Mapa e melancol¨ªa
Cunqueiro nunca utilizou as fontes literarias no seu proveito, sen¨®n no com¨²n
Pensaban os antigos que a memoria era un mapa. Non unha facultade da intelixencia humana, sen¨®n un espazo onde procurar cousas ¨²tiles e valiosas. O traballo dos escritores non consist¨ªa en reinventar o mundo. Consist¨ªa en transportar o saber com¨²n da lingua para al¨¦n do co?ecemento das persoas.
Nin tan sequera a modernidade foi quen de tronzar esta cadea. Non a crebou Bernardo de Chartres, remoto inspirador do buscador do Google: "Os modernos somos ananos que subimos ao lombo dos xigantes". De aparencia humilde, a frase ¨¦ un prodixio de soberbia. Somos pequenos en comparanza dos antigos. Pero te?en a obriga de nos levar ao lombo, por iso podemos ver mellor ca eles. Se a ?lvaro Cunqueiro lle deixasen elixir, non querer¨ªa ser o anano empoleirado, sen¨®n o xigante que non ve. A diferenza dos escritores pedantes, Cunqueiro nunca utilizou as fontes literarias no seu proveito, sen¨®n no com¨²n. Como dixera Borges de Quevedo, a s¨²a obra equivale a unha literatura. De que naci¨®n? De todas.
Igual que Eliot, tratou a Dante ou a Villon como se fosen poetas da s¨²a terra
Existe con frecuencia o prexu¨ªzo de que ¨¦ imposible dedicarse con proveito a m¨¢is dun x¨¦nero literario, pero hai tres escritores galegos que foron, simultaneamente, poderosos novelistas e grandes poetas: Rosal¨ªa de Castro, ?lvaro Cunqueiro e Xos¨¦ Lu¨ªs M¨¦ndez Ferr¨ªn. A capacidade dos tres para atravesaren as fronteiras literarias ¨¦ paralela ao seu interese por atravesar as fronteiras espaciais. Un movemento intelectual que, dalg¨²n xeito, implica un regreso ¨¢ concepci¨®n antiga da memoria como unha xeograf¨ªa imaxinaria.
Non houbo literatura do noso contexto cultural ¨¢ que Cunqueiro non estivese atento. E est¨ªvoo tam¨¦n con frecuencia a aquelas que poder¨ªan parecer ling¨¹istica ou culturalmente m¨¢is remotas, como a chinesa, a finesa ou a b¨¢ltica. Foi mestre na tentativa de volver ler en conxunto a Romania medieval. Dende logo na prosa, moi influ¨ªda pola tradici¨®n occitana e pola materia art¨²rica, mais tam¨¦n na traduci¨®n e na pr¨¢ctica da poes¨ªa. Herba aqu¨ª ou acol¨¢ constit¨²e, entre outras moitas cousas, un atlas da literatura universal de todos os lugares e de todos os tempos. Igual que T. S. Eliot, Cunqueiro trata a Dante, a Villon ou a Shakespeare como se fosen poetas da s¨²a terra.
A inmensa cultura de ?lvaro Cunqueiro non o prexudicou como escritor. Conservou sempre intactas d¨²as cualidades necesarias para que a intelixencia non afogue o talento: a capacidade emotiva e o humorismo. Compatibles, igual que en Rosal¨ªa -a quen lle dedicou o discurso que foi lido publicamente cando o enterraron- cunha intensa melancol¨ªa. Non saudade. Porque non houbo, nin na literatura dela nin na del, unha vontade expl¨ªcita de caracterizar a Galicia como se fose un mapa do desacougo. Houbo, como en Walter Benjamin, a vontade de se traducir a si mesmos e de traducir a outros a unha lingua danada. De convertir a derrota -persoal ou pol¨ªtica- en dignidade.
Na s¨²a an¨¢lise das Cr¨®nicas do Sochantre, Xo¨¢n Gonz¨¢lez Mill¨¢n demostrou dun xeito s¨®lido a necesidade de ler a literatura fant¨¢stica en clave sociol¨®xica. Con que relacionar o imaxinario se non ¨¦ co real? Fag¨¢moslle xustiza a Don ?lvaro Cunqueiro e reco?ezamos que, mesmo cando falaba doutros lugares, en realidade estaba a falar de n¨®s.
- O pasado cultural na serie Eu son... Acaso Herba aqu¨ª e acol¨¢ sexa o libro no que se amosa con m¨¢is forza a influencia e convivencia das distintas tradici¨®ns culturais europeas na obra de Cunqueiro. Este fen¨®meno resulta particularmente visible nunha serie de poemas encabezados pola f¨®rmula Eu son.... O autor demostra neles unha asimilaci¨®n moi persoal da tradici¨®n inglesa do mon¨®logo dram¨¢tico, que tal vez co?eceu de primeira man grazas ao c¨¦lebre -e a mi¨²do terxiversado- libro de Robert Langbaum The Poetry of Experience.
Os poemas da serie Eu son... abren un espazo de reflexi¨®n moi vinculado ¨¢ declaraci¨®n xudicial. Cunqueiro converte habilmente aos lectores en xu¨ªces chamados a condenar ou absolver vidas pasadas. Ao promover unha visi¨®n complexa sobre a responsabilidade ou sobre a culpa, Eu son Dagha, Eu son Paltiel, Eu son Edipo ou Eu son Danae soste?en unha defensa impl¨ªcita de cualidades como a imaxinaci¨®n ou a capacidade de se po?er no lugar do outro, reivindicadas para a pr¨¢ctica xudicial pola te¨®rica do dereito Martha Nussbaum.
Ag¨¢s no caso de Dagha, misterioso nome posiblemente vinculado ¨¢ mitolox¨ªa c¨¦ltica, os personaxes dos poemas son en principio reco?ecibles polo lector. Pero Cunqueiro pres¨¦ntaos conscientemente dislocados da s¨²a posici¨®n tradicional. Danae non ¨¦ unha rapaci?a inocente, sen¨®n unha vella tola; Edipo non ¨¦ un rei, sen¨®n unha "balugui?a de manteiga". E Paltiel non lle teme tanto ao Deus de Israel como a "pasar por cornudo". A lingua galega, a mi¨²do empregada no seu rexistro m¨¢is coloquial, non emerxe nos poemas como a lingua dun territorio, sen¨®n como o soporte dunha experiencia capaz de igualar os humanos e os deuses. En sentido inverso, poderiamos dicir tam¨¦n que o galego forma parte indisoluble da experiencia de ler estes poemas de deuses que se dirixen ¨¢s persoas, e de persoas ¨¢s que lles foi concedido o estra?o don de xulgar aos deuses.
Situadas no limiar da sociedade, a medio cami?o entre a extrema soidade e a ¨ªntima correspondencia, as voces desta serie convidan a pensar nas seguintes palabras de Enrique Dussel: "A ¨²nica esixencia ¨¦tica ¨¦ a que nos ditan os exclu¨ªdos da totalidade social: os orfos f¨®ra das familias, os pobres f¨®ra do estado do benestar, os vellos f¨®ra dunha sociedade baseada na eficiencia, os estranxeiros f¨®ra do seu pa¨ªs de orixe".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.