A traduci¨®n perde a inocencia
As tradutoras aseguran que cambiar libros de idioma implica a ideolox¨ªa
A traduci¨®n de obras literarias pasou de se considerar un produto a concibirse como proceso. Eis a conclusi¨®n central ¨¢ que remiten, segundo as profesionais consultadas, as correntes tradutol¨®xicas contempor¨¢neas. "Ao cabo, do que se trata ¨¦ de reproducir os efectos dunha obra na s¨²a cultura na cultura de chegada", resume a tradutora e int¨¦rprete Lara Dom¨ªnguez Ara¨²jo. Transportar literatura dun idioma a outro xa non admite o idealismo da linguaxe nin o construto da transparencia. Para a poeta e cr¨ªtica Mar¨ªa do Cebreiro, que publicou a versi¨®n galega de Tres mulleres de Gertrude Stein e unha antolox¨ªa de canci¨®ns de mulleres afroamericanas, "a tradutora debe saber que ¨¦ invis¨ªbel pero non inocente". O recente litixio pola edici¨®n en galego d' O curioso incidente do cadelo a media noite, de Mark Haddon, fermentou unha serie de debates que funcionan de fondo ¨¢ actividade de traducir.
Lara Dom¨ªnguez: "Substitu¨ªuse a idea de fidelidade pola de equivalencia"
"A ideolox¨ªa dunha traduci¨®n ten que ver con quen paga", di Do Cebreiro
Para Reim¨®ndez, ser escritora non ten que ver co oficio de tradutora
Marilar Aleixandre: "Traducir unha obra literaria sup¨®n un esforzo literario"
"Soamente escoller o que se traduce e o que se deixa sen traducir reflicte a clase social ¨¢ que se pertence, a formaci¨®n de cada un, os retos recibidos dende a sociedade receptora, da tradutora, da editorial". As¨ª de contundente se amosa a escritora canadense Er¨ªn Moure, que verteu os libros de Fernando Pessoa ou de Chus Pato ao ingl¨¦s, ¨¢s responsabilidades ideol¨®xicas dunha traduci¨®n. Para Moure, de quen Galaxia editou os poemas de Teatri?os ou aturuxos calados en galego da man de Mar¨ªa Reim¨®ndez, "nunha traduci¨®n adv¨ªrtense, at¨¦ certo punto, os valores da sociedade receptora". E concreta cun exemplo nacional: "En Canad¨¢
[Moure habita un barrio portugu¨¦s da cidade Montreal] traducimos homes como people se fica claro que o autor se refire ¨¢ xente com¨²n; men empreg¨¢molo unicamente cando ¨¦ seguro que a escritora ou o escritor se refire aos var¨®ns".
Lara Dom¨ªnguez Ara¨²jo traballa, sobre todo, na interpretaci¨®n. No eido da literatura, puxo en galego Terrorista, a ¨²ltima novela do estadounidense John Updike, e arestora prepara Estambul, do turco e premio Nobel Orhan Pamuk. "Cando se fai unha traduci¨®n, funciona unha ideolox¨ªa", apunta, "e, ao haber unha ideolox¨ªa dominante, as que se detectan son as non dominantes". Para Dom¨ªnguez Ara¨²jo "na traduci¨®n hai ideolox¨ªa igual que a hai na linguaxe".
Nese punto situou a tradutora e novelista Mar¨ªa Reim¨®ndez a problem¨¢tica da s¨²a versi¨®n, finalmente rexeitada por Rinoceronte Editora en base ¨¢ "manipulaci¨®n" do texto, d'O curioso incidente do cadelo a media noite. "Todo est¨¢ influ¨ªdo pola ideolox¨ªa, pero non en sentido vulgar de ser dun partido pol¨ªtico", di, "sen¨®n no sentido althusseriano: o conxunto de crenzas e a posici¨®n dunha persoa para enfrontarse a calquera actividade". Reim¨®ndez estuda as relaci¨®ns entre ideolox¨ªa e traduci¨®n para a s¨²a tese doutoral e lembra a "transformaci¨®n conceptual e te¨®rica da traduci¨®n, que nos anos 50 deixou de tratarse como produto para pasar ser un proceso".
A escritora Marilar Aleixandre non vive da traduci¨®n. Pero dende que en 1998 publicou o poema sat¨ªrico-absurdo de Lewis Carroll A caza do Carbair¨¢n, tirou as versi¨®ns do poemario Muller ceiba, de Sandra Cisneros, e do primeiro Harry Potter. Aleixandre non "cre na existencia das burbullas de cristal" nin en lugares onde a ideolox¨ªa se ausente. "Ao traballar nos poemas de Sandra [Cisneros, poeta chicana] topei cos problemas do x¨¦nero gramatical do ingl¨¦s en personaxes nos que a ambig¨¹idade sexual era enorme e eu ti?a que optar, en galego, por un dos sexos". A tradutora trocou correos electr¨®nicos coa autora d'A casa de Mango Street [que Rinoceronte est¨¢ a piques de po?er na r¨²a]: "Pero o que ela quer¨ªa era esa ambig¨¹idade, que no noso idioma non sempre se pode manter". Os poemas para nenos de Sylvia Plath ocupan na actualidade o labor tradutor de Marilar Aleixandre.
"? fundamental saber quen paga a traduci¨®n ou se se trata dunha traduci¨®n de autor ou non". Estas son algunhas das cuesti¨®ns que coloca Mar¨ªa do Cebreiro ao respecto da ideolox¨ªa das traduci¨®ns. Do Cebreiro comparte certas consideraci¨®ns con Er¨ªn Moure: "Na aceptaci¨®n do que traduces, e falo eu, que non son profesional e non te?o que traducir para ga?ar a vida, hai unha toma de posici¨®n ideol¨®xica". Para a poeta, a ideolox¨ªa ten que ver coas implicaci¨®ns sociais dunha acci¨®n, e "iso ¨¦ a traduci¨®n: qu¨¦ se le, qu¨¦ se d¨¢ a ler, por qu¨¦ unha obra e non outra, por qu¨¦ agora e nesta literatura".
A aparici¨®n, serodia, de William Faulkner en galego non aconteceu at¨¦ este ano. O ru¨ªdo e a furia, orixinal de 1929 e influ¨ªnte na Nova Narrativa Galega, valeuse do traballo de traduci¨®n do novelista Xurxo Borraz¨¢s. "Traducir a Faulkner foi como meterse nun campo de minas", explica, "e un sabe que nun campo de minas hai que andar a modo e a¨ªnda as¨ª resulta impos¨ªbel evitar que algunha estoupe". Po?er noutro idioma unha obra literaria sup¨®n "tomar opci¨®ns, pero non ideol¨®xicas, sen¨®n de est¨¦tica ou de fon¨ªa".
Xurxo Borraz¨¢s traduce por vocaci¨®n. A s¨²a condici¨®n de escritor de novelas faino "m¨¢is atrevido" ¨¢ hora de se enfrontar a un texto. "Ser escritor axuda a non se someter ¨¢ literalidade na traduci¨®n, a ser m¨¢is consciente de como se constr¨²e unha obra literaria", afirma. Pero admite as vantaxes do tradutor profesional: "Ten m¨¢is experiencia. Cando se enfronta a un problema, xa se enfrontou antes".
"Dende o intre en que un libro cambia de idioma, traducilo muda en creaci¨®n", argumenta Lara Dom¨ªnguez Ara¨²jo, "cambia a funci¨®n, o receptor, o sistema literario, e iso fai que exista unha parte indubid¨¢bel de creaci¨®n". A int¨¦rprete engade a esa "parte de creaci¨®n" outra de "axustarse ao que hoxe en d¨ªa se considera traduci¨®n". Dom¨ªnguez Ara¨²jo lembra que as teor¨ªas tradutol¨®xicas actuais "desbotan o concepto de fidelidade e substit¨²eno polo de equivalencia".
A versi¨®n italiana d'O club da calceta, o ¨²ltimo romance de Mar¨ªa Reim¨®ndez, pres¨¦ntase esta semana en varias cidades do pa¨ªs alpino. Pero, malia ¨¢ faceta literaria, Reim¨®ndez defende "a profesionalidade" do seu oficio de tradutora, "que non ten nada que ver co de escritora". "Unha tradutora de literatura debe co?ecer as convenci¨®ns literarias", indica, "pero do mesmo xeito que para facer traduci¨®n de literatura m¨¦dica hai que co?ecer as convenci¨®ns da literatura m¨¦dica". A postura ao respecto de Marilar Aleixandre ¨¦ oposta: "Para traducir unha obra literaria c¨®mpre facer un esforzo literario". Aleixandre am¨®sase partidaria de que "as poetas traduzan poemas; ao traballar xogos de palabras, por exemplo, a experiencia na escrita pode axudar ¨¢ versi¨®n noutra lingua", pero apura a reco?ecer o "magn¨ªfico traballo da tradutora Eva Alm¨¢z¨¢n, que non escribe".
Er¨ªn Moure entusi¨¢smase: "Claro que ¨¦ un traballo creativo! Unha obra vibra en tantos niveis, de tantos xeitos...". Moure diferencia entre as versi¨®ns de autores vivos que entenden o idioma de chegada - "con Nicole Brossard [poeta canadense en franc¨¦s] consulto moito, e ela respecta o meu traballo"- dos que non o entenden -"Chus Pato non pode contribu¨ªr a un texto que non pode ler"-. "Pessoa, por exemplo, conta con moitas versi¨®ns normalizadoras en ingl¨¦s, nas que perde modernidade, humor" concl¨²e.
Pero na consciencia da intervenci¨®n do tradutor ¨¦ onde se atopan diversas voces. Do Cebreiro reclama atenci¨®n para o labor: "Cando se fai cr¨ªtica dun libro traducido, f¨¢lase do autor, logo do libro e, por ¨²ltimo da traduci¨®n. Haber¨ªa que traer a primeiro plano ao tradutor". Reim¨®ndez opina que "a tradutora non debe evadir responsabilidades sobre o que fai, debe facer vis¨ªbel o proceso ao que somete o libro".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.