O 'caso G¨¹rtel' e o para¨ªso galego
Mentres os grandes e pequenos medios informaban con amplitude do contido do sumario xudicial do caso G¨¹rtel, o maior esc¨¢ndalo de corrupci¨®n pol¨ªtica en Espa?a nas ¨²ltimas d¨¦cadas, os medios p¨²blicos de Galicia, radio e televisi¨®n, ensaiaban a cegueira e o silencio, mentres dedicaban o precioso tempo a sacar en procesi¨®n outra vez o espectro do L do top¨®nimo da Coru?a. Segu¨ªan as¨ª ronsel t¨®xico de Telemadrid e o Canal Nou do Pa¨ªs Valenciano.
Imaxinen un extraterrestre que chega a Galicia xusto o d¨ªa en que se fixo p¨²blico o sumario G¨¹rtel e que, pola noite, hospedado no hostal dos Reis Cat¨®licos, xa que os extraterrestres prefiren cama con dosel, pois vai prendendo co mando nas diferentes televisi¨®ns. D¨¢se por suposto que o extraterrestre non ¨¦ de Galicia Monoling¨¹e, as¨ª que non ten prexu¨ªzos e escoita e traduce todas as linguas con igual interese. Pois ben, todas as canles falan da gran rede corrupta que ten os tent¨¢culos no partido da dereita. O extraterrestre presta moita atenci¨®n, porque se fala ademais de moito di?eiro en 26 para¨ªsos fiscais. E a quen non interesa no cosmos a idea de para¨ªso? O marciano, desexoso de informaci¨®n sobre para¨ªsos, conecta ¨¢ fin coa TVG. E vela¨ª que atopa o para¨ªso. Uns se?ores que est¨¢n a falar dun ele perdido. Non son uns se?ores calquera. Polo visto, son os novos gur¨²s, os gu¨ªas espiritistas da TVG e do Goberno galego, os que se entregan a semellante asunto exot¨¦rico.
A ver se foi Pablo Crespo, que ¨¦ de ciencias, o que marchou co ele de 'La Coru?a'
O extraterrestre chega a unha conclusi¨®n esta vez si "natural". Se as mentes mellor pagadas dese pa¨ªs poden dedicar o seu tempo ¨¢ procura da letra ele, e o gran debate dese pa¨ªs ¨¦ a escolla entre La e A, e mesmo hai xente importante que os segue e aplaude, ent¨®n estamos no m¨¢is marabilloso dos para¨ªsos. Nin Illas Virxes nin Illas Caim¨¢n nin Lichtenstein... Galicia! Galicia non ¨¦ un para¨ªso, se?ores. ? o aut¨¦ntico para¨ªso! D¨ªganme en que lugar do universo a xente acadou tal estado de felicidade e benestar que o seu principal debate ¨¦ o artigo determinado.
Malia vivir en democracia, unha das falsas ideas estabelecidas en Galicia ¨¦ que ¨¦ "natural" o control dos medios de comunicaci¨®n p¨²blicos (e mesmo dos privados a trav¨¦s de subvenci¨®ns!) por parte dos que te?en o poder. Isto ¨¦ unha absoluta falacia. Por non falar do modelo exemplar que representa dende hai d¨¦cadas a BBC, ou mesmo a NPR (National Public Radio) dos Estados Unidos, podemos sinalar como a RAI, a televisi¨®n p¨²blica italiana, resiste o acoso implac¨¢bel de Berlusconi.
O caso G¨¹rtel est¨¢ a ser un test decisivo. Tam¨¦n para o actual xornalismo. Os que agora gobernan en Galicia te?en a oportunidade de levar ¨¢ pr¨¢ctica o que ao parecer todos pregoan. Unha lei que garante a autonom¨ªa dos medios p¨²blicos. Non te?en que pagar avogados para facela: copien os estatutos da BBC e xa est¨¢. Nunha semana poder¨ªa estar arranxado. Dende que se fundaron os medios p¨²blicos, os profesionais dem¨®cratas ve?en reclamando iso. E xa dende antes. Lembro que en 1980 fixemos unha campa?a para recoller sinaturas pedindo a creaci¨®n dunha televisi¨®n p¨²blica en galego. Lembro quen firmou e quen non firmou, porque te?o os papeis. Lembro quen se riu de n¨®s diante dos foci?os: "Pero, que queredes? Transmitir o f¨²tbol en galego? Estades tolos!". Lembro que alg¨²ns deses foron despois directivos da TVG.
Mais tam¨¦n lembro os que sempre mantiveron o seu valor democr¨¢tico e os seus principios de honestidade profesional e por iso non chegaron a directivos de nada. Son, en activo ou en memoria, o mellor do xornalismo galego. Entre eles, Xos¨¦ Fern¨¢ndez Ferreiro. A Pepe Ferreiro vanno homenaxear os escritores, por iniciativa do Pen Club Internacional, os vindeiros d¨ªas 10 e 11 de novembro, no mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, perto do seu berce, a m¨ªtica aldea de Nogueira de Ramu¨ªn, terra da chispa. Ferreiro ¨¦ tam¨¦n un bo afiador, el que escribiu A saga dun afiador. Abriu cami?os onde ningu¨¦n chegara, tanto na literatura como no xornalismo. Dende a nosa primeira novela do Oeste, A morte de Frank Gonz¨¢lez, at¨¦ unha decisiva achega ao terror do fascismo, Agosto do 36. Mais coa mesma afouteza abriu cami?os novos no xornalismo galego. E soubo dicir que non cando cumpr¨ªa.
Penso que Pepe Fern¨¢ndez Ferreiro e o extraterrestre estar¨ªan de acordo comigo nunha modesta proposta para a Televisi¨®n de Galicia. Eu ben sei que non van copiar os estatutos da BBC. Nin esta semana nin en catro anos. Pero, polo menos, pod¨ªan reproducir as gargalladas de Pablo Crespo.
Na inmensa lameira que son os 16.000 folios do sumario, e a¨ªnda por co?ecer o contido da monumental resma doutras 50.000 p¨¢xinas, vemos todos os x¨¦neros e subx¨¦neros da aqu¨ª chamada "novela negra". O xeito de falar ¨¦ definitorio. Ese uso sincopado dos xuramentos, onde a expresi¨®n "joder!" ¨¦ un permanente comod¨ªn. Ou o alcume Fillo de Puta, tan repetido que, asociado a todos os nomes, amigos e inimigos, acada a condici¨®n dun apelido composto. Ese estilo de hampa se?orita tam¨¦n se reflicte nos caprichos: o reloxo de ouro rosa de 25.000 euros, o deportivo Infiniti de cor e tapizar¨ªa negra, o pago en carne... Todo moi acorde con xente que ten por heroe ao padri?o Don Vito. A¨ªnda que Don Vito, ao lado desta caspa, parece o poeta Leopardi.
O caso ¨¦ que a min o que m¨¢is me amolou de toda a informaci¨®n foi a noticia das gargalladas de Pablo Crespo. O que sabemos deste home ¨¦ que saltou ¨¢ pol¨ªtica dende un posto de director de sucursal bancaria en Vilagarcia na data "fronteiriza" dos anos 90, ¨¦ dicir, cando hab¨ªa xente que atopaba petr¨®leo nos pozos de auga. Este home pasa a ser secretario de organizaci¨®n e n¨²mero tres no Partido Popular de Galicia. Por suposto, foi deputado, a¨ªnda que non sabemos de ningunha iniciativa. Ti?a misi¨®ns m¨¢is importantes que cumprir.
Disque foi Xes¨²s Palmou quen, en 1999, tivo o valor de detectar un dos focos do cheirume ambiental na sede do partido. E debe de ser certo porque nunha das conversas intervidas recentemente, o elocuente Crespo dille ¨¢ muller: "A Palmou alg¨²n d¨ªa ya me lo encontrar¨¦ en la calle y se va a cagar".
A Palmou t¨ª?ao atravesado, pero parece que con outros lev¨¢base mellor, porque este home principal no caso G¨¹rtel seguiu a ser durante anos conselleiro do organismo de Portos de Galicia, que presid¨ªa Carlos Negreira. Segundo Negreira, que vai para alcalde da Coru?a, non houbo nada estra?o nesa relaci¨®n. Eu non te?o por que dubidalo, pero a ver se foi Crespo, que ¨¦ de ciencias, o que marchou co ele. O que si conta o sumario ¨¦ que o d¨ªa despois das elecci¨®ns galegas, Pablo Crespo e un dos seus avogados, Jos¨¦ Antonio L¨®pez, co?ecido por Pepechu, botaron a rir ao co?ecer o resultado electoral.
Non me estra?a nada. Unha copia das gargalladas deber¨ªa figurar no Arquivo Sonoro de Galicia. A¨ªnda m¨¢is. Deber¨ªan po?er o riso de Crespo de sinton¨ªa todas as ma?¨¢s.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.