Blanco Amor e a censura infinita
"Chegou o Eduardi?o, o fillo da florista, e v¨¦n feito un cabaleiro con zapati?os de puta". O c¨¦lebre preg¨®n do primeiro regreso de Blanco Amor a Ourense, en 1928, deuno un parvo. Que o fillo de Aurora Amor era homosexual sab¨ªase na cidade desque, con 16 anos, colle o primeiro tren cara algures e remata preto da estaci¨®n de Guillarei. Al¨ª intercede ante a Garda Civil o m¨¦dico dos pobres, Dar¨ªo ?lvarez Limeses, que lle d¨¢ acubillo e cartos para volver ¨¢ casa.
"El ¨ªa moito pola praza de abastos", recorda o escultor Arturo Baltar, que sit¨²a a an¨¦cdota no derradeiro retorno do escritor, avanzados os setenta. "Un tipo parouno na alameda para dicirlle 'maric¨®n'. Eduardo d¨ªxolle 'envexoso'. Pero desa raza s¨® era unha pouca xente". O sexo de Blanco Amor, por¨¦n, rebule a¨ªnda despois de morto. Aconteceu, m¨¢is ou menos sotto voce, por entre os fastos do D¨ªa das Letras que se lle consagrou en 1993. Non era un traballo no ronsel dos estudos gais e l¨¦sbicos, sen¨®n Diante dun xu¨ªz ausente (Nigra), o libro de Gonzalo Allegue, ata hoxe a m¨¢is brillante aproximaci¨®n biogr¨¢fica -con tramos novelados- ¨¢ figura de Blanco Amor. "Un sector conservador considerou que iso empequenec¨ªa o autor, e a outro sector menos conservador pareceulle que o nacionalismo ficaba esva¨ªdo", resume Allegue, que traballou no libro durante sete anos.
O rexeitamento da "pureza e o laicado galeguistas" ¨¦ pol¨ªtico e sexual
"Ao final, agar¨ªmarono m¨¢is os outros: Victorino N¨²?ez, Casares..."
De c¨®mo rexeitaba Blanco Amor "a pureza e a m¨ªstica do laicado galeguista" hai probas m¨¢is acedas no libro de Allegue. Tam¨¦n do que outras voces consideran un personaxe "¨¢s veces dif¨ªcil de aturar". O neno pobre que medrou enchendo xerras de auga no caf¨¦ La Uni¨®n, co Risco de Preludio a toda est¨¦tica futura, escoitando ¨¢ xente e lendo de prestado a Mallarm¨¦, Rimbaud ou D'Annunzio, segue sendo dif¨ªcil de abeirar. "Era libre", insiste Allegue. Na s¨²a personalidade, neste sentido, a¨ªnda se peneiran de xeito diferencial, ¨¢s veces inc¨®modo, algunhas das cuesti¨®ns que riscan o s¨¦culo. Galeguismo e republicanismo, Galicia interior e exilio. E a censura, propia e allea. A respecto da propia, non hai conclusi¨®ns un¨ªvocas. O Blanco Amor aza?ista tivo retruques con Castelao antes da provincializaci¨®n das sociedades federadas do exilio. Ao ap¨®stolo da Galicia Nai na Am¨¦rica guind¨¢ronlle obxectos nun centro galego, cando intentaba falar -en galego- de Rosal¨ªa. "Quen cres que es", espet¨¢ronlle, "non somos bestas". Acabou d¨¢ndolles un mitin. Na pol¨¦mica ulterior entre Seoane e o Celso Emilio furioso da Viaxe ao pa¨ªs dos ananos, p¨²xose do lado do celanov¨¦s.
Sobre a censura literaria, precisa o investigador Xos¨¦ Manuel Dasilva, comisario da exposici¨®n Editar en galego baixo a censura franquista: "Quizais esteamos falando do autor galego m¨¢is censurado". O 19 de xu?o de 1956, Xos¨¦ Ram¨®n Fern¨¢ndez Oxea, Ben-Cho-Sey -inspector de Educaci¨®n en Madrid-, rexistra na Vicesecretar¨ªa de Educaci¨®n Popular un mecanoscrito de 38 folios "moi ben aproveitados", datado en Bos Aires un ano antes. Era A esmorga, co subt¨ªtulo Cr¨®nica de tres borrachos. A Galaxia de Pi?eiro e Fern¨¢ndez del Riego quixo publicala desde un principio, pero sab¨ªa que non ¨ªa ser posible. ? o falanxista Miguel Piernavieja del Pozo quen asina, en agosto, o informe da censura. "Devolveuno limpo", di Dasilva. Tan mal lle pareceu que non se molestou en facer borranchos. Acabouna publicando Seoane en Bos Aires (Citania, 1959). Volve intentalo Galaxia en 1969. O informe ¨¦ outra vez desfavorable, esix¨ªndose a supresi¨®n das tres pasaxes da obra onde a Garda Civil malla no Cibr¨¢n. A primeira edici¨®n galega, coas modificaci¨®ns oportunas, ¨¦ de 1970.
Peor lle foi a Xente ao lonxe. Presentada a consulta voluntaria en 1971, xa admite condena por "blasfemia y ofensa a la moral". Tras catro informes, autorizan a s¨²a publicaci¨®n en 1972, sen unha ducia de expresi¨®ns sical¨ªpticas nin as ilustraci¨®ns orixinais de Isaac D¨ªaz Pardo. Toda a narrativa de Blanco Amor pasou trafegos semellantes. Teatro pra a xente (1974), ten que sa¨ªr sen a fantas¨ªa xudicial Proceso en Jacobusland. Falando da censura propia, D¨ªaz Pardo, un dos mellores amigos do ourens¨¢n, remarca a conduta "sempre leal" do que foi vicec¨®nsul da Rep¨²blica en Bos Aires. E desculpa a frialdade de Carvalho Calero na s¨²a Hist¨®ria da literatura galega contempor¨¢nea". "De Neira Vilas tam¨¦n preguntaba c¨®mo ¨¦ que un neno labrego pod¨ªa facer unhas memorias", bromea o cofundador de Do Castro. "Pero para a xente nova, daquela, era importante a opini¨®n de Calero", lamenta Carlos La¨ª?o, en posesi¨®n de todas as traduci¨®ns de Blanco Amor -castel¨¢n, italiano, bable e ruso, ademais da recente versi¨®n en franc¨¦s-. "Dic¨ªao o mesmo Eduardo: Xente ao lonxe ter¨¦dela que salvar os novos. Os vellos xa se pronunciaron".
Para Lu¨ªs P¨¦rez, autor dunha ducia de traballos sobre o autor e prologuista de Ars Amandi, a compilaci¨®n da poes¨ªa er¨®tica in¨¦dita -na edici¨®n de Galaxia e do Pen Club de 2007-, urxe publicar o epistolario e compilar o xornalismo de Blanco Amor, v¨ªa ¨²nica para co?ecer o seu traballo na emigraci¨®n. "Tam¨¦n desco?ecemos a obra en castel¨¢n de Seoane", di, cr¨ªtico co limbo que iguala ao Blanco Amor de Los miedos co xornalista de La Naci¨®n. Na Biblioteca Blanco Amor de Galaxia xa ¨¦ posible atopar as cr¨®nicas de Chile a la vista.
Desde Barcelona opina ?ngel Chamarro, a quen Blanco Amor adica os Poemas del ?ngel. Fala do suposto vedetismo do Eduardo retornado, azougado polos problemas econ¨®micos: "Eu vin c¨®mo desaparec¨ªan moitos amigos seus". Para Maribel Outeiri?o, autora da famosa entrevista de 1979 onde Blanco Amor se sit¨²a "antes do comunismo e antes do separatismo", "os que m¨¢is agarimaron ao Blanco Amor crepuscular" foron "os outros". "Victorino N¨²?ez, Carlos Casares, La Regi¨®n...". Nin Ros¨®n nin Garc¨ªa-Sabell, daquela presidente da Academia, acabaron indo ao enterro.
O roteiro da Esmorga debeuse ¨¢ iniciativa civil do historiador Marcos Valc¨¢rcel. As homenaxes deste 2009 en Auria semellan tam¨¦n partidas. O 3 de abril, o Pen Club celebrar¨¢ os 50 anos do libro. Apoia a Deputaci¨®n de Ourense, a mesma instituci¨®n que o suspendeu de emprego e soldo en 1917, cando traballaba de porteiro na Inspecci¨®n de Primeira Ensinanza. Por parte do Concello de Ourense, o Ano Blanco Amor que anunciara a Tenencia de Alcald¨ªa comezar¨¢, disque, no ¨²ltimo trimestre do ano.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.