'Indies' galegos, vinilos checos
Novos grupos de rock e 'hip hop' do pa¨ªs imprimen os discos no Leste de Europa
A rota dos vinilos galegos pasa pola Rep¨²blica Checa. Nos ¨²ltimos anos, a febre revival deste tipo de formato levou a que decenas de grupos galegos buscasen calidade e bos prezos ¨¢ hora de fabricar os seus vinilos neste pa¨ªs. Novos grupos de Santiago, A Coru?a, Vigo ou O Grove te?en imprimido os seus vinilos en Praga, pero sen d¨²bida o n¨²cleo mais importante de adictos ao vello material at¨®pase en Ferrol, cunha morea de bandas que se agrupan arredor dun peculiar colectivo denominado La Fonogr¨¢fica General(LFG).
Desde hai dous anos, os indies desta cidade re¨²nense periodicamente coa escusa de facer unha festa e cumprir un obxectivo co di?eiro recadado: gravar singles de vinilo. "Non somos un selo discogr¨¢fico, nin unha promotora de concertos, somos unha reuni¨®n social de xente ¨¢ que lle gusta a m¨²sica e o vinilo", explica Rub¨¦n Coca, membro de Quant, unha das bandas m¨¢is activas de Ferrolterra.
A trav¨¦s desta iniciativa, LFG xa editou os singles de grupos como Bang 74, The Horthie ou Francisco Nixon, membro do grupo La Costa Brava. Na vindeira "reuni¨®n social", recadar¨¢n fondos para o vinilo doutro novo grupo ferrol¨¢n, Lost Psychotics. De cada disco fan tiradas de entre 500 e 1.000 exemplares que, logo venden nas s¨²as festas, e distrib¨²en con ¨¦xito por Internet.
"Normalmente facemos os vinilos na Rep¨²blica Checa, pero tam¨¦n ¨¦ posible facelos en Ferrol", matiza Rub¨¦n Coca. Nesta cidade, na que semella que todos est¨¢n contaxiados polo andazo do vinilo, est¨¢ a empresa Surevil, a ¨²nica de Galicia que ten unha m¨¢quina para fabricar masters, "para gravar en vinilo virxe sobre o surco", especifica o DJ Anxo F.S., fundador da empresa. "A maior¨ªa dos clientes ve?en do hip hop, porque necesitan preparar as bases en vinilo", explica o DJ ferrol¨¢n, que xa ten recibido encargos de m¨²sicos consagrados como Macaco ou La Excepci¨®n.
"A xente do hip hop precisa gravar en vinilo, para poder scratchear" explica Jevi, membro de Malandr¨®meda, unha banda compostel¨¢ que acaba de sacar Chegan tarde, un disco de catro temas cunha tirada de 275 exemplares. Ligado a varios proxectos como Non Residentz ou Juanito Broders, Jevi ¨¦ outro adicto ao vinilo e, desde hai dez anos, todos os seus proxectos acaban fabric¨¢ndose na Rep¨²blica Checa, "porque traballan ben e res¨®lvese todo por Internet". Para este m¨²sico compostel¨¢n, "o vinilo ¨¦ unha ferramenta, pero tam¨¦n ten a s¨²a parte rom¨¢ntica".
Esta parte rom¨¢ntica ¨¦ a mesma que moveu a The Phantom Keys, grupo do Grove, a tirar recentemente en vinilo 1.000 exemplares do seu single In the summer time. "Somos un grupo de onda sesenteira, gravamos o disco de xeito totalmente anal¨®xico e o mellor formato para n¨®s ¨¦ o vinilo", di o cantante Marcos Mascato. O disco deste grupo garaxeiro, est¨¢ editado polos coru?eses de El Beasto, un selo que xa ten publicado traballos de grupos como Ultracuerpos ou The Hells, todos fabricados na Rep¨²blica Checa. "En Espa?a hab¨ªa un par de f¨¢bricas, pero creo que xa nin existen, e al¨ª ¨¦ moito m¨¢is barato", indica Alberto Lodeiros, fundador de El Beasto. Lodeiros leva unha d¨¦cada no negocio e calcula que os seus vinilos "se venden nun 80% f¨®ra de Espa?a, sobre todo en Alema?a, Estados Unidos ou Australia".
Como ben sentencia Alberte, voz dos compostel¨¢ns Samesugas e fundador do selo de vinilos Lixo Urbano, "antes que nada, temos esp¨ªrito de coleccionistas".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.