Valent¨ªa de escritor
A fin do terrorismo de ETA forma parte dun monte de cousas que se van, est¨¢n para ficar atr¨¢s. O terrorismo plantexa dilemas morais e vivenciais tan fortes que xeran impotencia na xente, o Pa¨ªs Vasco foi at¨¦ agora un corpo atado a un pau. Comeza agora a soltar ataduras e respirar, at¨¦ agora era dif¨ªcil al¨ª falar con liberdade. Bernardo Atxaga falou a trav¨¦s da s¨²a obra, como fala un escritor. Hai quen sabe nadar e mais gardar na roupa e hai quen cami?a no gume da faca, Bernardo sentiuse obrigado a facelo.
Nunca se nos conta a complexidade dunha violencia con tan fondas ra¨ªces na sociedade vasca. Outro dos froitos amargos do franquismo, sen ese violento r¨¦xime nacionalista espa?ol non ter¨ªa nacido esa resposta nacionalista tam¨¦n violenta. Por¨¦n, esa violencia nace dunha fonte con veas profundas entre os vascos.
Un le, por caso, que pistoleiros de ETA asasinaron a unha persoa que formaba parte dunha organizaci¨®n pac¨ªfica contraria aos terroristas e que esa persoa anos antes militara na propia ETA. Costa imaxinar os demos que se remexen nun pa¨ªs onde a xente vive cousas as¨ª, vidas adoecidas e doentes. Sen d¨²bida, un pa¨ªs de persoas torturadas. Ese lado escuro que non nos contan os medios ¨¦ para n¨®s inexplic¨¢bel, e haino que co?ecer tam¨¦n para achegarnos ao drama vasco. Iso fixo Atxaga cun sentido do deber e unha valent¨ªa in¨¦ditas.
Bernardo Atxaga ¨¦ un escritor de gran humildade, vocaci¨®n e cun gran talento. Hai vintepoucos anos, un excelente libro seu, Obabakoak, foi un gran suceso literario, iso deulle ao escritor unha boa situaci¨®n,unhas excelentes expectativas de cr¨ªtica e p¨²blico para os libros futuros. Mais no mundo cultural e literario espa?ol hai un modo particular de recibir a un escritor vasco en lingua vasca. A¨ªnda que non o digan en voz alta, os medios e os intelectuais madrile?os constatan que escribir noutra lingua que non sexa o castel¨¢n ¨¦ unha disidencia pol¨ªtica. E levan raz¨®n. A m¨¢is disto, como o conflicto vasco estivo tan presente entre todos e como foi tam¨¦n utilizado como arma na loita pol¨ªtica, a un escritor en lingua ¨¦uscara preg¨²ntanlle de primeiro por que escribe en vasco e non en castel¨¢n e a continuaci¨®n ten que xurar que ¨¦ un vasco bueno. Bernardo como cidad¨¢n mostrouse contra o terrorismo pero negouse a xurar cousa ningunha e iso foille un obst¨¢culo como escritor. Non s¨® iso, fixo o m¨¢is dif¨ªcil, unha cousa da que non hab¨ªan gustar uns nin outros, escribir sobre os habitantes dese mundo tan torturado e inquedante. Poder¨ªa seguir a ser o escritor desas deliciosas narraci¨®ns de Obabakoak ou Dous irm¨¢ns, mais entregou esforzo e anos, o ¨²nico que te?en os escritores, a escribir unha serie de novelas que foron como un desv¨ªo da s¨²a obra para explicarse e explicar aos demais esas vidas, ¨¢s que se achegou co m¨¢ximo af¨¢n de verdade.
A novela sempre ¨¦ novela hist¨®rica e un escritor escr¨ªbese a si propio e expresa tam¨¦n o esp¨ªrito do seu tempo, mais, a¨ªnda que non queira, ten un lazo coa comunidade humana de onde sae. Oxal¨¢ o novo tempo permita que afrouxe o lazo de Bernardo e lle dea liberdade.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.