O mozo de Brooklyn e o mitin de Castelao
Ch¨¢mase Danny. Danny Barreto. Naceu e vive en Brooklyn. Para el, Brooklyn ¨¦ algo m¨¢is que un dos grandes barrios de Nova York. ? unha especie de naci¨®n. Se Castelar dic¨ªa que escoitar a lingua galega era como tocar as t¨¢boas do berce de Iberia, pois o¨ªr falar galego a Danny Barreto, fillo de portorrique?o e de norueguesa, ¨¦ como tocar as t¨¢boas dun novo berce, o dun pa¨ªs de espazo infindo, o da imaxinaci¨®n.
A achega de Danny Barreto a Galicia ten esa orixe, ese vieiro, esa ponte. A da imaxinaci¨®n literaria. Falar de Brooklyn ¨¦ tam¨¦n falar dunha ponte c¨¦lebre. Hoxe hai varias que comunican con Manhattan, mais ponte, o que se di ponte, para a xente s¨® hai unha aut¨¦ntica, a que leva ese nome, talvez o mellor belvedere do lusco fusco urbano, esa misteriosa paisaxe da hora azul, o enmuxicar da sombra, cando toda a cidade semella suspensa no dilema de matar ou prender as luces, de ir durmir ou so?ar esperta.
Danny Barreto est¨¢ a traballar nunha tese sobre o medo na literatura galega do XIX
A primeira feitura desta monumental ponte de Brooklyn data de mediados do XIX. Foi un fito para a enxe?er¨ªa, cun alt¨ªsimo orzamento monetario, a¨ªnda que o prezo incalcul¨¢bel foi o pagado en vidas de operarios. Tense escrito en met¨¢fora que a ponte poder¨ªa estar encofrada con ¨®sos. Moitos deses operarios eran galegos, como lembrou Lu¨ªs Seoane. Nunha reportaxe publicada en marzo do 2006 polo xornal The New York Times, fac¨ªase un percorrido polos estabelecementos, bares e restaurantes, da Atlantic Avenue, que a¨ªnda reflect¨ªan o que foi unha vizosa toponimia tabernaria, ou talasonimia, xa que falamos de peiraos, de inequ¨ªvoca orixe galaica: Joe Arozza's, Montero's, Catica's, Veiro's bar... Apuntaba o cronista: "Most had Spanish names because this corner of Brooklyn Heights was all Spanish". Home claro.
Esta ponte tivo que cruzala Castelao o 14 de agosto de 1938. Ademais do Goberno republicano, que fadas levaron a Castelao a Nova York e m¨¢is concretamente ao hist¨®rico mitin-festival de Ulmer Park en Brooklyn? Pois as fadas ou meigas pertenc¨ªan ao chamado Frente Popular Antifascista Galego e as Sociedades Galegas Unidas. O acto de Ulmer Park fica a¨ªnda na memoria por mor das persoas que mantiveron o f¨ªo cos derradeiros mohicanos do exilio. E debeu ser inesquec¨ªbel para quen o viviu aquel domingo 14 de agosto en Brooklyn. O xornal latino La Voz de Nova York publicou unha cr¨®nica o 16 de agosto na que se dic¨ªa: "La v¨ªspera del festival de Ulmer Park, nos anunciaban ya de todas las poblaciones vecinas a Nueva York que la colonia gallega vendr¨ªa en masa a unirse a sus compa?eros de la capital, y el mismo s¨¢bado por la noche llegaban ya aqu¨ª centenares de coches llenos de madrugadores, que quer¨ªan hacer acto de presencia en el campo, en las primeras horas de la ma?ana. Repetimos, que mucho esper¨¢bamos, y el cronista conoce lo que son reuniones y fiestas campestres o romer¨ªas, pero la realidad fue m¨¢s, much¨ªsimo m¨¢s, que cuanto pod¨ªa esperar a¨²n el m¨¢s optimista".
Da intervenci¨®n de Castelao, despois de sinalar que provocou "ovaciones enormes", d¨¢se un detalle que pon os pelos crechos: "Fue un discurso hermoso en todos los sentidos. En los ¨²ltimos minutos de su oraci¨®n habl¨® a sus paisanos en la lengua vern¨¢cula y el entusiasmo se desbord¨® en este momento, cuando los gallegos o¨ªan por primera vez la palabra m¨¢gica de un hombre que en la lengua materna sab¨ªa narrar la tragedia de la tierra Meiga, con un decir tan llano y tan sublime".
Hai outra cr¨®nica, aparecida o 19 de agosto na publicaci¨®n Frente Popular, editada no mesmo Brooklyn, e comeza as¨ª: "Castelao sorprendi¨® a todos el domingo. La enorme concurrencia en Ulmer Park, todos admiradores de Castelao por sus famosas estampas, esperaban ver al artista, al amigo otros y los m¨¢s al paisano que con su sola presencia hab¨ªa de hacer latir millares de corazones a un ritmo m¨¢s acelerado. Pero Castelao (...) sorprendi¨® a propios y extra?os con la oratoria que, como todo lo suyo, fue original y de un alto valor cr¨ªtico a los cimientos fascistas de la Pen¨ªnsula".
Destes e doutros documentos ded¨²cese que era moi abondosa daquela a presenza da emigraci¨®n galega en Brooklyn, en particular, mais en todo a zona portuaria e na cidade de Nova York e tam¨¦n no Estado de Nova Jersey e outros lim¨ªtrofes. A actividade que vai despregar nos Estados Unidos nesas datas Castelao, coa compa?a principal de Lu¨ªs Soto, ¨¦ dunha intensidade abraiante, que lembra o ritmo final dunha campa?a electoral ¨¢ americana. Filadelfia, Cleveland, Ohio, Niagara Falls, Boston, Newark... Algo que reflicte unha solidariedade moi activa non soamente no mundo emigrante sen¨®n nunha parte moi sens¨ªbel da sociedade estadounidense, dende os sindicatos a moitos artistas do estudos cinematogr¨¢ficos de Hollywood. Moitos deles pagar¨ªan m¨¢is tarde, cando a guerra fr¨ªa e o macartismo, este compromiso antifascista. Publicouse en Galicia, por Edici¨®ns do Castro, un libro imprescind¨ªbel para co?ecer as dimensi¨®ns do apoio social e intelectual, que non dos gobernos, ¨¢ causa republicana: Stars for Spain (La guerra civil espa?ola en los Estados Unidos), de Marta Rey Garc¨ªa. ? tam¨¦n moi recomend¨¢bel a consulta do traballo de investigaci¨®n El exilio de Castelao en Norteam¨¦rica (textos y documentos), de Carmen Mej¨ªa Ruiz (revista Madrygal, 2004).
A derrota republicana, xunto coa crecente ameaza do fascismo internacional, foi seguida, en moitos casos, da derrota persoal. Mesmo Castelao foi caendo nun desacougo de ¨¢nimo, agravado pola decadencia f¨ªsica, que o levou ¨¢ irritaci¨®n e ao noxo contra o mundo yankee, e que s¨® atenuou coa arte das s¨²as estampas de Harlem, que amosan non s¨® a sensibilidade antirracista sen¨®n tam¨¦n a s¨²a talla de artista universal. Outros exiliados, como o noutrora destemido Basilio Alv¨¢rez, o bravo crego agrarista, afundiron por completo. Basilio, que morrer¨ªa en Florida en 1943, botaba a chorar por calquera cousa, mesmo por perder ao domin¨®. S¨® se recuperaba cando Castelao lle cantaba unhas coplas tan picantes que "trocaba o pranto en risa".
Danny Barreto, o mozo de Brooklyn, comezou a interesarse pola literatura galega da man do Xo¨¢n Gonz¨¢lez Mill¨¢n, unha das grandes lanternas da cultura galega, unha tremenda perda. Mais na CUNY, na City University of New York, Isaias Lerner e Lia Swartz, sabios, arxentinos e xudeus, contin¨²an a manter o Programa Doutoral do Centro de Estudos Galegos, que encetou Emilio Gonz¨¢lez L¨®pez. ? a¨ª onde est¨¢ a traballar Danny Barreto, nunha tese que ¨¦ tam¨¦n un feitizo: O medo na literatura galega do s¨¦culo XIX.
Cami?o de Brooklyn, Danny f¨¢lame do medo en Rosal¨ªa, Pardo Baz¨¢n e Valle-Incl¨¢n. O medo a emigrar. O medo a ficar. O medo a morrer f¨®ra. O medo a morrer dentro. E a¨ªnda cantamos unhas coplas picantes pola ponte de Brooklyn para espantar o medo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.