Novas de Kafka en Galicia
Por que o esperanzador movemento de fusi¨®n Novacaixagalicia acabou sendo o caso Novakafkagalicia?
Que pasou? Dic¨ªa o cl¨¢sico (Iglesias Corral): "Aqu¨ª pasou o que pasou". Pois non. Aqu¨ª pasou algo m¨¢is do que pasou.
A fusi¨®n das caixas en Galicia presentouse como unha oportunidade hist¨®rica. Ese facer da necesidade virtude. En tempo de crise, suma de bens e enerx¨ªas. A superaci¨®n da paranoia bipolar, o estrabismo ¨®ptico, o pro¨ªdo dermag¨®xico e outras doenzas derivadas da confrontaci¨®n norte-sur, da permanente doutrina do shock entre A Coru?a e Vigo.
Malia todas as dificultades, esa semellaba a visi¨®n m¨¢is racional. A que mellor correspond¨ªa aos intereses de pa¨ªs. Nesa ollada pod¨ªa haber moita inocencia. E c¨®ntome entre os inocentes, e mesmo entre os parvos. Mais a inocencia ten un potencial creativo, mentres que o resaibo c¨ªnico adoita ser paralizante. Verbo disto hai unha reflexi¨®n nun libro que aqu¨ª se recomenda, as Conversaciones sobre m¨²sica (editorial Acantilado, 2011), de Wilhelm Furtw?ngler, onde o m¨ªtico director de orquestra di: "Porque a inocencia, unha vez perdida, non pode recuperarse; os poderes realmente creativos s¨® o son en estado de inocencia".
Non merece o caso de 'Novakafkagalicia' unha comisi¨®n de investigaci¨®n no Parlamento?
Pasou o que pasou. E algo m¨¢is. A contaminaci¨®n do ar por todo o fracasado, todo o podrecido
Se hai algo claro agora mesmo no caso Novakakfagalicia ¨¦ que moita xente perdeu a inocencia que lle quedaba, esa inocencia equivalente a esperanza, mentres outros poucos se levaron os cartos. Est¨¢n a levalos. ? dicir. Produciuse non s¨® un espolio econ¨®mico, sen¨®n tam¨¦n dos minguados dep¨®sitos de inocencia-esperanza.
O esc¨¢ndalo das indemnizaci¨®ns estoupou esta semana. Si, pasou o que pasou, pero desta vez pasou algo m¨¢is sobre o que c¨®mpre investigar, debater e xulgar dalg¨²n xeito, se non queremos asinar o derrube moral como sociedade democr¨¢tica, e o desprestixio total dun autogoberno polo que houbo xente que deu a vida, xente que perdeu os dentes at¨¦ as enxivas.
Detectar ese algo m¨¢is que pasou e que non sabemos ¨¦ vital para reconstru¨ªr unha minima moralia e devolver unha confianza b¨¢sica ¨¢ vida p¨²blica.
Que pasou, que uso se deu dos dep¨®sitos dos centos de miles de galegos e galegas?
Que se fixo co froito laborioso de miles e miles de emigrantes, de mari?eiros, esfolando mundo adiante as mans e a vida?
Que futuro se preparou coas n¨®minas do sector p¨²blico, coas pensi¨®ns, cos aforros populares?
Agora sabemos que a resposta ¨¦ nada. O proxecto era a cobiza. O peto persoal. O poder como propiedade. Un poder na sombra, a partillalo con outras poderosas sombras.
O que nos leva a outra pregunta malfadada, mais inevit¨¢bel: Quen manda de verdade en Galicia? Quen toma, ¨¢ fin, as decisi¨®ns cruciais? Quen di arre ou xo?
? unha pregunta que deben facerse os elixidos, todos os elixidos, como representantes do pobo. Por certo, non ¨¦ o caso Novakafkagalicia merecente con urxencia dunha comisi¨®n de investigaci¨®n no Parlamento de Galicia e de pescuda pola fiscal¨ªa Anticorrupci¨®n? Se o Parlamento aut¨®nomo non serve para isto, para que vai servir?
A sensaci¨®n que existe na xente ¨¦ a de ter perdido pasado e futuro a un tempo.
Certo que en todas partes hai cans descalzos. Mais o que pasou aqu¨ª coa fusi¨®n das caixas en poucos meses ¨¦ tal estrago que far¨ªa sorrir por segunda vez a Apolo, el que s¨® sorriu unha vez e foi cando falou da miseria humana. Todo isto ten que servir para abrir as fiestras no Castelo galego, para que saia o fedor hist¨®rico. A mestura t¨®xica que nos ten trabados.
A ampla autonom¨ªa, propia dunha nacionalidade hist¨®rica, deber¨ªa ser xustamente un ant¨ªdoto democr¨¢tico fronte as cacicadas. Esa era a s¨²a raz¨®n de ser. Unha maior confianza entre instituci¨®ns e cidad¨¢ns. Unha sociedade m¨¢is aberta, con m¨¢is participaci¨®n, e moita m¨¢is transparencia. Xa que se fala tanto de recortes, c¨®mpre lembrar que a transparencia non costa cartos. O que arru¨ªna a un pobo ¨¦ a ocultaci¨®n.
K., o protagonista d'O castelo, ten de loitar para sobrevivir nunha atmosfera que se fai irrespir¨¢bel. Como ¨¦, que ¨¦ o que pasa no aire para causar semellante afogo?
"O aire deste lugar non est¨¢ libre de todo o frustrado e o xa madurado en demas¨ªa, que a¨ª se mesturan de forma tan mals¨¢". Quen as¨ª o describe ¨¦ Walter Benjamin, o mellor pescudador sensorial da historia, no seu estudo sobre Franz Kafka.
Non perciben unha semellanza hist¨®rica no cheiro? A mestura de todo o frustrado e do que madurou de m¨¢is, do que podreceu. Frustraci¨®n ¨¦ podremia.
Poderiamos facer un relatorio de todo o frustrado e todo o podre. Mais o que ten o caso Novakafkagalicia ¨¦ esa condici¨®n de ser a un tempo realidade frustrante e met¨¢fora podre.
Pasou o que pasou e algo m¨¢is pasou. A mestura de frustraci¨®n e podremia non chegar¨ªa tan lonxe sen o silencio.
Houbo silencios de todo tipo. Mais, en conxunto, un gran silencio. Con raras e algunhas veces valiosas e valentes excepci¨®ns. Dado o ambiente simbolicamente b¨¦lico entre N¨®rdicos e Suristas, houbo sen d¨²bida unha parte de silencio ben intencionada. Xa sabemos dos pir¨®manos profesionais e do ¨¦xito que te?en. Eses que encirran a xente, que levan d¨¦cadas producindo odio entre A Coru?a e Vigo, e logo a¨ªnda son loados e imitados.
-"? vostede da Coru?a?", d¨ªxome un d¨ªa un taxista vigu¨¦s moi emprendedor, na ¨¦poca triunfal do vazquismo. "O que nos fai falta en Vigo ¨¦ un alcalde como o que tedes v¨®s. Un como V¨¢zquez!"
-"? un artista! O ben que vos puxo os cornos!", respond¨ªn sen querer, a¨ªnda que o home entendeu a retranca.
O caso ¨¦ que esoutro silencio pacificador, de laissez-faire, laissez-passer, foi contraproducente. Un silencio provinciano, que non facilitou unha sa¨ªda operativa, imaxinativa, sen¨®n que se interpretou como permisiva indiferenza polo labor dos que ti?an a misi¨®n de fusionar e dar unha segunda vida, m¨¢is vizosa, ¨¢ entidade financeira m¨¢is importante de Galicia. Aqu¨ª hai responsabilidades moi claras, mais tam¨¦n c¨®mpre unha fonda autocr¨ªtica no noso mester de informar e opinar.
"O silencio ¨¦ a maxia do demo", escribiu o existencialista Soren Kierkegaad. E engad¨ªa: "Canto m¨¢is profundo ¨¦ o silencio, tanto m¨¢is terr¨ªbel e o demo". As¨ª que pasou o que pasou. E algo m¨¢is do que pasou. A contaminaci¨®n do ar por todo o fracasado, todo o podrecido.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.