Grandes, pequenos e cabr¨®ns
Algunhas televisi¨®ns anuncian programas para elixir, por votaci¨®n dos espectadores, a personaxe hist¨®rica m¨¢is importante de Espa?a, ao xeito do realizado pola Radio Televis?o Portuguesa (RTP). Os Grandes Portugueses, as¨ª se chamou o invento, est¨¢ a dar moito que falar porque o resultado foi espantoso, no dobre ou triple sentido da verba (que causa espanto e que ¨¦ asombroso ou extraordinario). A maior¨ªa dos tele-votantes (atenci¨®n a esa especie adestrada no mando a distancia!) escolleron a Antonio de Oliveira Salazar como o portugu¨¦s "m¨¢is grande" de todos os tempos, deso¨ªndo o proverbio da terra: "Falai no mau que ele sempre aparece". Oliveira foi o fundador do Estado Novo, ese eufemismo para denominar unha dictadura que durou 48 anos.
Os tele-votantes portugueses escolleron a Oliveira Salazar como o m¨¢is 'grande'
En Galicia co?ecer co?¨¦cemonos todos, mais alg¨²n desco?ecido haber¨¢, digo eu
O segundo pr¨®cer m¨¢is votado foi ?lvaro Cunhal, o l¨ªder hist¨®rico do Partido Comunista de Portugal. Polo visto neste experimento de democracia virtual, a televisi¨®n provoca unha extrema saudade ou unha saudade extremista. Mais postos a medir en grande, a diferenza neste caso ¨¦ que Oliveira foi un grande carcereiro e Cunhal un grande prisioneiro. O telespectador profesional, como xa apuntou MacLuhan, tende a ser m¨¢is conservador do que o lector de xornais. A televisi¨®n tenche algo de esot¨¦rica e a xente pensa con raz¨®n que os defuntos est¨¢n al¨ª, ¨¢ espreita, trala sebe da pantalla, a mirar o que fas. ? mellor non incomodar co mando a Oliveira, darlle cera ao defunto. E a Cunhal, unha palmadi?a: algu¨¦n ter¨¢ que loitar contra os latifundistas nos eidos da eternidade.
Salazar, Franco e o Opus Dei
Na Idade da Televisi¨®n, o caso ¨¦ ser o primeiro. Se o programa da RTP convocara a elixir O M¨¢is Pequeno ou O M¨¢is Cabr?o, pois eu penso que tam¨¦n ganar¨ªa Oliveira Salazar. O problema ser¨ªa para sa¨ªr elixido O Grande Ib¨¦rico, pois a¨ª ter¨ªa que enfrontarse coa estatura de Franco, que ademais da Escolta Moura -unha especie de Al Qaeda franquista- e da corte de cronistas botafumeiros, levaba sempre consigo un palafreneiro medidor de alturas, que lle aquelaba un tamborete debaixo dos p¨¦s ¨¢ hora de retratarse para a Historia.
Mesmo os chamados Viriatos, voluntarios portugueses no ex¨¦rcito franquista, ficaron arrepiados coa extrema crueldade do fascismo espa?ol. Un deles, o embaixador Teotonio Pereira, chegou a definir aquela Espa?a nacional, filo-nazi, como "terra perigosa". Franco e Salazar asinaron o Pacto Ib¨¦rico, mais algo desconfiaban o un do outro, como colegas autoritarios e nacionalistas que eran. Un curioso sucedido hist¨®rico: A Pide (polic¨ªa pol¨ªtica de Salazar) vixiou e infiltrou os primeiros n¨²cleos do Opus Dei en Portugal por sospeitar que eran troianos do r¨¦xime expansionista espa?ol. Mais esas anecd¨®ticas e discretas regueifas non afectaron ao fundamental: o Pacto Ib¨¦rico foi, no fondo, un pacto de sangue de d¨²as dictaduras que sobre todo odiaban o libre pensamento e o estado liberal, a¨ªnda que despois axitaran o demo comunista.
Durante a guerra, en abril de 1937, Castelao e Su¨¢rez Picallo asinaron unha unha carta dirixida a Oliveira na que denunciaban o colaboracionismo criminal do seu r¨¦xime cos golpistas alzados contra a Rep¨²blica. O illamento de Galicia convertera o territorio nun foxo mortal. Moitos galegos foron detidos pola polic¨ªa salazarista que os devolveu ¨¢s poutas dos verdugos. Aquela rexa ep¨ªstola de Castelao e o seu compa?eiro ti?a a forza dunha labazada dos mortos: "Cre vostede que os bos galegos -enloitados para sempre- poden vivir sen maldicilo? Pois n¨®s dicimoslle que vostede causou o loito de moitas familias galegas por non abrir xenerosamente as portas de Portugal. E dic¨ªmoslle m¨¢is: vostede ser¨¢ para os superviventes de Galicia algo menos ca un asasino: ser¨¢ un c¨®mplice de asasinos".
A outra cara da historia, da verdadeira grandeza hist¨®rica, estivo nas redes da resistencia portuguesa que salvaron moitas vidas galegas. E hai que rexistrar, tam¨¦n en xustiza hist¨®rica, que aquela resistencia tivo a s¨²a cerna nos compa?eiros de loita de ?lvaro Cunhal. As¨ª que c¨®mpre proclamar, en contra do c¨®mputo televisivo, que no escenario humano o segundo grande de Portugal foi ben m¨¢is grande que o primeiro. O que pasa ¨¦ que os c¨¢rceres apenas saen nos libros de historia. E menos a¨ªnda nas televisi¨®ns.
A que v¨¦n esta moda televisiva do hit-parade hist¨®rico? Das grandes tallas, XXL, da Historia? Viaxa na mesma ondada que esa literatura de cruzadas e tema santo que tanto abonda nos ¨²ltimos tempos? Que o que se entende e se espalla como ideal de grandeza hist¨®rica? Se cadra ¨¦ especular de m¨¢is, pero a min par¨¦ceme unha reacci¨®n pueril de sociedades inseguras, atrofiadas pola produci¨®n de medo. O Franklin Roosevelt dixo aquilo de que "o medo ao que temos que ter medo ¨¦ ao propio medo". A orfandade do espectador ante a cota de terror diario nos informativos, o medo desatado vai ¨¢ procura sempre de grandezas, de referentes que consideran fortes. Hai figuras t¨®picas que ofrecen ese perfil e que na pen¨ªnsula ib¨¦rica foron gravadas a cicel na cabeza de xeraci¨®ns durante anos e anos de adoutrinamento e haxiograf¨ªas de enciclopedia escolar. Algo importante falla cando hai persoas que consideran compat¨ªbel a condici¨®n de dem¨®crata ou liberal coa admiraci¨®n hist¨®rica por un dictador. Hai f¨®siles no subconsciente que ¨¢s veces rexorden cando menos o pensamos. Por exemplo, co premer dun mando ou o movemento dun dial.
Non sei se a Galega ten alg¨²n proxecto nesta li?a de ir ¨¢ procura, por votaci¨®n da audiencia, dunha Xerarqu¨ªa hist¨®rica, Os Grandes Galegos, ou algo as¨ª. Penso que ser¨ªa mellor idea ir ¨¢ descuberta d'Os Galegos Desco?ecidos. Eu ben sei que en Galicia co?ecer co?ec¨¦monos todos, mais alg¨²n desco?ecido haber¨¢, digo eu. E hai co?ecidos dos que se co?ece moi pouco, como ¨¦ o caso de Mar¨ªa Casares: a s¨²a vida dar¨ªa para unha apaixonante serie na pantalla. Verbo de grandeza hist¨®rica, pensen na rareza de que o hospital p¨²blico m¨¢is importante de Galicia, a residencia sanitaria da Coru?a, leva a¨ªnda por nome o dun xefe da Falanxe, Juan Canalejo, tendo Galicia e a propia cidade figuras extraordinarias da medicina, sobranceiras, como N¨®voa Santos ou o m¨¦dico Rodr¨ªguez, un santo laico que atendeu sen cobrar un peso as doenzas de miles de cigarreiras.
Vela¨ª un exemplo de como se entend¨ªa a grandeza hai ben poucos anos: po?er o nome dun pistoleiro ao principal lugar de curaci¨®n. E a¨ª se mant¨¦n ese hist¨®rico disparate, sen que se active un electr¨®n de vergo?a institucional.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.