?tica da desaparici¨®n
Vellos barquilleiros relatan o declinio da civilizaci¨®n rural e a experiencia da guerra civil no ¨²ltimo libro do poeta e fil¨®sofo Emilio Ara¨²xo
¡°Aquilo, ver as estradas cheas de xente... Despois v¨¦n Argel¨¨s-sur-Mer. Al¨ª estiven eu[¡]. Outra guerra, e xa estaban os franceses, xa alg¨²n desconfiaban, dixo eiqu¨ª imos tela. E n¨®s vi?¨¦monos para eiqu¨ª. E met¨¦ronme nun campo, en Cervera, botei vinte e catro d¨ªas, pero se botamos outros vinte e catro, morremos, de fame. Xa non hab¨ªa nada que comer. Trat¨¢ronnos mal, moi mal¡±.
O recordo nesgado dos campos de concentraci¨®n ¨¦ de Manuel Rodr¨ªguez, barquilleiro de Chandrexa. Papou a guerra con 18 anos e contoullo a Emilio Ara¨²xo en 1989. ¡°Ti?amos un inimigo que nos estaba comendo. A Guerra. Por que se meteu aquilo a un pa¨ªs a morrer? E total. E total isto. Eu te?o oitenta e cinco anos. E non fun capaz de coller un emprego toda a mi?a vida. O contrario. Inimigo. Un inimigo¡±. Isto d¨ªxollo, a¨ªnda en 2006, o tam¨¦n chandrex¨¢n Avelino Gonz¨¢lez V¨¢zquez. Son dous dos ¡°heroes an¨®nimos que Galicia elabora e que nunca nomear¨¢¡±, cuxos testemu?os, respectuosos coa fala orixinal, artellan Sombra respirada dunha reliquia (barquilleiros). O ¨²ltimo libro do fil¨®sofo, poeta e etn¨®logo ourens¨¢n contin¨²a, ¨¢ s¨²a maneira, o traballo de Mart¨ªn ?lvarez e Mar¨ªa del Carmen Paz en Barquilleiro, vendedor d?olvido, cunha idea etnol¨®xica m¨¢is arrimada ¨¢ gastronom¨ªa (?lvarez compaxina o seu traballo de profesor de hostaler¨ªa en Vilamar¨ªn coa pr¨¢ctica do vello oficio).
O de Ara¨²xo excede o ¨¢mbito antropol¨®xico, sociol¨®xico e etnogr¨¢fico. Emoci¨®n e d¨® an¨®anse sen narradores dediante, a penas aclaraci¨®ns ambulantes do autor, poes¨ªa nos intersticios que ordea os tres rexistros de Sombra¡: o relato dun oficio que a¨ªnda non desaparecera cando Ara¨²xo comezou a entrevistar xente, a agon¨ªa do rural e a narraci¨®n das vidas dos oficiantes, a maior¨ªa da gorxa do Sil ¡ªParada, nomeadamente¡ª e a vender barquillos en zona republicana cando o Golpe do 36. As¨ª d¨¢ tam¨¦n o libro, tanxencialmente, nun libro de conversaci¨®ns que interroga con criterios singulares a uns rapaces que chegaron a Madrid con 13 ou 14 anos ¡°coa m¨¢quina de sulfatar¡± ¡ªas¨ª pesaba a barquilleira¡ª ao lombo. En Sombra¡, por¨¦n, non hai reminiscencia de nostalxia, sen¨®n un intento de activar memoria e vida como formas pensantes e creadoras de lazos sociais. Ao ser peor o silencio c¨¢ morte, vencellar a idea de d¨® coa de inminencia. Algo desaparece, pero as palabras dos barquilleiros serven para constru¨ªr un espazo onde poder¨ªa xurdir algo imprevis¨ªbel.
¡°Xente moi lista, que non tiveron vida, non houbo quen os sacase, nin viron nada e naceuse e morreuse es¨ª. Eiqu¨ª ¨¦ bonito, para n¨®s m¨¢is ben nos fai triste, porque nos encontramos sen xente, estamos solitarios, que non sei como non bota mau o Estado de n¨®s e disto. O porvir do campo, malo. Selva todo. Eiqu¨ª s¨® estamos hoxe catro vellos da mi?a idade, uns poucos m¨¢is, outros poucos menos, imos morrendo e porta pechada¡± (Xulio X¨¢come V¨¢zquez. A Miranda, agosto do 1990).
¡°Eiqu¨ª s¨® estamos catro vellos da mi?a idade. Imos morrendo e porta pechada¡±
No contexto da desaparici¨®n, malia a todo, ningu¨¦n chora polo perdido. O dos barquilleiros era un oficio pobre e duro, de atravesaren comarcas a p¨¦. Mais alegre pola aventura da noite, a verbena e a emancipaci¨®n, que tende a superar a dial¨¦ctica entre amos e criados. O amo era o dono da m¨¢quina, un cilindro vermello de folla de lata cunha tapa circular onde os n¨²meros, do 1 ao 9 en d¨²as ringleiras conc¨¦ntricas con vari?as verticais onde deter a p¨²a da roda ¡ªa ruleta do barquilleiro¡ª, decid¨ªan o n¨²mero de barquillos parisi¨¦ns que levaba o xogador. Os aprendices que quer¨ªan ser barquilleiros aprend¨ªan de noite, ¨¢s agachadas, c¨®mo mesturar a auga coa fari?a, o zucre e a canela. E co amo, polo d¨ªa, a ciencia das bolas da barquilleira. S¨® escintila unha cita en Sombra respirada dunha reliquia, onde todo chega a partir do eco. As¨ª Derrida (a claridade da morte, e c¨®mo escribir dende ela) como Lautr¨¦amont (e a s¨²a paix¨®n polas matem¨¢ticas). ¡°Unha das direcci¨®ns nas que tento empuxar ¨¦ a de exemplaridade e capacidade dun oficio de supervivencia onde Galicia aportou ao mundo un esforzo mod¨¦lico", resume Ara¨²xo, aqu¨ª ao abeiro de John Berger. O ¨²nico ditado alleo en Sombra¡ ¨¦ de Manuel Antonio: ¡°Fomos ficando sos, o mar, o barco e m¨¢is n¨®s¡±. Ten unha explicaci¨®n: ¡°Iamos unha vez de noite no coche de li?a pola chaira das G¨¢ndaras, cun barquilleiro de 93 anos, o Felipe de Barxacova¡ O condutor, o Florencio de Celeir¨®s, ¨ªanos contando a s¨²a vivencia do 36 en Madrid. Tardou en saber que o c¨¢ntico UHP, UHP!, era Un¨ªos Hermanos Proletarios¡ O Florencio morreu facendo vinte viaxes, vinte traballos por aquelas estradas para sobrevivir¡±.
[¡]Cando retornou ¨¢s s¨²as casas co libro na man[¡], o autor de Cinsa no vento, que prepara agora un dicionario do Entroido de Laza, tivo que dixerir o abandono xeri¨¢trico ou a morte f¨ªsica da maior¨ªa dos entrevistados. Sen rematar as coseduras do volume que publica na s¨²a editorial non venal, Amastra-N-Gallar, tam¨¦n houbo que decidir entroutras escollas. Publicar ou non a primeira fotograf¨ªa galega co?ecida sobre un oficio de pobres? F¨ªxoo co permiso de The Hispanic Society of America. Reproducir a primeira imaxe dun barquilleiro galego, tirada por Ruth Matilda Anderson no 1924, custou 75 d¨®lares.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.