O mundo dende outras perspectivas
Tras a invern¨ªa, as editoras foron quentando motores e preparando a enxurrada preestival de lanzamentos, que adoita estar protagonizada pola novela. As¨ª, e ao abeiro do auxe que arestora experimenta o policial, reaparece Frank Soutelo en Lume de cobiza: ao detective s¨¦ntalle ben voltar ¨¢ terra e Miguel Anxo Fern¨¢ndez tira bo proveito da especulaci¨®n inmobiliaria como cerne dunha trama constru¨ªda e desenvolta con eficacia. No trasfondo, a Galicia arrasada polo lume no ver¨¢n de 2006 d¨¦ixanos unha desacougante sensaci¨®n de dej¨¤ vu, que nos vencella coa historia e que chama pola lectura. Con estes vimbios, non ¨¦ de estra?ar que a novela chamase a atenci¨®n das xentes do cine e que vaia ser levada ¨¢s pantallas. Pola contra, o exotismo do t¨ªtulo da novela de Domingo Tabuyo, Svea k?tt (carne sueca) crea en n¨®s unhas expectativas que non se ven satisfeitas por unha trama na que tardamos en entrar, resolta de xeito precipitado e pexada por excesos de informaci¨®n propios dun novato.
A versi¨®n inglesa de Lois Pereiro, de Jonathan Dunne, ¨¦ impecable
O 'Animal abismo' de Diana Varela Pu?al ¨¦ m¨¢is ca unha revelac¨ªon
Manuel Portas sae airoso da s¨²a segunda novela, esa que a mi¨²do permite ¨¢ cr¨ªtica xulgar un primeiro acerto literario (no seu caso, a celebrada Denso recendo a salgado) como froito da casualidade. Portas demostra n'Un dedo manchado de tinta non s¨® competencia narrativa sen¨®n tam¨¦n ambici¨®n creativa, ao po?er en di¨¢logo historias e canci¨®ns, e ao rematar a novela cun pinchacarneiro metaliterario que pecha admirablemente un feixe de historias aparentemente inconexas. Unha proposta para explorarmos o lado oculto do coti¨¢, para descubrirmos o que de singular hai nas vidas que nos rodean, e unha chiscadela ao vello mito do autor demiurgo, se cadra non tan demod¨¦ como pensabamos.
E, por fin, podemos desfrutar de Agust¨ªn Fern¨¢ndez Paz nas colecci¨®ns de literatura supostamente para p¨²blicos adultos ou formados. A decisi¨®n de Xerais de inclu¨ªr Non hai noite tan longa, a nova novela do vilalb¨¦s, na emblem¨¢tica colecci¨®n Narrativa pon en cuesti¨®n de facto a artificiosidade de moitas fronteiras literarias e chama a subvertelas. Tom¨¢ndolle prestado o t¨ªtulo a Shakespeare e ao seu Macbeth, o escritor prop¨®n, a partir da inxusta atribuci¨®n dun delito no clima de enfrontamento social da posguerra, unha acaid¨ªsima reflexi¨®n sobre a memoria nas sociedades contempor¨¢neas, sobre a necesidade de co?ecermos o noso pasado e sobre o poder terap¨¦utico da xustiza. Con Mladic por fin no c¨¢rcere e con Bin Laden non se sabe moi ben onde, Non hai noite tan longa apela a nosa conciencia ¨¦tica e pode ser unha estupenda lectura familiar no ver¨¢n, desas que alimentan o debate.
- Singularidades literarias. O bo de modalidades textuais como o ensaio, a poes¨ªa ou o teatro ¨¦ que van por libre. Sendo como son x¨¦neros non comerciais, as novidades non se moven por l¨®xicas estacionais ou mercant¨ªs e poden permitirse certa ousad¨ªa. As¨ª, Ant¨®n Capel¨¢n reaparece con Seoane en Compostela e outros ensaios, un t¨ªtulo equ¨ªvoco porque a obra re¨²ne tam¨¦n textos adicados a outros autores como Celso Emilio Ferreiro ou Blanco Amor. Tan ben documentadas coma sempre, Capel¨¢n ofrece ferramentas e ¨¢ngulos novidosos para reinterpretar a nosa literatura.
A rede c¨®mplice que pelexa por po?er a nosa literatura a falar noutras linguas segue a dar froitos: nesta volta saudamos a versi¨®n inglesa de Lois Pereiro que aparece baixo ao t¨ªtulo Collected poems inaugurando a colecci¨®n Galicia classics, de Small Stations Press. Coma adoita acontecer cando asina Jonathan Dunne estamos ante un traballo impecable, tanto na calidade da traduci¨®n coma no coidado da presentaci¨®n.
Estaleiro Editora v¨¦n de publicar Um dia da minha vida de Bobby Sands. Igual que acontec¨ªa coa novela de Fern¨¢ndez Paz, arrep¨ªa a actualidade do texto. Incl¨²ese aqu¨ª o relato que Bobby Sands, militante irland¨¦s republicano, escribiu de c¨®mo era un d¨ªa calquera no c¨¢rcere de Long Kesh, no tempo en que os presos independentistas manti?an unha folga de hixiene. A seguir, eng¨¢dese o diario en 17 mensaxes que Sands conseguiu facer sa¨ªr do c¨¢rcere nas primeiras xornadas da folga de fame que o levar¨ªa ¨¢ morte. Era en Long Kesh no ano 81, pero poder¨ªa ser antonte en Abu Ghraib, ou hoxe en calquera c¨¢rcere chino. A sensibilidade, a convicci¨®n e o lirismo que manan das p¨¢xinas de Sands producen un contraste eficac¨ªsimo coa dureza do narrado. M¨¢goa que o texto apareza nunha indefinida opci¨®n ortogr¨¢fica que distancia aos receptores galegos sen conseguir cativar aos portugueses.
- Embargo de Castelao. E por continuar a aprender do pasado, non est¨¢ de m¨¢is descubrir como foi o embargo e incautaci¨®n da biblioteca de Castelao, reconstru¨ªdo polo mi¨²do por Francisco Xavier Redondo Abal. Froito dun concienzudo labor de investigaci¨®n, este Proceso a unha biblioteca que nos achega Laiovento en formato op¨²sculo poder¨ªa lerse case como un relato policial se non fose polo tr¨¢xico trasfondo no que se desenvolveu a historia. Teimudos, quedan os libros como testemu?a inapelable da talla humana e intelectual do seu propietario.
Tam¨¦n resulta grat¨ªsima a lectura do volume correspondente ¨¢ Idade Media da Historia das mulleres en Galicia en catro tomos que est¨¢ a publicar Nigratrea, co apoio da Secretar¨ªa de Igualdade da Xunta. Se todos eles son interesantes, neste caso a ¨¦poca estudada, que nos resulta relativamente co?ecida polo cine e a literatura, fai que desta obra mane un engaiolante aire de familia, pouco com¨²n nos manuais de historia. Carmen Pallares, a s¨²a autora, manexa con prudente habelencia a documentaci¨®n para que o p¨²blico profano non se sinta abouxado por ela e constr¨²e, tomando como exemplo a informaci¨®n conservada sobre as biograf¨ªas dalgunhas mulleres concretas da ¨¦poca, un convincente fresco do seu vivir coti¨¢n e da s¨²a proxecci¨®n social. M¨¢is ¨²til ca nunca, unha obra coma esta desbarata t¨®picos e revela novidades sorprendentes sobre as singularidades do mundo medieval galego. Pero tam¨¦n explica como se chegou ¨¢ situaci¨®n actual e d¨¦ixanos a todas ben claro que somos n¨®s as que temos que escribir a nosa propia historia e pelexar polo noso futuro: ningu¨¦n o vai facer por n¨®s, iso est¨¢ claro, e a Academia ven de suscribilo coas decisi¨®ns tomadas nas ¨²ltimas semanas sobre as cadeiras vacantes.
E para iso, para axudarnos a ver o mundo dende unha perspectiva diferente, est¨¢n tantas e tantas escritoras e investigadoras, de idades e intereses ben dispares. Vela¨ª Eva Moreda, quen se achega en A Veiga ¨¦ como un tempo distinto a un tema pouco aproveitado a¨ªnda na nosa literatura, e cuxo potencial int¨²en as xeraci¨®ns creadoras m¨¢is novas -no esquezamos o precedente de Xes¨²s Fraga: a emigraci¨®n galega a Europa nos sesenta. O interesante da novela de Moreda ¨¦ que pon o foco na vida das rapazas galegas no Londres daquel tempo, e a¨ªnda o ¨¦ m¨¢is o feito de que a f¨®rmula enunciativa empregada nos permita descubrir como v¨ªan esa vida -entre estupefactos e admirados- os galegos do seu entorno, pois a autora escolle como punto de vista o dun paisano da protagonista que elabora todo o seu discurso dirix¨ªndose a ela, a amiga da infancia, un personaxe no que superpo?en o pasado e o presente, Galicia e Europa, os so?os e a realidade. Ou vela¨ª as voces das poetas: a de Eva Veiga, que nos axuda a entender e aceptar a morte, a ausencia e a memoria en A frecha azul do teixo; a de Mar¨ªa Rosendo Priegue, que nos anima en N¨®made a asumir unha identidade aberta e en constante evoluci¨®n. E c¨®mpre seguirlle a pista a Diana Varela Pu?al: o seu Animal abismo ¨¦ xa moito m¨¢is que unha obra revelaci¨®n.
Po?¨¢moslle o ramo a estas li?as con dous libros ben singulares. Coci?ando ao p¨¦ da letra ¨¦ un achegamento ¨¢ arte culinaria realizado por non gastr¨®nomos profesionais sen¨®n por artistas da palabra: o olfacto inquedo de Yolanda Casta?o argalla para n¨®s un men¨² complet¨ªsimo con m¨¢is de 20 pratos, cada un presentado da man dun escritor ou escritora galega. Da sinxeleza dun bocata ou unha tortilla de patacas ¨¢ sofisticaci¨®n dun peixe sapo en prebe de avel¨¢s e alvari?o, ou ao alarde t¨¦cnico dunha empanada de millo de croques. Como compango, a literatura, as pequenas historias que acompa?an este men¨², e as fotos de Andrea Costas, que nos deixan de sorprendernos por seductoras (que fermosa est¨¢ Lupe G¨®mez!) ou simplemente polo seu vigor pl¨¢stico.
E se algu¨¦n coidaba que o tsunami Lois Pereiro xa devalaba, Jacobo Fern¨¢ndez Serrano perm¨ªtenos velo dende unha perspectiva diferente e pouco habitual en Lois Pereiro. Breve encontro. Definido polo autor como "un achegamento comiqueiro ¨¢ biograf¨ªa e ¨¢ obra do poeta", o libro partilla a condici¨®n h¨ªbrida de cl¨¢sicos como o Kafka de Robert Crumb y David Zane Marowitz, a cabalo entre a biograf¨ªa, o c¨®mic e o libro ilustrado. Unha xoia da nosa literatura, ideal para ler en familia.
Recuperar o que o atafego esqueceu
O ver¨¢n pode ser tempo de novidades, mais tam¨¦n pode ser unha boa ocasi¨®n para rescatar dos andeis aqueles textos que os atafegos do curso nos fixeron ir relegando ou esquecendo. A seguir, unha proposta de obras a recuperarmos como compa?a estival.
-1Q84, de Haruki Murakami. Se a extensi¨®n resultou nun primeiro momento desalentadora, o vagar vacacional pode ser o intre para deixarse engaiolar polos protagonistas desta novela que non deixa a ningu¨¦n indiferente.
-Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fern¨¢ndez. Policial de calidade para incondicionais do x¨¦nero; tam¨¦n para os que non o son tanto, grazas ao atra¨ªnte que pode resultar a historia e ¨¢ convincente resoluci¨®n dos personaxes.
-Exogamia 0.3, de Ram¨®n Caride: media ducia de relatos de ficci¨®n cient¨ªfica sobre temas de arestora, susceptibles de interesaren a p¨²blicos de idade diversa. Narraci¨®ns depuradas que s¨® te?en unha eiva: as 89 p¨¢xinas de que consta o libro saben a pouco!
-A poes¨ªa ¨¦ boa compa?a en ¨¦pocas de desorientaci¨®n. Baldo Ramos (A ferida de comprender) e Xo¨¢n Abeleira (As nosas sombras no xard¨ªn de Serralves) non decepcionan. As s¨²as son palabras "que abren espazos" (e cito a Ramos), versos profundos e vigorosos que alumean este tempo gris que nos toca vivir.
E para que non se esgote o pulo reivindicativo, o Indign¨¢devos! de St¨¦phane Hessel, con pr¨®logo de Manuel Rivas. Como compango, os artigos de Manuel M. Barreiro, recollidos en A nov¨ªsima dereita e n¨®s, s¨®lidas reflexi¨®ns politol¨®xicas para entendermos a vaga neocon que nos asolaga, e para sobrevivirmos a ela.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.