"As invenci¨®ns sobre Valle-Incl¨¢n son esmagadoras"
Hormig¨®n, pioneiro na representaci¨®n de Valle na Espa?a franquista e secretario da Asociaci¨®n de Directores de Escena, estivo d¨ªas atr¨¢s en Galicia convidado pola Fundaci¨®n Carlos Casares.
Pregunta. Por fin sa¨ªron publicados os catro tomos da s¨²a biograf¨ªa de Valle- Incl¨¢n, pouco usual por ser unha sorte de cronolox¨ªa comentada.
Resposta. Hai un equ¨ªvoco interesado sobre isto. A mi?a ¨¦ unha biograf¨ªa, constru¨ªda desde a cronolox¨ªa, cos elementos que nos permitiron saber o que estaba facendo Valle en cada momento, con referencias precisas de toda caste, porque cando non se pode saber form¨²lanse como posibilidade. Poder¨ªa escribilo como biograf¨ªa ao uso pero funme ao outro extremo da biograf¨ªa fantaseada, que con Valle foi exuberante, atribu¨ªndoselle toda unha chea de cousas que nunca fixo, reacci¨®ns que nunca tivo ou tomando as testemu?as de persoas nun encontro casual por categ¨®ricas. Fun ao m¨¢is estritamente obxectivo para eliminar a carga de invenci¨®ns sobre Valle, que nos esmagan.
P. As raz¨®ns desas distorsi¨®ns interesadas, son literarias, son ideol¨®xicas?
R. Algunhas delas foron alimentadas polo propio Valle, que inventou moitas veces a s¨²a existencia, sobre todo do per¨ªodo de mocidade e dos anos primeiros en Madrid. Se quedamos s¨® cos elementos fant¨¢sticos que foron engordando co tempo, acaba convertido Valle nunha caricatura. Esta imaxe distorsionada -a do seu malhumor ou a de presentalo como carlista permanente- foi unha maneira de reducir a dimensi¨®n c¨ªvica da s¨²a obra, sobre todo desde os anos 20 e 30, cando culmina o esperpento como categor¨ªa est¨¦tica. Despois da guerra ¨¦ evidente esa manipulaci¨®n, porque a s¨²a significaci¨®n fora notoria e hab¨ªa que botarlle varias capas de distorsi¨®n para convertelo noutra cousa.
P. De maneira que a suposta excentricidade do personaxe ¨¦ m¨¢is motivo de interese que a propia obra?
R. En boa medida ¨¦ as¨ª. Faime moita gracia que falemos de Bradom¨ªn e o transmutemos en Valle, cando o escritor pod¨ªa crerse moi bradominiano pero te?o a impresi¨®n de que era todo menos Bradom¨ªn, e que non tivo os ¨¦xitos coas mulleres que el se atribu¨ªa. Nunha conferencia veu dicindo, e non como boutade, que el tomara como modelo a Campoamor. Noutra ocasi¨®n, falando das etapas da s¨²a creaci¨®n literaria, emparenta as Sonatas cun tipo de literatura rom¨¢ntica como a de Chautebriand. Con toda a s¨²a percepci¨®n peculiar do mundo, Valle non era un esp¨¦cime raro que xurdiu da nada. Un¨ªa ¨¢s s¨²as vivencias, un co?ecemento filos¨®fico e literario importante, desde Hegel a Tolstoi ou de Proust, ao que trataba con desd¨¦n porque non lle gustaba. Valle estaba no mundo, e par¨¦ceme fascinante a s¨²a capacidade de misturar distintos planos.
P. Para entender as s¨²as obras necesitamos a precisi¨®n biogr¨¢fica? Podemos entender as Comedias b¨¢rbaras sen saber a s¨²a relaci¨®n con Galicia?
R. A mi?a impresi¨®n ¨¦ que fala dun tempo anterior, porque non dubido que houbera restos feudais, pero, como lin moita prensa galega da ¨¦poca, podo asegurar que Galicia xa era outra cousa. Cun desenvolvemento urbano relevante e con presenza grande de pol¨ªticos galegos nos gobernos espa?ois, alg¨²ns interesantes desde o punto de vista liberal-progresista como Montero R¨ªos. Nas Comedias b¨¢rbaras elude a mantenta o urbano e c¨¦ntrase no rural, e daquela non hai nelas unha imaxe totalizadora de Galicia.
P. Como foi a relaci¨®n de Valle coa intelectualidade galega?
R. ? unha relaci¨®n moi particular. Tivo un per¨ªodo no que se afastou totalmente de Galicia para despois volver e mesmo residir aqu¨ª. Sempre nos referimos ao manifesto de Manuel Antonio e ?lvaro Cebreiro que utilizan a cr¨ªtica ¨¢ actitude de Valle, quizais como unha maneira de facerse presentes, como autores novos que irrompen cunha nova posici¨®n. Era un rexeitamento m¨¢is literario que pol¨ªtico. Unha actitude que Castelao nunca tivo, sempre se relacionou moi ben con Valle. Pero a maior¨ªa das citas nas revistas son moi cr¨ªticas con el. A s¨²a incomprens¨ªbel presentaci¨®n ¨¢s elecci¨®ns cos lerrouxistas a¨ªnda acrecenta esa distancia, pero esv¨¢ese moito cando regresa a Santiago en 1935, a tentar reporse do carcinoma de vexiga que xa lle diagnosticaran. Os documentos dinnos que ten un grande apoio xeral, a¨ªnda que a dereita galega o ataca durisimamente, xentes que axi?a foron activos xefes de matach¨ªns despois do 18 de xullo. Nese tempo ten unha boa relaci¨®n cos galeguistas e cando morre, o manifesto do PG ¨¦ de apoio e reco?ecemento, resulta como o final dunha viaxe.
P. Que pensa da pr¨¢ctica prohibici¨®n dos descendentes de traducir ao galego a s¨²a obra?
R. Nunca me quixen pronunciar porque os que formulan isto son moi amigos meus, qu¨¦roos e resp¨¦ctoos. O que digo ¨¦ que Valle escribiu a s¨²a obra en castel¨¢n, e todos os que podemos entendelo temos unha vantaxe. Se leo traduci¨®ns de Ch¨¦jov, Shakespeare ou Brecht ¨¦ porque non podo lelos en ruso, ingl¨¦s ou alem¨¢n. Se puidese non as traducir¨ªa. Valle ten algunhas cousas en galego e tivo as s¨²as raz¨®ns para escribir en castel¨¢n. E explicounas. Podo entender que se reclame a traduci¨®n simb¨®lica, pero par¨¦ceme pouco serio dicir que s¨® o poderiamos entender cabalmente en galego.
P. Sempre se dixo que o seu teatro ti?a unha dificultade grande para ser representado.
R. Cando escribiu as Comedias b¨¢rbaras, estaba pensando en dalas en forma de libro, seguindo o patr¨®n dun x¨¦nero que desaparec¨ªa, o da novela dialogada, de grande ¨¦xito a fins do XIX. El ten esa referencia pero tam¨¦n a do teatro shakesperiano, que co?ec¨ªa moi ben, moito m¨¢is do que pensabamos. Cando chega a Barcelona con ?guila de blas¨®n faise unha primeira representaci¨®n, algo que se soubo hai pouco, pero fac¨ªano adaptando ¨¢s condici¨®ns do teatro e dos espectadores. O teatro sempre funciona cunhas convenci¨®ns absolutas (actores/emisores e espectadores/receptores) e outras espec¨ªficas que mudan coas ¨¦pocas. Antes hab¨ªa un ou dous intermedios e agora son estra?os. Aquela primeira adaptaci¨®n de Garc¨ªa Ortega saiu mal e as Comedias b¨¢rbaras pasan a considerarse irrepresent¨¢beis at¨¦ que se traducen ao franc¨¦s e prop¨®?ense facelas en Par¨ªs, o que se trunca co comezo da guerra. Para darnos unha idea de que os l¨ªmites impo?en a adaptaci¨®n das obras temos que pensar que o Teatro Real foi, co londinense Covent Garden, o ¨²ltimo dos grandes teatros europeos electrificados xa no limiar do s¨¦culo XX. Na medida en que o teatro conta con m¨¢is medios, textos que parec¨ªa que non se pod¨ªan representar pasan a facerse con normalidade. Da mesma maneira que non se pensaba en dalas por episodios, porque o espectador estaba acostumado aos tres actos.
P. Vostede foi pioneiro ao representar unha obra tam¨¦n considerada dif¨ªcil.
R. Valle sabe que o que est¨¢ escribindo pode ser escenific¨¢bel, pero que os m¨¦todos eran limitados. Chocaba coas inercias, porque non se v¨ªa Luces de Bohemia como un gran texto dram¨¢tico e represent¨¢bel. Daquela empezan as c¨¢balas sobre qu¨¦ era o que fac¨ªa Valle. Ao aparecer novos medios t¨¦cnicos e atreverse coas adaptaci¨®ns as cousas mudaron. Eu, en 1963 montei, con 20 anos, no Teatro Universitario de Zaragoza, Las galas del difunto e La hija del capit¨¢n, e fun moi gabado. Pero os militares non o toleraban, e no Festival Universitario de Sevilla d¨¦ronme 24 horas para abandonar a provincia. O curioso desa historia era que, semanas despois, o Teatro Mar¨ªa Guerrero pasou por Madrid, e Jos¨¦ Lu¨ªs Alonso dic¨ªame que non soubera facelo. Non era as¨ª, porque ao pouco soubo adaptalo moi ben. Pero o franquismo non era o mellor caldo de cultivo para que o teatro de Valle-Incl¨¢n florecese.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.