Galicia e a moda cavernaria
O que non temos en Galicia ¨¦ moitos escritores e columnistas cavern¨ªcolas. Digo cavern¨ªcolas ao xeito que os clasifica Jos¨¦ Mar¨ªa Izquierdo na meritoria escolma Las mil frases m¨¢s feroces de la derecha de la caverna, que v¨¦n de publicar a editorial Aguilar con limiar de I?aki Gabilondo (e que onte se presentamos na Coru?a). Meritoria non polas burradas que escolma, que son m¨¦rito exclusivo dos escolmados, sen¨®n polo sacrificio oftalmol¨®xico de lelas, o risco mental de interpretalas e a¨ªnda por riba facer un hit-parade de tuzarismos. Nas nosas tradici¨®ns, hisp¨¢nicas e galaicas, haiche moita sublimitas, algunha humilitas, mais tam¨¦n unha chea de brutalitas. Este x¨¦nero sempre deu moito de si, mais inzou nos ¨²ltimos tempos. Hai tanta competencia na escola da brutalitas, que un medio provocador e sat¨ªrico como El Jueves ¨¦ hoxe un referente de moderaci¨®n nas facultades de xornalismo.
Ser¨¢ que vai ser verdade esa sentenza: "Galicia pode ser conservadora, mais non reaccionaria"
Cando estamos ante un texto ou unha obra engaiolante unha das exclamaci¨®ns que c¨®mpre facer ¨¦ a de Hemingway: "Como puido facer isto?". Mais esa exclamaci¨®n, que funciona como loanza, a de ser quen de dicir o indic¨ªbel, estamos afeitos a usala para expresar o contrario, co retint¨ªn de quen esvara nun deslice de can na beirarr¨²a e proclama coas ventas do nariz a esculcar no aire: "Como puido facer isto?".
Tam¨¦n eu digo agora: "Como puido facer isto?". E penso en Jos¨¦ Mar¨ªa Izquierdo, no seu corpo mi¨²do, os seus lentes de agrimensor de lindes, al¨ª onde os documentos de civilizaci¨®n se metamorfosean en documentos de barbarie. A aparencia fr¨¢xil e agora a dun valente Marlow que visita a Kurtz, a todos os Kurtz que ateigan os recatos da penumbra medi¨¢tica. Vexo a Izquierdo na s¨²a viaxe ao coraz¨®n da escuridade. Non un d¨ªa, sen¨®n d¨ªa tras d¨ªa, visitando a Kurtz, lendo a Kurtz, o¨ªndo a Kurtz, vendo a Kurtz, e tomando nota dese desvar¨ªo. Si, como puido facelo? Como puido volver? Como se mantivo san?
De Zapatero din que ¨¦ demo e parvo a un tempo. Iso ¨¦ un erro que un aut¨¦ntico comentarista pol¨ªtico galego nunca cometer¨ªa. Porque unha de d¨²as: ou es demo ou es parvo. Non hai demo parvo. Son incompat¨ªbeis. Cando Aznar reivindicou a figura doutro demo, Manuel Aza?a, nun aceno que hoxe semella marketing extravagante, de s¨²peto todos os seus ventr¨ªlocuos comezaron a ver no monstro republicano o estadista m¨¢is brillante. Mais a moda pasou. E Aza?a segue no lugar psicoxeogr¨¢fico onde realmente o te?en os psic¨®patas do revisionismo hist¨®rico. Enterrado al¨¦n da fronteira, no exilio, onde xace a gloria da intelixencia hispana. Pois ben. En parte, o a¨ªnda presidente Zapatero e outros foron e son destinatarios desa xenreira infinda, que seguramente ten os seus alicerces nos escrib¨¢ns da Contrarreforma e a Inquisici¨®n. Nesa tinta mollan as plumas da caverna.
Como explicar, se non, textos como os que seguen, e extra¨ªdos da escolma arrepiante de Izquierdo? Vexan unha pequena restra:
"El preocupante estado mental de Zapatero lo empecina en fosilizarse hasta un final de legislatura, de llegar al cual ha hecho cuesti¨®n de honor [...] pero no es f¨¢cil clavar la estaca en el coraz¨®n del jefe. Aunque el jefe est¨¦ muerto" (Gabriel Albiac, Abc, 15.06.2011).
"Los chorizos, proetarras y creadores de cinco millones de parados quieren retirar los restos de Franco del Valle de los Ca¨ªdos. Es dif¨ªcil imaginar m¨¢s vileza y m¨¢s af¨¢n usurpador y rencoroso por parte de tales mangantes [...] Ya advert¨ª que el canalla iluminado de La Moncloa no se iba a ir sin realizar alguna nueva fechor¨ªa. La gente honrada debe ir a La Moncloa contra ese energ¨²meno perturbado (P¨ªo Moa, blog de Libertad Digital, 14.6.2011).
"Est¨¢ claro que, tras siete a?os gobernados por este h¨ªbrido de Alicia y Atila, en Espa?a no cabe un imb¨¦cil m¨¢s" (Hermann Tertsch, Abc, 3.6.2011).
Os tres autores citados son co?ecidos dos lectores. Tam¨¦n a s¨²a traxectoria. Proceden da esquerda, da m¨¢is extrema, e agora militan na dereita, na m¨¢is estrema. Zapatero merecer¨¢ cr¨ªticas, mais non hai nada nel de energ¨²meno ou autoritario. Pola contra, ¨¦ o que se presta a levar todas as labazadas, mesmo do seu propio partido. Un Ecce Homo da pol¨ªtica. Eu, en tempos, admirei a Gabriel Albiac e o seu libro La sinagoga vac¨ªa. E agora a pregunta rep¨ªtese ante a prosa desalmada: como puido escribir algo as¨ª?
Mais os disparates citados como mostra non son excepci¨®n, sen¨®n que ducias de Kurtz toman posici¨®ns nos medios da caverna non con esp¨ªrito de xornalistas sen¨®n do escopeteiro que andaba todo o d¨ªa detr¨¢s de Bugs Bunny. Que ocorreu, que hai detr¨¢s desta metamorfose da civilizaci¨®n ¨¢ barbarie? Hai un factor curioso. ? un proceso que se d¨¢, polo menos at¨¦ o de agora, sobre todo en Madrid. De al¨ª, de medios da capital, procede o cen por cento das citas recollidas en Las mil frases m¨¢s feroces de la derecha de la caverna. Disque ¨¦ unha minor¨ªa. Ser ser¨¢ pero ¨¦ a que leva o bombo! E Madrid que deber¨ªa ser o lugar de encontro, de entendemento, ten ese aire enrarecido, ese alto ¨ªndice de poluci¨®n, producida polo tr¨¢fico, si, e mais tam¨¦n polo fedor enmofado da tipograf¨ªa cavernaria.
Madrid ¨¦, por cerna e historia, un lugar acolledor e liberal, o sitio heroico da resistencia ao invasor no XIX e ao fascismo no XX, un espazo multicultural, unha encrucillada feita de moitos cami?os, un f¨¦rtil lugar textil de moitos f¨ªos e cores. Mais tam¨¦n ¨¦ o primeiro ring do poder e o laboratorio e basti¨®n dunha "revoluci¨®n conservadora", que quere emular o reaganismo e o thatcherismo con condimentos castizos, remexidos co b¨¢culo integrista episcopal.
Hai quen fala, para xustificar esta pandemia do virus vexatorio, dunha especie de estirpe de Quevedo e apela a unha historia da arte do combate verbal e po¨¦tico. En Galicia, neste mester de p¨®r a caer dun burro, houbo a vangarda hist¨®rica dos trobeiros do escarnho e maldizer. Hab¨ªa neles un estilo, un adem¨¢n de nobreza, mesmo ¨¢ hora de p¨®r os cornos na ¨²ltima estrofa. Mais eu busco estilo neste maldizer reaccionario e o que encontras son restos de preada sil¨¢bica, palabras adestradas no odio. Ou talvez hai estilo, si. O estilo do maltrato, de quen maltrata as palabras para que elas, feridas de rancor, maltraten o mundo.
En Galicia, ¨¦ verdade, non abondan estes productores de odio. Se hai alg¨²n, non lle luce. Ser¨¢ pola humidade que vai. Ser¨¢ porque a dereita aqu¨ª ¨¦che m¨¢is ben ¨¢grafa, algo preguiceira, e xa che chega con mandar sen ter, por riba, que explicarse. Por a¨ª anda o opinador e exconselleiro Jaime Pita, con cara de anoxo cantos m¨¢is votos ten, con ese discurso enmofado do cavorco. Ser¨¢ porque somos dunha cultura de preguntas e escaleiras, un situacionismo que pon dos nervios a apod¨ªcticos e acomplexados. Ser¨¢ que somos m¨¢is tabern¨ªcolas que cavern¨ªcolas? Ser¨¢ que vai ser verdade esa sentenza: "Galicia pode ser conservadora, mais non reaccionaria". Domina unha pol¨ªtica reaccionaria, si, petrificada, pero este non ¨¦ un pa¨ªs cavern¨ªcola, nin o xornalismo caeu na tentaci¨®n da caverna, coa humidade que vai. Este nunca foi un pa¨ªs de meterse na cova, sen¨®n de izarse nos outeiros. A airear nos castros. Con vistas ao mar. Algo ¨¦ algo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.