"Nin lle te?o medo ao folio en branco nin me comunico co cosmos"
N'O Globo de Shakespeare, Santiago Jaureguizar regresa ¨¢ estratexia do esperpento. Se Cabaret Voltaire (2005, premio Garc¨ªa Barros) situaba a intriga na encrucillada hist¨®rica dos anos 30, a galer¨ªa de personaxes despregada na s¨²a ¨²ltima novela recupera histriniosmos e comedia slapstick para fedellar no xogo de identidades e nas relaci¨®ns humanas. "C'O Globo de Shakespeare [premio Terra de Melide] estou recibindo as mellores cr¨ªticas que tiven nunca", reco?ece. Nado hai 44 anos en Bilbao, Jaureguizar ¨¦ un premiado e prol¨ªfico narrador -"son a Cor¨ªn Tellado da literatura galega", chacotea-, xurdido no tempo do brav¨², comezos dos 90, e que traballa, arestora, en d¨²as novelas: "Non podo dicir m¨¢is porque quero concursar con elas".
"A literatura debe buscar o espect¨¢culo para competir co DVD ou a Play"
"Neste pa¨ªs, todos os escritores queren ser como M¨¦ndez Ferr¨ªn"
Pregunta. O CDG representa Noite de Reis, Xes¨²s Constenla publica Shakespeare destilado e vostede O Globo de ¨ªdem. O dramaturgo ingl¨¦s est¨¢ de moda?
Resposta. Nunca deixou de estalo. Hai 400 anos creou unha serie de personaxes impresionantes que seguen vivos. Cervantes fixo dous personaxes, pero Shakespeare fixo un cento. O de Constenla foi unha coincidencia, e o seu libro ¨¦ magn¨ªfico pero distinto ao meu.
P. Que obra de Shakespeare prefire?
R. Eu son de Macbeth: a ambici¨®n polo poder, esa manipulaci¨®n dun home por unha muller, Lady Macbeth, un dos grandes personaxes malia a que non se fale moito dela. Hai moito de Macbeth n'O Globo de Shakespeare.
P. E recupera a li?a de humorismo expresionista de Casa Skylab (premio Xerais, 2003).
R. Hai unha intenci¨®n melodram¨¢tica. Shakespeare, cando escribe as s¨²a obras, sabe que compite con prostitutas, xogos de dados, con tabernas e pelexas de cans. Eu compito co DVD, coa TDT ou coa PlayStation. A literatura debe buscar o espect¨¢culo porque sen¨®n a xente deixar¨¢ o libro s¨® para ler na cama. Nin iso: eu d¨¦itome co computador para ver Os Sopranos.
P. Que procedementos usa para cumprir ese obxectivo?
R. N'O Globo... procuro exacerbar os sentimentos, as emoci¨®ns. T¨¢rdase en entrar na trama porque quixen definir ben os personaxes. Logo acelera cara a un final apote¨®sico.
P. Pero a literatura pode competir na orde do espect¨¢culo?
R. Eu fago libros. Pod¨ªa facer gui¨®ns, non me faltan oportunidades, pero a literatura ¨¦ unha arte que me gusta e seguireina defendendo. Temos armas para competir co audivisual, acheg¨¢ndonos a el. O que non podemos ¨¦ tirar a toalla antes de empezar.
P. Chama a atenci¨®n o emprego de marcas comerciais nas descrici¨®ns. Unha cr¨ªtica mesmo falou de product placement.
R. A raz¨®n fonda ¨¦ o meu gusto pola literatura centroeuropea. Outra ¨¦ que se trata do signo dos tempos: falamos de levis, e non de pantal¨®ns, de cocacola, e non dun refresco... Sebe e Adriana [protagonistas d'O Globo] son persoas de clase media alta, acomodados grazas ao ¨¦xito dos libros del.
P. A escritora Mar¨ªa Reim¨®ndez acusou a ese personaxe, Adriana, de mis¨®xino.
R. Reim¨®ndez deber¨ªa ler os libros dos que fala, porque amosa grande atrevemento falando dun personaxe por d¨²as frases que leu no meu blog. Pero ¨¦ como se digo que ela non pode escribir unha novela sobre malos tratos porque o seu home a maltrata. Non todos temos que facer superhero¨ªnas como fai ela.
P. Por que ¨¦ recorrente Ribadeo na s¨²a obra?
R. Porque ¨¦ recorrente na mi?a vida. Cheguei con tres anos e pasei al¨ª infancia e mocidade. ? un lugar curioso: mant¨¦n o ¨²nico peri¨®dico local do mundo no que houbo unha pol¨¦mica sobre a existencia dos centauros. Unha vila pequena pero moi culta, que sempre estivo en contacto con Europa. Nas escrituras de propiedade pu?a "esta finca linda ao leste con tal finca, ao oeste con estoutra e ao norte, mar por medio, con Irlanda".
P. Quitado O Globo..., cal das s¨²as novelas m¨¢is o satisfai?
R. Salitre [2000]. Hai rapaces aos que non lles gusta ler, que non len nada e con Salitre descobren que a literatura pode ser divertida. Vai pola sexta edici¨®n.
P. Para quen escribe?
R. Para o p¨²blico.
P. E quen ¨¦ o p¨²blico?
R. Eu son a Cor¨ªn Tellado da literatura galega. Non, en serio, escribo para grandes p¨²blicos, busco grandes p¨²blicos. Temos que ser ambiciosos. Porque na literatura galega existen dous reparos fundamentais que non entendo: un, todos queren ser M¨¦ndez Ferr¨ªn, un grande intelectual cunha cabeza poderosa e unha prosa estupenda; e dous, non nos facemos respectar.
P. Respectar en que sentido?
R. Neste pa¨ªs hai medios e instituci¨®ns que a un escritor de Murcia de cuarta fila lle pagan avi¨®n, hotel e conferencia mentres o libro galego, nas librar¨ªas, est¨¢ coma os ba?os: ao fondo ¨¢ dereita. Ve?o de pasar por unha do centro de Lugo e no escaparate s¨® estaban as traduci¨®ns ao espa?ol dos libros de Murado.
P. Nunca quedou sen nada que escribir?
R. Non me pasan esas cousas raras que lle pasan ¨¢ xente, non lle te?o medo ao folio en branco, nin me comunico co cosmos nin aparecen pantasmas a visitarme. Escribo tres libros ao ano e os meus libros v¨¦ndense ben.
P. Que op¨®n ¨¢ esa prosa po¨¦tica que tan pouco lle gusta?
R. A mi?a prosa hiperxornal¨ªstica. Amais de estrutura e personaxes, nunha novela importa o ritmo. Sen¨®n a xente ab¨²rrese e vai ver a televisi¨®n. A prosa po¨¦tica tapa todo: rematas reparando en como soan as palabras e non no que hai debaixo. Caneiro, por exemplo.
P. Non se atopa a s¨²a quinta, a dos posmodernos [Borraz¨¢s, L¨®pez L¨®pez, Queipo, Camilo Franco...], oculta demais?
R. A mi?a xeraci¨®n rompe co compromiso pol¨ªtico. Porque De Toro ou Rivas, autores que te?o en alta estima, mant¨¦?eno. Pero n¨®s estamos tapados polos m¨¢is vellos e polos m¨¢is novos, nos que volve aparecer a pol¨ªtica. A literatura galega ten a eiva de ir sempre canda o compromiso pol¨ªtico. Eu son nacionalista, pero nunca escrib¨ªn sobre iso...
P. En Casa Skylab.
R. Si, a¨ª hab¨ªa unha reprimenda contra o nacionalismo bastante dura. Pero nos meus libros non aparece a pol¨ªtica.
P. Faga quiniela para o vindeiro Premio Nacional galego.
R. Agust¨ªn Fern¨¢ndez Paz primeiro e, logo, Xabier P. Docampo. Pouca xente sabe constru¨ªr unha novela como Agust¨ªn.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.