreiro que Jane Joyd est¨¢ outra coru?esa, Cardigan Bridge, que non sen certa iron¨ªa adaptou directamente ¨® ingl¨¦s o seu nome e apelido. Cardigan Bridge non ¨¦ m¨¢is que a traduci¨®n literal de Rebeca Ponte, unha artista e comisaria de exposici¨®ns residente en Melide e que empezou a facer m¨²sica como acompa?amento das s¨²as instalaci¨®ns e as doutros artistas amigos seus. "Empecei compo?endo para as mi?as pezas, para outros amigos artistas e para desfiles de dese?adores de moda que est¨¢n empezando.Formeime en saxo e g¨²stame o jazz, e nesa li?a fun vendo un cami?o para facer os meus temas", explica a artista Cardigan Bridge. Hai uns meses autoeditou o seu primeiro traballo, oito temas en ingl¨¦s, co nome de On the windowsill. Cun estilo de m¨²sica que mestura o jazz e o folk, en pouco tempo foi reclamada para tocar abrindo a pasarela de moda 080 de Barcelona e o Fitting Room de Madrid, un par de eventos de tendencias entre os m¨¢is relevantes a nivel europeo. No ¨²ltimo ano deu m¨¢is de 30 concertos percorrendo a xeograf¨ªa espa?ola.
Cando se fala da irrupci¨®n do modelo "rapaza-con-guitarra" ¨¦ inevitable facer referencia ¨¢ corrente emerxente que desde hai uns anos sacode a escena independente espa?ola, con solistas como Alondra Bentley, Annie B. Sweet, e a abandeirada deste movimento, a madrile?a Russian Red. "Ningu¨¦n pode discutir que esta porta abriuna Russian Red, iso ¨¦ innegable. Antes todo estaba m¨¢is pechado para as mulleres compositoras. Ela abriu un cami?o nun mundo de homes e estamos empezando", explica Rebeca Ponte. A¨ªnda as¨ª, a solista que se fai chamar Cardigan Bridge advirte que "non se pode meter a todas no mesmo saco s¨® por ser mulleres e cantantes. Porque logo non temos nada que ver", opini¨®n que comparte o xornalista musical Nonito Pereira, director da edici¨®n galega da revista Mondosonoro. "Non son semellantes en nada. Vemos unha muller con guitarra e pode responder a un estereotipo, pero son estilos moi diferentes", matiza Pereira, co?ecedor da escena galega.
Adem¨¢is de seren mulleres, debutantes e cantar en ingl¨¦s, Cardigan Bridge e Jane Joyd optaron por unha v¨ªa com¨²n para gravar os seus primeiros traballos: a autoedici¨®n. "Agora a industria non arrisca, e a autoedici¨®n dache unha liberdade de datas, de traballo e de estilo. Para empezar est¨¢ ben tirar polo que ti cres. ? sacrificado economicamente, pero moi libre", explica Elba Fern¨¢ndez, que gravou nos estudios Abrigueiro os temas que acabou enviando ¨® concurso de Benic¨¤ssim. M¨¢is acostumbrada ¨¢ autoedici¨®n dos seus traballos estaba Cardigan Bridge, que adoitaba autoproducir as s¨²as m¨²sicas no mundo da arte. "F¨ªxeno como calquera cousa m¨¢is que fago, pero non pensei que fora coller esta dimensi¨®n, por iso tampouco llo ofrec¨ªn a ningu¨¦n", explica a artista coru?esa, que est¨¢ a preparar varios concertos en Nova York para a volta do ver¨¢n.
Cardigan Bridge ou Jane Joyd son d¨²as das mulleres solistas que tratan de abrirse cami?o desde Galicia, pero non as ¨²nicas. Silvia Penide segue labrando a s¨²a traxectoria, a ferrol¨¢ Olaia Pazos ¨¢brese oco coa s¨²a mestura de cabar¨¦ e onda PJ Harvey, o folk-punk de When Nalda became punk, alter ego da viguesa Helena Sestelo, ou a violinista Patricia Moon, que abre v¨ªas pr¨®ximas ¨® rock. "Agora f¨¢lase moito deste fen¨®meno de mulleres solistas na escena indie galega, pero aqu¨ª fomos por diante, porque hai catro ou cinco anos Sevigny fixo un disco magn¨ªfico", explica Nonito Pereira. En todo caso e, segundo como poida evolucionar a traxectoria destas int¨¦rpretes, Jane Joyd mostra unha declaraci¨®n de intenci¨®ns que parece com¨²n: "S¨® te?o intenci¨®n de facer m¨²sica e de que guste. E despois xa se ver¨¢".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.