A arte da fuga
Antonte tiven oportunidade de ver na televisi¨®n outro documental sobre ?lvaro Cunqueiro. Aparec¨ªan persoas diversas a falar del e, intercalado, el mesmo nunha entrevista famosa na TVE. Unha entrevista na que voa a s¨²a arte hipn¨®tica de conversador e na que se nota que non ten secura. A secura ¨¦ esa sede que non pode aliviar a auga. Cunqueiro sente que ¨¦ unha conversa contranatura porque falta un elemento principal para a fantas¨ªa, o vi?o ao tan xenerosamente cantara. Digamos que o puritanismo da televisi¨®n daqueles anos sometera ao noso poeta ¨¢ privaci¨®n da bebida, como se pretenderan vencer por ese m¨¦todo a s¨²a vontade, como se lle quixeran facer confesar algo.
Na reportaxe que vin antonte, pola virtude da montaxe, o interrogatorio converteuse en proceso xudicial, en auto de fe. Apareciamos (si, eu tam¨¦n estaba) declarando sobre o acusado Cunqueiro e, a seguir, aparec¨ªa el defend¨¦ndose do texto anterior. Sempre coa angustia de non ter nada para beber, mentres aumentaban os indicios acusatorios ou os comentarios suspicaces. Non todos acusaban, estaban tam¨¦n as figuras do seu fillo C¨¦sar ou de Rexina Vega, que fac¨ªan defensas vehementes da figura do autor. Supetamente, apareceu na imaxe a praza da Quintana e al¨ª Cunqueiro ¨¦ asediado por un entrevistador fardado de progre da ¨¦poca: ¨®culos, barba, casaco e ollar de rapaz (de neno non, de ave de rapina). Acaba de pronunciar o delicto, grav¨ªsimo naqueles anos, do que se acusaba a Cunqueiro. O escapismo. Facer unha literatura na que a realidade desaparece debaixo do manto m¨¢xico dun ilusionista. Facer unha literartura chea de pantasmas, metamorfoses, aventuras, esplendores do pasado, contos de vellas, vampirismo, xestas heroicas, velenos, narc¨®ticos, paraugas, opios, unicornios, amores evanescentes, viaxes da ra¨ª?a Mab na s¨²a carroza de avel¨¢ polos hipot¨¢lamos do desexo, compa?as, mouros, cegui?as que len por braille, tesouros enterrados, ananas bordadoras, cabalos que falan e homes que matan nenos por orde dun rei. Aos seus cr¨ªticos todo isto non lles parec¨ªa a realidade. E a s¨²a arriscada viaxe ao fondo da mente humana, a esas paisaxes inc¨®gnitas, pareceulles a moitos, paradoxalmente, un acto de covard¨ªa.
Na entrevista da Quintana, Cunqueiro parec¨ªa ter a s¨²a paciencia esgotada, v¨ªaselle irritado, anoxado, amargurado, aborrecido, enfastiado e tocado por un tenue sentimento de superioridade, ol¨ªmpico. Nun novo esforzo por ser cort¨¦s, explicou que so?ar ou desexar, para un home, ¨¦ algo tan real como mercar tabaco ou durmir. ? verdade que a maior parte da produci¨®n literaria de Cunqueiro ¨¦ evasiva. A obra de Cunqueiro trata, como a de Bach, da arte da fuga. A arte de fuxir, de se escapar, de desaparecer, de disfrazarse, de marchar da casa, de que non nos apa?en, de non ser identificado, de zafar por pouco, de que o disparo dos gardas pase fungando a escasos cent¨ªmetros, de saltar o muro sen escorregar, de que non nos reco?ezan, de non ter que voltar, de voltar s¨® cando a saudade morde ferozmente, de entregarse, todas estas cousas que c¨®mpren para a vida real do ser humano e que non se ensinan na escola.
- Kit para levantar o voo. Para iso est¨¢ a literatura, para entregarnos mapas, roteiros, m¨¦todos para irmos a algures, modos de emprego de m¨¢quinas fabulosas e outros instrumentos para a vida diaria. Hai un escritor para cada cousa. Cunqueiro especializouse en planos de fuga. En m¨¦todos para evadirse de todo tipo de cadeas, f¨ªsicas, mentais e morais. Un t¨®pico dos filmes de guerra di que o primeiro deber de todo prisioneiro ¨¦ fuxir. A literatura de Cunqueiro facil¨ªtalle ao fuxido vocacional o kit necesario para levantar o voo, a s¨²a obra ¨¦ unha colecci¨®n de planos, de pasadizos, de horarios dos gardi¨¢ns, de palabras secretas, de bigotes postizos, de chaves duplicadas, de c¨®digos, de perfumes para confundir os cans de presa, de pasos de fronteira, de lugares a escuso con lareiras para pasar a noite, de rotas de trens de mercador¨ªas, de sherpas, de t¨²neles baixo os aramios... Dos seus libros, o que m¨¢is obviamente cumpre este labor ¨¦ Vida e fugas de Fanto Fantini, que incl¨²e entre as penitenciar¨ªas das que escapa o noso heroe unha cadea matem¨¢tica da que ten que evadirse por medio de c¨¢lculos alxebraicos. Tam¨¦n indica como abandonar as cadeas do amor, onde ¨¦ tan dif¨ªcil durmir. E as outras, onde os ladrillos non deixar ver a Deus como os homes torturan os seus irm¨¢ns.
? sorprendente que nos tempos daquela entrevista da Quintana, nos que estaban as cadeas espa?olas a rebordar de presos pol¨ªticos, se puidese considerar fr¨ªvola unha literatura que trataba insistentemente, devotamente, da arte de evadirse. Eu tam¨¦n aparec¨ªn na pantalla. Falei do de sempre. De como Sinbad lle explica ao cego Abdal¨¢ o que ¨¦ o teatro. ? unha tentativa dif¨ªcil, Abdal¨¢ ¨¦ ¨¢rabe, dunha cultura que non ten teatro e ¨¦ invidente, o que representa un obst¨¢culo para a arte esc¨¦nica. Preferir¨ªa ter falado doutra cousa, de como encontrei en Cracovia ao propio Cunqueiro estudando un pequeno unicornio no barrio xudeu, ou do d¨ªa que lles declamei aos taxistas do Meli¨¢ de Santo Domingo, evanxelistas, o poema Eu son Paltiel, fillo de Lais, e cando acabei os taxistas susurraron: palabra de deus. Por exemplo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.