F¨¢bulas, animali?os e outras vi?etas
A coru?esa Jane Joyd e os vigueses Fantasmage entregan os seus debuts
Prec¨ªsanse catro ou cinco dioptr¨ªas de mala fe para comparar a Jane Joyd con Russian Red, ou o que ¨¦ o mesmo, o proxecto musical da coru?esa Elba Fern¨¢ndez co da conservadora (sic) Lourdes Hern¨¢ndez. Talvez Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale of Her Animals(2012) axude a disipar algunhas d¨²bidas, cando menos entre os menos esc¨¦pticos da parroquia. O debut de Jane Joyd en Origami Records prop¨®n catro f¨¢bulas sonoras en apenas 17 minutos meticulosamente orquestrados, un traballo que a arreda do seu habitual e ben tra¨ªdo folk-pop austero e acristalado para probar sorte, e sacar voz, na concorrida rep¨²blica do lirismo incandescente.
Se algunha vez se cruzaron as po¨¦ticas de Russian Red e Jane Joyd tivo que ser na prehistoria da primeira, cando Lourdes Hern¨¢ndez abr¨ªa concertos para os galegos 6pm en La Iguana, baixo o seu propio nome, a soas coa guitarra, tan vulnerable que at¨¦ trem¨ªan os trastes. Algo antes de que Elba Fern¨¢ndez empezase a seducir o seu p¨²blico con canci¨®ns xigantes nun corpo pequeno e versi¨®ns atrevidas, magn¨ªficas, de Bon Iver. Iso xa ¨¦ pasado, e parece que polas d¨²as bandas. M¨¢is al¨¢ de cuesti¨®ns de clase e discurso, son mulleres e fan canci¨®ns. At¨¦ a¨ª as coincidencias.
Hai un ano que a coru?esa recibiu un discreto pasaporte para Benic¨¢ssim
Hai un ano xa que a coru?esa recibiu un discreto pasaporte para Benic¨¢ssim ¡ªe algo de atenci¨®n¡ª tras ga?ar o concurso Proyecto Demo 2011 cunha maqueta gravada en Abrigueiro (Lugo). Agora cal¨ªbrase mellor semellante comp¨¢s de espera. Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale of Her Animals ¨¦ un disco curto, unha carta de presentaci¨®n, pero ten un mundo de traballo e ambici¨®n detr¨¢s. Nada menos que 16 m¨²sicos ¨¢ parte de quen canta e o seu insepar¨¢bel Xulio V¨¢zquez, percusionista e tam¨¦n coprodutor. Ventos, cordas, teclado, baixo e coro. Un estadio en miniatura.
Os personaxes da f¨¢bula son catro: o paxaro cativo de The Cage, o cabalo sen coraz¨®n de Heartless Horse (The Disappearing Act), o peixe que xa non vai nadar m¨¢is en Dead Fish e o popular raposo que despide o ¨¢lbum con Renard Came To My House, Stole My Smile And Left Forever. Canci¨®ns vagamente narrativas embarcadas nunha monta?a rusa emocional, como aquela Beth Gibbons de Out of Season (2002) pero coa tensi¨®n arterial m¨¢is alta. A coidad¨ªsima edici¨®n do digipack, un origami con postais tam¨¦n de Elba Fern¨¢ndez, redondea o disco. Se hai que po?erlle un pero, que sexa no padal: pode chegar a resultar inofensivo, como se o sabor se dilu¨ªse tras a enxurrada inicial.
O elep¨¦ de Fantasmage estar¨¢ entre os m¨¢is notables da tempada
De Asturias chega embalado e en vinilo outro debut notable da primavera. Os vigueses Fantasmage acaban de publicar no cat¨¢logo de Discos Humeantes un magn¨ªfico ¨¢lbum hom¨®nimo que d¨¢ continuidade, e xenerosamente, ao material que xa difundiran a trav¨¦s da rede hai alg¨²ns meses. Gravados de novo por Manu G. Sanz en Tomi?o, Daniel Nicol¨¢s Ferreiro (voz e bater¨ªa, antes en Ind¨®mitos) e Andr¨¦s Mag¨¢n (ex Anenome, aqu¨ª no baixo, a voz e o dese?o da portada) cumpren co prometido nestas p¨¢xinas a mediados de xaneiro e entregan 12 cortes, entre eles os catro trallazos xa co?ecidos: Vuelta a empezar, Huesos, Metido entre las sombras e Ella es un espectro.
Ao repertorio eng¨¢dense agora outros sete cortes orixinais do d¨²o e unha deliciosa versi¨®n de Camilo Sesto, Fresas salvajes. A f¨®rmula segue a ser a mesma: canci¨®ns sucias, retrousos luminosos e moita urxencia. Garaxe, pop e punk nun corpo magro, sen espaventos nin liftings innecesarios. Historias m¨ªnimas (La bulla), actitude (Tu adicci¨®n), algo de angst (La miedosa), episodios de serie B desacougante (La familia), vi?etas de trazo groso (Cam¨¢ndula), melod¨ªas desacomplexadas (Vaciado) e un hedonismo nada posmoderno (La fiesta). Todo ao f¨ªo dos dous minutos e pico, sen perder un segundo en andr¨®menas, e cun son a¨ªnda m¨¢is cru e rugoso que na primeira maqueta. Iso si, igualmente apegado ao territorio natural de Fantasmage: o directo.
Comparados con Thee Oh Sees, a¨ªnda que definitivamente menos psicod¨¦licos e m¨¢is aplicados nas melod¨ªas e xogos de voces que os norteamericanos, os vigueses exhiben don da punter¨ªa. Facturan temas poderosamente adherentes e van moi r¨¢pido. Hai nada que se xuntaron para abrir os concertos da xira galega de Davila 666, unha tribo b¨¢rbara do underground portorrique?o, e xa poden pasear un ¨¢lbum de debut chamado a colocarse entre os m¨¢is notables da tempada, cando menos en Galicia. Axi?a circular¨¢ ademais outra referencia s¨²a, neste caso dentro dun ¨¢lbum colectivo. Fantasmage ¨¦ unha das 18 bandas que participan no segundo volume da serie Galician Bizarre, ¨¢ que lle quedan algo m¨¢is de tres semanas para reunir na plataforma de crowfunding Verkami os 2.500 euros que necesitan. Se o conseguen, os promotores lanzar¨¢n 525 copias en 12 pulgadas.
Dobre aniversario
Para empezar, festa dos "dez violentos anos xuntas" dos compostel¨¢ns Ataque Escampe, que os de Galicia es una mierda celebrar¨¢n esta noite (22.00 horas) na sala Moon de Santiago xunto a Vicky Polard e algunhas colaboraci¨®ns especiais. E para completar o arranque desta quincena de m¨²sica ao vivo, o segundo aniversario da asociaci¨®n Desconcierto Cultural. A cita, ma?¨¢ na sala Karma de Pontevedra (23.00) cos pontevedreses MLK e os vascos Lisab?. Oportunidade ¨²nica para deixarse perforar ao vivo por Animalia Lotsatuen Putzua, o quinto disco dos irundarras.
Alternativas ¨¢s efem¨¦rides tam¨¦n as hai: hoxe en Santiago p¨®dese optar por Maika Makovski e Gentle Music Men no Teatro Principal, e ma?¨¢ act¨²an Abraham Boba no auditorio municipal de Vigo, Jero Romero (ex Sunday Drivers) na compostel¨¢ sala Capitol e The Waterboys, a banda de Mike Scott, no Pazo da Cultura de Pontevedra, presentando An Appointment with Mr Yeats.
Do resto da quincena, entre outras cousas, c¨®mpre destacar a visita a Galicia de La D¨¦bil co seu recente e singular S¨¢ngrala. O 3 de maio pasar¨¢n por Lugo (Clavic¨¦mbalo), o 4 baixar¨¢n a Vigo (Mondo Club) e o 5 despediranse en Santiago (Zona C) xunto a Unicornibot. Ao d¨ªa seguinte, domingo, empeza outra liga e outra historia: o Pop & Torgal de Ourense recibe a Chuck Prophet.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.