"Dame medo o papel"
Antes de Luc¨ªa Aldao chegou a voz. A s¨²a ¨¦ unha voz desfia?ada e penetrante, delicada e h¨²mida como o Me & Bobby McGee de Janis Joplin, a quen interpreta polos bares para chegar a fin de mes. Luc¨ªa Aldao (A Coru?a, 1982) leva un terzo da s¨²a vida cuspindo poemas. O seu nome circula de boca en boca pero non se consagrou a¨ªnda en ningunha lapela. No fondo, teme ao papel. Di que os seus poemas nacen da sonoridade da palabra e da intensidade das historias que narra e, talvez, enmudezan ao se tatuar na celulosa. "Hai tanta xente que me pregunta cando sacarei o libro que me sinto un pouco presionada. Estou tentando po?er orde nos poemas, darlles un corpo e unha coherencia para presentalos a un premio literario". ?E o t¨ªtulo? "Iso si que non o vou dicir. ? o ¨²nico que se desco?ece do poemario".
O rostro da poeta perdeuse durante anos nos cristais embazados de suor e humidade dos buses de Elvi?a. A li?a universitaria da Coru?a escoitou o remoer dos seus poemas e, ¨¢s veces, un frenazo a tempo sostivo no aire a li?a de fuga dun verso. Pod¨ªa ser de Luc¨ªa Aldao pero tam¨¦n das coru?esas Emma Couceiro ou Yolanda Casta?o quen, xunto a Estevo Creus ou Lu¨ªsa Castro, marcaron o seus pasos iniciais na literatura. Tam¨¦n a Velvet Underground, os Beatles, a Mandr¨¢gora, Almod¨®var ou Tim Burton. Preg¨²ntolle que ten o Nord¨¦s que zoa en Elvi?a para tanta creatividade. Ela m¨®fase: "O aburrimento. A min a facultade aburr¨ªame, por iso pasaba tanto tempo na cafeter¨ªa".
Deixouno. Logo comezou Corte e confecci¨®n e Patronaxe industrial. Preg¨²ntolle como se miden os altos de tela dos poemas, como se calibran os cent¨ªmetros das bastas, como se ama?an os setes deixados polas palabras ausentes. A poeta modista deixa de sorrir de s¨²peto. "Non o sei. Simplemente sae". Logo afirma que un poema nunca v¨¦n en anacos. "Escribir suponme un terrible exercicio de concentraci¨®n. Podo estar cismando no poema durante meses ata que un d¨ªa necesito botalo f¨®ra. Ent¨®n d¨¦ixoo sa¨ªr sen tachaduras e quedo cunha satisfacci¨®n intensa, unha sensaci¨®n f¨ªsica de baleirado. Son poemas de amor, historias que nacen das vivencias. Busco a narraci¨®n, non a evocaci¨®n. E l¨¦voo ao extremo. Son unha poeta da esaxeraci¨®n".
Da necesidade de compartir nacen os espect¨¢culos creados coa tam¨¦n poeta Mar¨ªa Lado e coa actriz Pepa Y¨¢?ez, que mesturan teatro, m¨²sica, videocreaci¨®n e poes¨ªa. "Queremos desmitificar a poes¨ªa, pero ¨¦ un exercicio m¨¢is simp¨¢tico que provocador. A nosa poes¨ªa ¨¦ moi triste en xeral. A imaxe que se deu de Rosal¨ªa non se corresponde coa s¨²a obra. Claro que interesaba as¨ª, chorona era m¨¢is d¨®cil".
Arrastrada por unha indecisi¨®n constante, Luc¨ªa Aldao multiplica o futuro. "Quero vivir de escribir. Estou facendo gui¨®ns de audiovisual e letras de canci¨®ns. Te?o moitas ganas de experimentar". O que teima en agochar ¨¦ o t¨ªtulo da s¨²a agardada ¨®pera prima no mundo editorial. A¨ªnda que, talvez, xa estea aqu¨ª.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.