Arte en tempo de cambios
Queda claro un concepto na relaci¨®n de novos artistas que actualmente traballan en Galicia, aquel que sucede na conexi¨®n co seu contexto e a estrutura cultural. Unha ¨¦poca presente de trazos esperanzadores, de cambios, moitos case silenciosos, que est¨¢n a provocar un protagonismo da arte dentro da engranaxe da cultura galega, todo, coas eivas habituais, que afectan a todos os campos da creaci¨®n. Sen nengunha d¨²bida, estamos asistindo ao asentamento dunha nova xeraci¨®n de artistas, que se diferencian dos postulados dos 80 e conforman, a¨ªnda en construci¨®n, unha das etapas m¨¢is activas da nosa historia recente.
Non podemos esquecer que Galicia viviu -e a¨ªnda vive- un achegamento fraccionado ao ritmo das infraestruturas culturais do ¨¢mbito peninsular. A esperanza da Transici¨®n, do Estatuto e a reactivaci¨®n dos anos seguintes provocou unha certa satisfacci¨®n, por intres enganosa, nos anos 90. Unha normalidade que dispuxo unha paisaxe de novas posibilidades con estruturas nas que traballar e formarse; unha realidade fac¨¦ndose, que nos serve de base seminal da actualidade. Ser¨¢n e son anos nos que se asina o apoio aos novos autores, respondendo ¨¢ necesidade de crear unha etiqueta de novidade, por outro lado sempre necesaria para pousar chanzos na evoluci¨®n das artes visuais. Asistimos, deste xeito, a unha sorte de segundo elo/escala da inicial innovaci¨®n dos 90, cunha advertida visibilidade de numerosos nomes e cruzamentos colectivos. Nesa paisaxe seguimos atopando os artistas implicados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e, de xeito paralelo, na nova xeraci¨®n de centros de arte ou na expansi¨®n das fundaci¨®ns. A mesma que convive cun novo grupo de historiadores, cr¨ªticos e comisarios, incluso con poucas pero reco?ecibles revistas de arte e portais culturais. Pero tam¨¦n son autores que advirten as carencias, que contrastan e se reco?ecen realizadores ou produtores comprometidos.
O novo artista bebe directamente dese contexto inmediato, do mesmo xeito que adopta con normalidade os novos medios e trasl¨¢dase entre disciplinas sen medo a etiquetas. Integran certames de arte ou son seleccionados nun plano expositivo en proxectos que reco?ecen as s¨²as traxectorias: desde as propostas de Novos cami?antes, Plugged unplugged ou Trompe-la-mem¨°ire, as iniciativas a longo prazo de Miradas virxes, Malas artes, Procesalia, IFI ou Latitudes at¨¦ a a¨ªnda activa Alterarte. Nesta vertente destaca o caso paradigm¨¢tico de Urbanitas, colectiva celebrada no MARCO, que serviu de bar¨®metro de fusi¨®n dos diversos elos xeracionais. E cales ser¨ªan os nomes que ilustran esta realidade cruzada? Partimos do reco?ecemento dun conxunto de autores que se presentan a mediados dos 90, ampli¨¢ndose no presente nunha n¨®mina de dif¨ªcil resumo: desde as iniciais propostas de Carme Nogueira ou Almudena Fern¨¢ndez pasando pola evoluci¨®n de ?lvaro Negro, Rub¨¦n Ramos Balsa, Rub¨¦n Santiago, Chiu Longina, Ant¨ªa Moure ou Mauro Trastoy, entre moitos outros. Uns nomes que ofrecen discursos equiparados ao pulso peninsular e europeo.
Son autores nunha realidade de cambio, que coincid¨ªu coa esperanzada alternativa pol¨ªtica, a todos os niveis, do 2005, e coa chegada de novos profesionais ¨¢ direcci¨®n de centros de arte. Nomes e relatos dun presente en construci¨®n; unha realidade que debe pasar polo di¨¢logo entre todos os axentes, o aumento de estruturas en ¨¢reas como a produci¨®n e a documentaci¨®n da actividade actual ou a imperante creaci¨®n dun centro de recursos; que se traduce en propostas como Alg-a.org, Escoitar.org, no Espazo Anexo, no esforzo dalgunhas galer¨ªas, no premio Auditorio de Galicia ou nas bases documentais de artistas realizadas desde a Deputaci¨®n de Pontevedra ou o Proxecto Edici¨®n. Mensaxe: demandar e seguir atentos, os artistas xa o est¨¢n neste tempo de cambios.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.