O poeta que era un segredo
En 1980, apenas un mangado de lectores avisados sab¨ªan, ou lembraban, o poeta ?lvaro Cunqueiro. O xornalista, o narrador, o personaxe, devorara a aquel mozo afouto que se adentrara nas vangardas con Mar ao norde ((1932) ou Poemas do si e non (1933) e con Dona do corpo delgado (1950) se asomara ao abismo do tempo. "Todo ten a cor da mi?a propia voz turbada", escribe ent¨®n na Soedade primeira. Pero de cinza e carne, do mito descendido ¨¢ terra, est¨¢n compostos os textos que naquel ano do Estatuto v¨¦n luz baixo o ep¨ªgrafe Herba aqu¨ª e acol¨¢, disimulados entre as p¨¢xinas de Obra en galego completa. Poes¨ªa. Teatro (Galaxia).
"Nese tomo da obra completa descubriuse un poeta", considera o cr¨ªtico Xes¨²s Gonz¨¢lez G¨®mez, "pero a s¨²a influencia ¨¦ nula; os autores do que se chamou Xeraci¨®n dos Oitenta xa eran poetas feitos". Quen tam¨¦n recollera, por vez primeira, as traduci¨®ns de Cunqueiro en Flor de diversos opina a contram¨¢n. O consenso historiogr¨¢fico apunta ao papel chave de Herba aqu¨ª ou acol¨¢ no denominado "cambio de rumbo" da poes¨ªa galega a partir de 1976. Manuel Forcadela, ensa¨ªsta e poeta, mesmo o sit¨²a o mindoniense, nas d¨¦cadas anteriores, como o polo literario oposto ao configurado pola po¨¦tica Celso Emilio Ferreiro. "Pero Cunqueiro chegou tarde como poeta", teima Gonz¨¢lez G¨®mez, "s¨® Ferr¨ªn, quizais, pode estar influ¨ªdo por Cunqueiro, porque co?ece os poemas que, durante anos, foi publicando no Faro de Vigo".
A materia de Herba aqu¨ª ou acol¨¢ non era in¨¦dita. Os suplementos e as p¨¢xinas do xornal acolleran as composici¨®ns, por veces baixo a m¨¢scara l¨²dica do pseud¨®nimo. Mais non chamaran a atenci¨®n. "De feito, nos poetas de importancia dos oitenta", engade, "non est¨¢ Cunqueiro; ou est¨¢ en Pexegueiro, en C¨¢ccamo, en Forcadela, en Baixeras?". "O primeiro herdeiro de Cunqueiro ¨¦ o Ferr¨ªn de Con p¨®lvora e magnolias", coincide o propio Forcadela, quen investigou o escritor de Cantiga nova que se chama riveira (1933) en Di¨¢logos coa n¨¦boa e A mec¨¢nica da maxia. "Foi un xesto moi valente, pero el era un dos poucos que pod¨ªa facelo".
A convenci¨®n considera Con p¨®lvora e magnolias (1976) s¨ªntese de certo pathos melanc¨®lico e ansia pol¨ªtica revolucionaria, superaci¨®n da fase literaria chamada socialrealista e abono da l¨ªrica hexem¨®nica durante os seguintes dez ou 15 anos. E M¨¦ndez Ferr¨ªn f¨ªxoo en di¨¢logo aberto e confeso coas teses po¨¦ticas do ¨²ltimo ?lvaro Cunqueiro, ese que ideaba e promet¨ªa libros pantasma: Favor¨¢bel prisi¨®n de so?o, Retorno de Ulises, Amor ou estancia de Rosal¨ªa de Castro. "O segundo Cunqueiro", exp¨®n Forcadela, docente na Universidade de Vigo, "trata de incorporar moitas voces e os seus poemas narrativ¨ªzanse; a s¨²a po¨¦tica pasa de ter o acontecemento na linguaxe a ter o acontecemento no destino". O primeiro xogaba cos achados vangardistas, "procuraba un idiolecto propio", aguzaba un verso (Mar ao norde): "Sin que naide o soupera // houbo un intre puro / no que nada houbo".
"? fundamental para o poes¨ªa galega, en primeiro lugar por que foi o primeiro en entender a Manuel Antonio". De catro a catro estaba f¨®ra do canon cando Cunqueiro se colocou no seu esteiro no tempo da Rep¨²blica. Ese ¨¦ o primeiro apuntamento de Iago Castro Buerger, que v¨¦n de compilar con Xos¨¦-Henrique Costas a poes¨ªa posterior ¨¢ Guerra Civil do de Mondo?edo. E que coincide co do poeta Xabier Cordal: "Para o Cunqueiro novo, os versos de Manuel Antonio supo?en unha conmoci¨®n. Ao non poder seguir ese cami?o, elixe o formalismo de vangarda influ¨ªdo polo surrealismo franc¨¦s e espa?ol".
O segundo apuntamento de Castro Buerger, que "Cunqueiro sempre ¨¦ poeta, na narrativa, no teatro, no xornalismo... ¨¦ dif¨ªcil falar de x¨¦neros nun macrotexto". Pero, puntualiza, a voz at¨®paa a partir de Dona do corpo delgado, un libro que define a golpe de s¨ªmil: "? o Rubber soul da poes¨ªa de Cunqueiro: algo grande est¨¢ para botarse a andar". E o que se bota a andar ¨¦ unha poes¨ªa que pon en xogo a verdade. Na Herba aqu¨ª e acol¨¢ latexa "a grande literatura, as pulsi¨®ns das cousas que moven a escribir". Amor, morte, paso do tempo. "Se tivese que escoller alg¨²n trazo elemental", sinala, nun correo electr¨®nico, Xabier Cordal, "escoller¨ªa a carnalizaci¨®n do mito, dos deuses e da Historia, a s¨²a conversi¨®n en experiencia contada conforme ¨¢ triste medida do tempo humano".
Do tecido da poes¨ªa crepuscular de Cunqueiro desprend¨¦ronse inn¨²meros f¨ªos. Pero o astro emita unha luz case cegadora. "Penso que non existe ning¨²n poeta que sexa o seu herdeiro", afirma, categ¨®rico, Xes¨²s Gonz¨¢lez G¨®mez, "hab¨ªa que lelo e citalo, pero non estaba asumido". Negar a ansiedade da influencia, matar ao pai, detectar pegadas. Non hai cartograf¨ªa v¨¢lida por completo pero ningunha ¨¦ mentira de todo. "Ser¨ªa mellor non xulgar ningunha gran po¨¦tica polos textos epigonais", matiza Cordal, "e o que a poes¨ªa galega debe agradecer a Cunqueiro ¨¦ o seu profundo di¨¢logo coa cultura galega e coa cultura universal sen partir de complexo homologador ning¨²n".
? a independencia (literaria) da que tam¨¦n fala Iago Castro e que, ao seu ver, se converteu nunha posibilidade de lectura cando Con p¨®lvora e magnolias lexitimou para a comunidade literaria a obra serodia de Cunqueiro. Non evita citar xenealox¨ªas -"hai poemarios moi bos, como ? sombra dos pavill¨®ns de Anxo Quintela, que dialogan con el"-, pero consigna m¨¢is "seguidores e alg¨²n mal esteticista imitador". Ao cabo, non ¨¦ doado -de novo Cordal: "Tentar imitar a Cunqueiro e tratar de escapar da s¨²a completamente da s¨²a influencia deben ser dous problemas de envergadura parecida".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.